Juan Miguel Torres Andrés |
Cóntao hoxe El Mundo. O presidente da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, Juan Miguel Torres Andrés, tivo un altercado cos antidisturbios da Policía Nacional porque non lle deixaron cruzar a rúa Génova de Madrid pra ir á súa casa. Di o xornal de Pdro J. que o maxistrado lles dixo: “Denfendéis a estes do PP”.
Pois vaia novidade. A quen defenden sempre os corpos e forzas de seguridade do Estado? Aos que mandan. E quen manda agora mesmo? O PP. O raro é que a Policía rematase difundindo unha nota na que dá conta á súa maneira do altercado, porque non todo transcurriu como conta a Policía, segundo explica o xuíz aludido. O de sempre, pero esta vez o perxudicado é todo un maxistrado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario