Non vou ser eu quen caia na trampa de saber se Rubalcaba ou Rajoy gañaron, perderon ou empataron o torneo político da noite do luns pasado. Isto non me impide, porén, decatarme de que o único que me gustou algo, mesmo diría que moito algunha vez, é o candidato do PSOE. Polo menos demostrou que sabe falar sen ter que estar lendo palabra por palabra. Rubalcaba é un espléndido dialéctico e isto xa é moi de agradecer en quen pretende gobernar un país libre.
Non fai falta que me digan que vou contra a corrente estupidamente imparábel dos que opinan que Mariano Rajoy é o salvador das nosas abondantes e agobiantes penas actuais. España enteira está sendo percorrida por un vendaval neoliberal de dereitismo abafante que seguramente acabará levándonos a unha Italia de Berlusconi ou a un Portugal de Cavaco Silva sen máis conforto cas migallas que lles vaian caíndo da mesa ao capitalismo salvaxe e á especulación financeira internacional.
Por iso a min me pareceu moi ben que Rubalcaba lle apretara os parafusos a un Rajoy nada interesado en mostrar as cartas do seu póker de tahur do Lérez. Outra cousa é que cada vez sexan máis o que non queren decatarse de que o candidato do PP preséntase, efectivamente, cun programa oculto que vai tardar pouco en desvelar cando ocupe a Moncloa, se chega a ela. Xa podemos irmonos preparando xubilatas, parados, usuarios e facedores da Educación e da Sanidade, por exemplo.
Pola contra, o candidato socialista avanzou algunhas propostas concretas de goberno que seguramente lle virían ben á España actual, mortificada pola crise. En calquera caso e aínda que me parece impresentábel que o supostamente corrupto e supostamente corruptor Xosé Blanco siga sen presentar a súa dimisión, a min Rubalcaba pareceume o único candidato digno de ser votado dos dous que tiveron a oportunidade de expresárense ante tantos millóns de televidentes. Outra cousa é o que anden dicindo agora xornais e comentaristas de España e media, que nunca foron tan de dereitas nin tan apocalípticamente sectarios como están sendo agora. Nen sequera no derredeiro franquismo.
7 comentarios:
Lamentablemente o debate reflicte unha pobrísima sensibilidade dos políticos coa democracia. Comeza a resultar moi dudosa a capacidade deste sistema político co que se nos enche a boca pero cuxos principios arrinconan os nosos nada máis aterrar nas tribunas. O grao de impostura e postureo deste debate engades máis madeira ao lume do cinismo que manifesta claramente a cidadanía e hai que sospeitar e moito das capacidades do noso modelo político. Cando o cidadán vai por un lado e seus políticos transitan a unha distancia astronómica dos seus intereses non hai IVA nin financiación, nin rebaixa fiscal que arranxe o panorama. Rubalcaba saliu eso si, con moit máis dignidade ao "terreo de xogo" vamos, que ata podemos crelo. Rajoy non se arriescou en ningún momento. Velaquí o perigo, considerar as propias conviccións como un risco, ¿que mellor proba de que no ten conviccións ou que, aínda, que son tan perversas que non se atreve a mencionarlas para non arriscar nin unha papeleta?
Prezado señor Conde Muruais:
Recén chego da Lisboa e teño que lle preguntar se ten escoitado algo verbo da primeira tentativa de coupe d'etat na Unión Europea (os coroneis gregos doutra volta). Alí, mesmo na prensa, en primeira, estaban a comentar a destitución de membros da cúpula militar que acometeu o Papandreu na derradeira semana de outubro trala reprimenda da parella Sarkel-Merkozy.
Inda que estiven a buscar na prensa española non fun quen de atopar mención: xa me contará (na Franza a nova era a recén nada filla do petit grand home).
Saúde.
Rubalcaba ten moi pouca credibilidade: as accións do seu goberno falan moito máis alto e claro que toda a súa palabrería de opositor sabichón.
Rajoy saiu a non cagala, ergo a non revelar os seus verdadeiros plans.
Ningún destes dous peixes ilusiona ou convence. Non falaron para nada de atallar a corrupción política e económica. Tampouco dixeron nada interesante sobre reformar o sistema electoral.
Nada que non vaia a ningures.
E de Galicia, por suposto, rien de rien.
reis comenta: 08 Nov 2011 a las 15:21 Foi um debate muito interessante. Os espnahois tiraram uma conclusão , vai ganhar Rajoy, en nome de Deus.
“yo he llevado la luz a los pueblos”
Quem pode ir comtra os designios do eleito por Deus.
” yo con veintiocho años era presidente de la Diputación y he llevado la luz a los pueblos”
Para min Rubalcava deulle un baño a Rajoy, pero non debín de ver o mesmo debate que comentaristas patrios (agás os de El Correo Gallego, que curioso). De tódolos xeitoso o da vitoria paréceme un falso tema cando o partido se xoga coas cartas marcadas, cando a enquisa do CIS fala de 16/17 puntos de vantaxe do PP e70! deputados. E cos 5 millóns de parados que hai hoxe. Iso é como xogar o partido de volta despois de perder 15-0. E isto non é o España Malta. O escenario electoral para Rajoy é perfecto, nin ten que suar. Hai outra carta marcada, que é a dos medios de comunicación. Se ata El País apostou por Rajoy (hai unhas semanas Cebrián xa lle deu a súa bendición) poi concordo con vostede sobre a brutal dereitización periodística. Acabará sendo España como Galicia, con tódolos seus medios relevantes do PP? A ver que contan logo das manifestacións, folgas, recortes aínda maiores. Vai ser interesante...
Ramiro
palabrería de opositor sabichón.....
Publicar un comentario