lunes, noviembre 05, 2012

Os da "onda secesionista"


El País, xornal decididamente máis próximo ao nacionalismo español de toda a a vida ca o independentismo catalán, anunciaba o domingo pasado que “escritores, abogados, políticos, cineastas e economistas han suscrito un manifiesto a favor del federalismo frente a la ola secesionista alimentada desde CiU y el Gobierno catalán que preside Artur Mas”.
Para empezar, a linguaxe utilizada polo periódico para presentar este manifesto (...la ola secesionista...) lembra demasiado a impetuosidade centralista doutros tempos, franquismo incluído, ao falaren destes temas. Pero o importante é o que proclaman os primeiros 301 asinantes, entre os que non só hai escritores, avogados, políticos, etc., senón moitos xornalistas da prensa centralista, actores e actrices da “cella” e mesmo un “asturiano residente en Sevilla”, sen que falte un predominio case absoluto dos funcionarios de Estado. Ata asinou a escritora norteamericana Barbara Probst Salomon. Iso si, só hai dúas asinaturas procedentes da declarada dereita política, a do escritor Mario Vargas Llosa e a do diplomático José María Ridao. Repasei a lista dos asinantes intrigado por saber se aparecerían nela os nomes de varios escritores galegos (Manuel Rivas ou Alfredo Conde, por exemplo), pero só atopei a Fernando González Laxe, ex presidente da Xunta, e a Ramón Máiz, catedrático de Ciencia Política da Universidade de Santiago.
E que manifestan todos estes “intelectuais e profesionais” que erguen a súa voz contra “a onda secesionista” de Cataluña? Fundamentalmente fan un chamamento “a favor de la izquierda y del federalismo para responder al creciente secesionismo estimulado por Convergencia i Uniò, desde el Gobierno de la Generalitat, así como por otras fuerzas políticas de afinidad nacionalista”, segundo interpreta El País (ver aquí a información).
O primeiro que salta á vista é que esta nova plataforma que se ergue contra a posibilidade de que o pobo catalán exerza o seu dereito de autodeterminación o único que pon enriba da mesa é a posición do PSOE sobre este problema, por moito quqe aparezan de compañeiros de viaxe Vargas Llosa ou Ridao.
Unha vez máis, o que se nota é que o socialismo centralizador español, o do PSOE, e o do Partido Popular viaxan no mesmo tren cando se trata de resolver os problemas  que presentan as nacionalidades históricas. A penas 24 horas máis tarde de que se dese a coñecer o manifesto dos 301, o ministro de Defensa español, Pedro Morenés, un gobernante que non se distingue precisamente por regalar entrevistas, deuse présa en sair no xornal El Mundo advertindo de que “las Fuerzas Armadas son conscientes de la gravedad del desafío independentista”. Xa estamos outra vez.
É curioso, pero o que parece entender doada e perfectamente o seleccionador de La Roja, Vicente del Bosque (“Están en su derecho, como catalanes, a defender su independencia. Es la libertad que tiene cada pueblo para defender su futuro”), non son quen de meter na cabeza os intelectuais orgánicos do PSOE nin os que os acompañan na súa teima anticatalanista. E non digamos nada dos que están empeñados en devolvernos a outra longa noite de pedra similar á do franquismo.
Será tan difícil comprender algo do que significa o dereito de autodeterminación, agora que ata a Wikipedia o explica bastante ben? Porque o dereito de libre determinación dos pobos é o que é, e non outra cousa: o dereito de decidir as súas formas de goberno, perseguir o desenvolvemento económico, social e cultural, e estruturarse libremente, sen inxerencias externas e de acordo co principio de igualdade. Esta libre determinación está recollida na Carta das Nacións Unidas, nos Pactos Internacionais de Dereitos Humanos e en varias resolucións da Asamblea Xeral da ONU. Por que os do PSOE e os do PP se empeñan en ler só a Contitución Española? Ou por que unha cabeza tan lúcida coma que ten José Carlos Bermejo só se pregunta se estamos falando de morrer por Cataluña ou de de forrarse con ela? Habería que empezar a sabelo.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

¿La Roja? Antes roja que partida.

detective crepuscular dijo...

Acabo de ler isto no Avui. Xa temos o segundo MANIFESTO. Este, polo visto, publicado polo Mundo, un diario que eu non lería nen aínda que mo regalaran. Quen dixo que os INTELECTUAIS eran unha fauna descomprometida e a piques de extinguirse? Mentira, os INTELECTUAIS están mais vivos que nunca, comprometidos até as cellas coa liberdade, dispostos a firmar aquí e acolá para que España non se descompoña por culpa do delirio secesionista de algúns cataláns. E tanto é así que, algúns que firmaron o primeiro MANIFESTO, tamén firmaron o segundo. Que é, pois, este segundo, unha versión correxida e aumentada do primeiro MANIFESTO? Abenzoados sexan os nosos INTELECTUAIS, que despertaron do letargo de pedra e viñeron ardorosos ao rescate da España de todos, da España única e eterna. Dous diarios e dous MANIFESTOS. Mañá, un terceiro diario e un terceito MANIFESTO. Viva o COMPROMISO DOS INTELECTUAIS, podemos berrar porfin. Na Galiza temos a PROCESIÓN DOS CALADIÑOS, e na España onde non se pon o sol temos a PROCESIÓN DOS MANIFESTOS. Deixo a noticia do Avui e un dos comentarios, para que se vexa que ante o Alberto Boadilla e compañía xa non sabe un se rir ou chorar da pena penita pena que dan.


