Hoxe madrugou cedo a madrugada, coma canda Ramón Sijé. Un manotazo duro, un golpe xeado, un machetazo invisíbel e homicida, un empuxón brutal derrubouno. Compañero del alma, compañero, como lle chamaría Miguel Hernández (obrigado e chapeau ao amigo que destapou o lapsus). Morreunos Isaac Díaz Pardo alimentando choivas, caracois e órganos da dor sen instrumento.
Agora si que ficamos definitivamente orfos. Fóisenos o máis grande dos históricos que nos quedaban. De Isaac dixen hai pouco que me parecía o noso Steve Jobs, e, agora que se foi co norteamericano poboar as paisaxes inmorrentes da memoria, engado que Díaz Pardo era o Roi Xordo que os da súa Fusquenlla botaron do castelo. Algún día hase saber quen foron os Xudas e cales as moedas que traizoaron o corazón e a saúde de quen foi para min o galego máis importante do século pasado.
Isaac Díaz Pardo nunca morrerá na nosa memoria.
6 comentarios:
Estamos máis orfos.
Don Perfecto, comparto a estima polo falecido e o sentimento que lle provoca o seu pasamento. Pero por favor cambie ese Antonio Machado por Miguel Hernández (xa sei que é un lapsus). Cámbieo e non publique este comentario.
Foi un home extraordinario!
(Tamén vostede o é.)
Se a calquera que non coñecese a Díaz Pardo lle ensinamos esta foto e lle pedísemos unha opinión sobre esta persoa seguramente nos daba un perfil de Isaac bastante axustado. Falando do seu pasamento comentábame un amigo o que diría Isaac se poidese dirixirse aos que foron ao seu enterro: "... Que facedes aquí? ... Esto xa se acabou." Seguramente ese era Isaac Díaz Pardo
Sentín moito o seu pasamento.
Ainda por cima morreu antes, meu pobre e querido velho. Os abutres foram ao museu do Povo dizerem caralhadas cínicas
Publicar un comentario