Con pouco máis que se esforcen os directivos de El País, terá que empezar a andar con cuidado Pedro J. Ramírez se quere que El Mundo siga sendo o gran xornal da dereita española. O editorial de hoxe e o artigo asinado por Juan Luís Cebrián contra ao presidente Rodríguez Zapatero, se estivésemos en Francia, aparecerían en Le Figaro e probablemente nunca en Le Monde nin en Liberation. Pero España é outro país, ou polo menos outro Estado.
Aínda estando conforme cunha boa parte das análisis que fan o editorialista e o articulista de El País, a min non me parecen de recibo nin a data que elixiron para publicar –precisamente no 18 de xullo–nin algunha das inxustas inconsideracións que cometen con Zapatero. Xa se sabe que por estes lares apagar os habanos no tronco dalgunha arbore caída sempre queda ben visto como deporte nacional.
5 comentarios:
Benquerido Muruais:
Quizais ten vostede razón en certa medida. Pero digo eu que para unha vez que El País critica a un goberno socialista, non pode vostede colocalo na dereita.
Boa proba delo é que vostede mesmo concorda cos seus argumentos.
Non será que teñen razón os do 15M e é certo que os políticos non nos representan. Porque eu non creo que a victoria anunciada do PP vaia a ser a solución dos nosos males (tampouco creo que o que di Cebrián teña moito que ver ca política de dereitas).
Coido, eso sí que temos ante nos unha fonda crise non só económica, senon tamén política. Non sei por onde vai a estoupar a cousa, pero por algún lado ten que facelo.
... E o líder da organización empresarial dicíndolle os parados que fagan algo máis que apuntarse ó paro. Manda collóns. Que han de facer? Tirarse ó mar?

Querido Perfecto,se o dixeran solo o ano pasado podía valer.Hoxe e puro resentimento.Nada novo ademais, acorda aquilo de ".. a moro muerto gran lanzada.." xa pasaron anos dende os moros,esperabase algo mellor de Cebrian.Moito vamos a retroceder os proximos meses.Un saudo dun amigo de Ferrol
A súa última frase é boísima. E as demais tamén, que carai!
Don Perfeuto, o seu blog segue a ser unha referencia imprescinble neste vello reino noso.
(Un reino, por certo, sempre á deriva...)
Almiral Mouchez
Publicar un comentario