viernes, noviembre 02, 2012

Ryanair dá a nota por enésima vez

Seguno publica hoxe La Voz de Galicia, a compañía aérea Ryanair volveu dar a nota nun recente vóo de Valencia a Santiago de Compostela. Unha pasaxeira que portaba, ademais da súa maleta de man, un libro e un pergamino, foi conminada a pagar 50 euros por exceso de equipaxe e, como non lle funcionou a tarxeta de crédito coa que se mostrou disposta a abonar o que lle pedían, foi expulsada do avión por dous gardas civís.
Un video gravado por outro pasaxeiro, que se pode ver na columna da dereita, recolle as rechamantes esceas deste suceso, que foi recriminado con voces de protesta por parte dun reducido grupo de pasaxeiros. Ryanair, compañía de baixo custo ultimamente moi denostada, parece realmente empeñada en que se fale dela aínda que sexa mal. Ninguén sabe nin desexa tratar pior aos seus clientes ca esta empresa de transporte aéreo.

8 comentarios:

Maria dijo...

Pandilla de sinvergonzas, nin que non houbera outras solucións maias humanas e elegantes de actuar.
Saúdos.

supratelio dijo...

E como sempre A Garda do Capital, perdón a Garda Civil, ao servicio dos delincuentes. Que non veñan co iso de obediencia debida, xa estou ata os mesmos coll...... da mesma leria. Obediencia debida matou a García Lorca e eses son todos de esa "Marca España" casposa que nos goberna.

ms dijo...

Home, todo isto é consecuencia desta tendencia tan actual de "abrir oportunidades de negocio" debaixo das pedras, que disque é algo bo para o sistema capitalista.

É simplemente chegar a un aeroporto e xa ha que pagar por todo. Non podes deixar o coche na entrada moito máis dun minuto porque chaman a grúa. En certo aeroporto, podes facelo nunha área especial, pero has de pagar por telo alí. A outra opción é metelo no párquing, e tamén cobran. Se tomas unha cocacola dunha máquina dentro da terminal, cóbranche tres veces máis que fóra. O mesmo se tomas un café. Os taxis ao aeroporto tamén son máis caros, etc, etc.

Por outra banda, e sen querer defender a Rynainair, que sería de moitos de nós sen esta compañia aérea? Hai alternativas (a un prezo aceptable)?

Tamén oín nalgures que as noticias sobre Rynaiair están sendo amplificadas nos "media" por compañias aéreas españolas en connivencia co goberno, como estratexia de desprestixio deste tipo de competidores foráneos de baixo custo.

Anónimo dijo...

O aldraxante caso desta muller non é un invento da competencia.

ms dijo...

Este caso É aldraxante, e eu mesmo pasei por algo similar con esta compañía.

O que digo é que: (1) Ryanair non pode ofrecer duros a catro pesetas: segruramente a única parte do negocio que lle dá beneficios é a que consiste en venderche "extras" (como obrigarche a pagar por facturar equipaxe de máis, venderche asentos preferentes, etc); (2)Que hai detrás unha estratexia comercial (e mesmo de estado) contra esta compañía é algo clarísimo. O mesmo que cando "misteriosamente" lle zoupan a Mercadona.

Anónimo dijo...

De acordo coas críticas a Raynar, mais a nova está incompleta: ¿Cal foi o motivo polo que a tarxeta da pasaxeira non funcionou?. ¿Cal foi o seu "incorrecto comportamento"? É probable que coñecidos eses datos Raynar seguiría sendo unha compañía túzara ou aínda pior, pero, non estaría de máis coñecer eses datos. Iso é, penso eu, o que faría un verdadeiro xornalista

Anónimo dijo...

¿Trata a sus clientes como Luis Herrero Tejedor a sus contertulios.....?

ms dijo...

Miren, sr Detective e demais contertulios: estou a favor (cómo non) do dereito de autodeterminación dos territorios, pero teño as miñas dúbidas das verdadeiras intencións dos señores Mas (o policía "bo") e Durán (o poli "malo").

A miña opinión é que esta xente realmente NON quere a independencia. A súa estratexia é a de pedir un brazo pra que lles dean un dedo, ou sexa:

- ter un cupo coma o vasco, é dicir seguir estando en España para o bo (ter un exército, continuar co superavit comercial con España, seguir no Euro...) e fóra de España para o bo tamén (o chamado expolio fiscal)

- obeter a maioría asboluta, que agora non teñen, pra seguir mangoneando, como o fixeron nos tempos de Pujol, na política-economía-cultura catalana vía imposto revolucionario do tres por cento, amiguetes, etc.

- seguir recortando, xa sen ataduras, todo o que sexan servizos sociais, educación pública, sanidade pública, etc.