
Hessel lembra os obxectivos para o desenvolvemento que se procalamaron na Conferencia Mundial das Nacións Unidas do ano 2000, coa proposta de reducir á metade o número de pobres en 15 anos. Para a mesma data debería emprenderse unha nova negociación que rematase o vello conflito de trinta anos que afecta ao Próximo Oriente, e tería que haber un máis equitativo reparto de todos os bens común esenciais, que son a auga, o ar, a terra e a luz. Lonxe de cumprírense eses obxectivos, rematamos a primeira década do século XXI cun absoluto fracaso. Como apunta Hessel, con máis ricos muy ricos e con máis pobres muy pobres ca nunca.
Abondan, polo tanto, os motivos de indignación. En primiro lugar, como sinala o prestixioso intelectual francés, un dos mellores embaixadores que tivo Francia en todos os tempos, pola complicidade entre os poderes políticos e os poderes económicos e financeiros, demasiado ben organizados a nivel mundial para satisfacer a codicia e a avideza dalgúns dos seus dirixentes, divididos e incapaces de entendérense para dominar a economía en beneficio dos pobos. “Mesmo cando teñen á súa disposición a primeira organización verdadeiramente mundial da historia, esas Nacións Unidas ás que poderían ser confiadas de común acordo a autoridade e as forzas necesarias para porlle remedio ao que vai mal”, salienta Stéphane Hessel.
Polo menos aínda nos queda unha conquista democrática esencial, segundo Hessel, resultado de dous séculos de loita cidadá: “A que nos permite reivindicar o dereito de escoller para que nos dirixan mulleres e homes que teñan unha visión clara e entusiástica do que se pode e se debe conseguir na segunda década que se abre mañá... Que tomen respiro sobre autores animosos que se expresaron estes últimos meses, sobre Susan George e o seu bonito libro Leurs crises, nos solutions, sobre Edgar Morin e o seu último tomo de L’Ethique, sobre Claude Alphandéry e as súas propostas para unha economía social e solidaria. Con eles, sabemos o que é posíbel conseguir”.
Con estes ánimos de Stéphane Hessel, eu tamén ergo a copa polos cidadán e cidadás que saben resistir. Faranos falta facelo no 2011.