miércoles, abril 01, 2009

A Pilar Rojo esvaroulle a lingua

Os discípulos de Sidmund Freud, se é que aínda lle queda algún en Galicia, a estas alturas estarán todos estudiando o caso de Pilar Rojo, flamante presidenta do Parlamento de Galicia que anunciou hoxe, no acto de constitución da nova lexislatura, que se ía escoitar o”Himno Nacional” cando en realidade era o “Himno Galego” o que tiña que soar.
A Pilar Rojo esvaroulle a lingua. Cometeu un lapsus linguae dos que pasan á historia. Non foi o cálamo o que lle esvarou na casca de banana da súa inauguración parlamentar. Foi a lingua, e tamén quizais algo a memoria. Freud e os psicoanalistas en xeral acostuman explicar estas cousas como un afloramento do reprimido, producido case sempre en situacións de estrés, ansiedade, angustia ou falta de atención. É algo que ocorre cando se relaxan as represións conscientes. Estaba estresada, ansiosa ou angustiada a nova presidenta do Parlamento? Ou será que non lle prestou abonda atención ao que estaba facendo?

3 comentarios:

Antón Dobao dijo...

Non, eu creo que en realidade ela pensaba no Himno Nacional, ou sexa, no Galego. Será a chamada a lle abrir as portas ao novo Estatuto? Estes do PP aínda van adiantar pola esquerda aos ex bipartito. O cal, por outra parte, tampouco é demasiado difícil, non?

Un saúdo. E felicidades polo interesantísimo blog.

Anónimo dijo...

Pois contáronme que non só foi iso. Tamén falou de "nazón". Será que os "birretes" se volveron "boinas"? Que anden con ollo os do Bloque, que lles poden comer o pescado.

Luisfoz dijo...

Com efeito também largou Nazón. O mais engraçado é que nas suas palavras textuais antes de "hino nacional" introduziu o possessivo "nosso". Resulta-me estranho que este pormenor seja pouco comentado nos diferentes foros.