Sorgeix un segon manifest que defensa la Constitució com a garant de la democràcia

Després del manifest dels 300, el diari El Mundo ha publicat un manifest titulat Amb Catalunya, amb Espanya, on una quarantena de professionals defensen la resolució del “malestar” català dins els límits establerts per la Constitució.

El manifest d'“intel·lectuals i societat civil” és divideix en cinc punts. El primer defensa la Constitució com a marc de debat i la reivindica com a garant de la democràcia des de la Transició espanyola.

El segon punt presenta Espanya com un poble que té la pretensió de restar unit en defensa de la llibertat i igualtat.

El tercer punt considera que la societat catalana s'ha fet estimar per la resta d'espanyols, i vol impedir que un “mur d'incomprensió i greuges inventats” separin les societats catalanes i espanyola.

Finalment els punts quatre i cinc criden l'atenció al fet que actituds irresponsables podrien fracturar la societat, i que tot intent d'endegar un procés, s'ha de fer amb escrupolós respecte a la llei. I que no estan disposats a assistir al fracàs de l'ordre democràtic. Finalment apel·len a la “cordura”, responsabilitat i prudència per fer front al “repte” que alguns plantegen a la societat espanyola.

Els firmants són, entre d'altres, Albert Boadella, Francesc de Carreres, Félix de Azúa, Arcadi Espada, Mario Vargas Llosa i Fernando Savater.


Comentaris
Eudald de Brugada
Els demócratas de toda la vida ja sabem com ho veuen. Encara que el 90% de Catalunya es volgués lliure, ells ens negarien el dret de marxar. Sols "ells" saben què volem i ens convé. La solució ja la sabem. Ja la han practicat al llarg de 300 anys manta vegades. S'envaeix, s'obliga, s'assassina qui no es deixa, s'espanyolitza a còpia de formación del espíritu nacional (español por supuesto) i es "retorna" Catalunya a la "democrácia española". Llavors els magnífics signants catalans del manifiesto poden "sacrificar-se" a fer de dirigents. Alberto Boadilla pot fer de governador civil, Francisco de Carreras el poden nomenar Marquès dels Ciutadans, i l'Arcadio Espada pot fer de governador militar amb l'espasa desenvainada. Quasi ploro de veure tan
Dilluns 05 novembre 2012, 14:46

detective crepuscular dijo...

Escrebe hoxe Fernando Savater sobre Sartre e aqueles anos existenciais ou existencialistas, e di nun momento: "Pero sobre todo representó como nadie una época que concedía a los INTELECTUALES una relevancia política y social -yo diría que una especie de magistratura moral- que después nunca recuperaron, aunque hoy se multipliquen los congresos y los seminarios internacionales, bien surtidos de canapés." Citou congresos e seminarios, e esqueceuse dos MANIFESTOS. E por outra banda, como "que después nunca recuperaron"? Se Artur Mas, e por extensión Catalunya, son un PERIGO PARA A DEMOCRACIA, como susteñen os do PP, entón é que o papel dos INTELECTUAIS como Savater firmando MANIFESTOS dos que supoñen un perigo para a liberdade e a democracia segue aí, a pé de trincheira, e nunca chegou a desaparecer. Como Sabina, que cedeu a sua letra do hino de España para a campaña de Ciutadans. Velaí a militancia activa, COMPROMETIDA, dos nosos músicos e INTELECTUAIS, para que logo digan que esas cousas xa pasaran a mellor vida. Diso nada, que ái está a o valor, a coraxe, a lucidez, os MANIFESTOS desta xente contra os que queren destruir a democracia. Tan lonxe desas antiguallas como Paco Ibáñez, que ven de declarar: "L´INDEPENDENTISME ÉS EL DESIG DELS QUE ESTAN FARTS DE SER HUMILIATS". Que letra e que música tan fora do tempo dos AUTÉNTICOS INTELECTUAIS.

Anónimo dijo...

Savater intelectual? Sabina músico? Qué perdidos estamos...

d. c. dijo...

Dixen "Se Artur Mas, e por extensión Catalunya, son un perigo para a democracia...", e debo rectificar, para que non se me entenda mal e para manter o ton da mensaxe. Nen eu son de Mas, nen Mas é Catalunya. Debín dicer: "Se Artur Mas e, por suposto, toda esa horda que dun xeito irresponsábel e totalitario (iso que non falte) se botou á rua o 11 de setembro, son un perigo para a democracia..."

Luisfoz dijo...

Vejo-o com muito retardo mas não posso deixar de dizer: excelente, ótimo!!