En xullo de 2011, Greenpeace puxo en marcha unha gran campaña internacional pola que deu a coñecer o vencellamento da industria textil coa contaminación da auga en China, mediante monifenoles, aminas carcinóxenas e ftatos. Un programa denominado Detox Fhsion Sow ao que non tardaron case nada en adherirse marcas como Nike, Adidas, Puma, H&M, C&A, Li-Ning e Mark & Spencer, por exemplo.
Moi recentemente, Greenpeace movilizou ata 300.000 firmas para pedirlle a Inditex que fixese o mesmo, e o poderoso grupo de Amancio Ortega, cuarto home máis rico do mundo, respondeu só unha semana despois adheríndose a un acordo polo que se compromete “a eliminar o uso e vertido de todas as substancias químicas perigosas en toda a súa cadea de submimnistro e de todos os seus produtos antes do 2020, e a ofrecer información sobre os vertidos de todos os seus proveedores, empezando con 100 deles no 2013”. Segundo Sara del Río, de Greenpeace España, “desta forma tan contundente respondeu Inditex á demanda de máis e 300.000 persoas que se uniron a unha petición mundial á empresa a través de Greenpeace”.
En principio, non está mal o resultado para empezar. Pero a que ven tanto triunfalismo en presentar a resposta de Inditex por parte de Greenpeace? Di a organización ecoloxista que se trata dunha resposta moi rápida. Onde está a rapidez? En que se compromete a actuar de aquí ao ano 2020, é dicir ata dentro de oito anos? En que só 100 dos milleiros de proveedores que ten a multinacional sexan informados en materia de vertidos o ano que ven? Á empresa de Amancio Ortega puxéronlle doado –e moi barato– levar a cabo unha moi rentábel operación de márketing.
E da outra contaminación, a ocupación menores de idade como traballadores explotados sen horario e con salarios de miseria en moitos obradoiros que fabrican na India, por exemplo, para Inditex? Non ten nada que dicir Greenpeace sobre isto? Se cadra os ecoloxistas non ven a Televisión Francesa? Sobre este particular haberá que volver un destes días.
4 comentarios:
Don Perfecto, gostamos moito deste post e do chiste de López, pero xa os sabemos de memoria.
Publicar un comentario