
As sucesivas e concatenadas meteduras de gamba do diplomático que fala seguindo as traduccións que lle fai algún robot idiotizado producirían, en calquera país que se precie minimamente, a inmediata saída do goberno de tan insigne cultivador da irrealidade, que acaba de mellorar a conversión toponímica que fixeron os franquistas dos casos de Niñodaguia e de Sanxenxo, e a representación “teatral” de Beatriz Mato e de Xavier Guerra na praza do Obradoiro non podería superala nin Xan das Bolas.
Hai que ver en que mans anda a nosa res publica. Seguramente xa nos falta só que o presidente designe a Chinny para convencer a Obama de que faga o Camiño de Santiago. Porque o asunto das Caixas xa vemos como se lle está poñendo. De seguir asi, nin o Papa nos vai coller confesados.
3 comentarios:
Este non é un goberno de PNNs, como se dicía, no seu día, do de Adolfo Suárez. Este é un goberno de conachos. A Conachería Campante.
Ou de caralloscampantes.
Interésame moito a opinión do vaticanista afeccionado que temos na páxina
Publicar un comentario