viernes, enero 07, 2011

Fale vostede a lingua do imperio

No tocante a idiomas hai en Europa situacións que aínda son piores ca nosa. Miren o que acaba de acontecer na Bretaña francesa. Ana Sohier, unha moza concelleira de Rennes, mandoulle o 18 de decembro ao Pôle emploi (estrabrecemento público encargado do emprego) da súa cidade un cheque co que pretendeu abonar unha débeda contra a súa conta aberta no Crédit Mutuel de Bretagne. Esta entidade bancaria funciona dende 1982 con talóns bilingües, francés-breton, e Ana Sohier utilizou neste caso o didioma bretón para cumprimentar o seu medio de pago, iso si, expresando tamén en númeración arábica a cantidade a abonar, 252,90 euros.
A súa sorpersa maiúscula foi que, poucos días despois, Pôle emploi devolveulle o medio de pago cunha nota manuscrita e o selo do estrabrecemento público dicíndolle o seguinte: “Veuillez libeller votre chèque en français s’il vous plait” (Vexa de extender o cheque en francés, por favor). A indignación da interesada non tardou en manifestarse considerando “totalmente inadmisíbel” o que lle pasaba, e o caso xa está sendo obxecto de protesta na Bretaña. Non é para menos. Felizmente aquí imos algo máis adiantados nestas cuestións. Ou non?

5 comentarios:

Anónimo dijo...

A todo se chega, e polo pronto o calendario de NovaCaixaGalicia está en cuatrilingue, pero o que manda é o español. Debe ser para aforrar

Almiral Mouchez dijo...

Dicía eu antes que ben se ve que xa case non nos quedan, meus amigos, Bretañas Posibles...
(Pero non se gravou o comentario, non sei qué fixen mal.)

Perfecto Conde dijo...

A dirección de Pôle emploi en Bretaña presentou excusas por devolver o cheque en cuestión. "Foi un erro refusalo, pero cometido de toda a boa fe. Este caso é rarísimo", dixo.

Anónimo dijo...

Aquí aínda se utiliza a vella fórmula: "hable y scriba en cristiano".


Apertas.

Luisfoz dijo...

Ainda bom que se desculparam!