Agora resulta que non é só Pachi Vázquez. Outro Vázquez, neste caso Francisco Vázquez Vizoso, responsábel da agrupación médica da CIG, acaba de manifestar que o documento do Sergas que intenta regular as xornadas dos hospitais é talmente confuso e que cada centro médico interprétao ao seu xeito. Hai hospitais nos que, se o doente sae dunha destas consultas dado de alta pola tarde, o seu médico cobra máis. En vez dos 20 euros que cobraría por unha consulta ordinaria fóra do horario habitual, 35 euros se no resultado final vai comprendida a alta médica do doente.
Sanidade dixo que non é obrigatoiro que se produza a alta médica, pero agora o respresentante médico da CIG tamén pon en dúbida a medida aplicada polo goberno de Núñez Feijóo. “A falta de claridade do documento e o seu carácter cladestino está provocando unha gran variabilidade na súa aplicación práctica”, sostén o responsábel médico do sindicato nacionalista.
O problema vai ser cando xa consigan darlle a alta a todo quisque. Canto e por que van cobrar os médicos daquela? Dá a impresión de que Feijóo e a súa conselleira Pilar Farjas van camiño de conseguir o mundo feliz dunha Galicia sen doentes. O que será igual tamén a unha Galicia sen médicos. Ata poderemos volver a fumar e todo.
4 comentarios:
Cando o dixo Pachi Vázquez a min parecía tan grave que me costou crelo, pero o mesmo tempo sendo el médico, tamén me parecía increíbel que o puidese dicir, se non era verdade; aínda que vendo a cara que puña de ofendido "o gasosas" quedei sen saber que pensar, e pensei "un mal entendido, non pasa nada".
Menten tanto e fano tan ben que fixeron da mentira o seu modo de vida.
Bicos
Home claro, e logo non ve que agora todo se amaña con anuncios, como pasou co tabaco? "fai un uso responsable da sanidade". Con ese lema aproveitan para pagar favores a xornalistas e medios "amigos" e para deixar no ambiente a mensaxe "non vaias ao médico a non ser que esteas a morrer, galeguiñ@". Sería peor que fixeran anuncios do que de verdade queren: "vente á sanidade privada cantas veces queiras, que a pública estámola a desmantelar".
¿Pero que podemos agardar dunha tía que pertece ao Opus Dei?. Está nese posto para privatizar ata o ar que se poida respirar ao carón dos hospitais. Menuda "pájara" está feita esta sacauntos da "Fajas". Xa as pagaran eses que a votaron, o padeceran nas súas carnes en calquera hospital.Fódanse.
Estamos nunha insana burocracia sanitaria onde ata o feito de reclamar se converteu nun "producto" de consumo habitual, cotián e perdeu o sentido de extraordinario que debera ter, suponse. Como "crónico", así é como me define o meu "medico de atención primaria" (demasiado primaria para o meu gusto, acudín ao servizo de traumatoloxía do do HULA e atenderonme moi amablemente, pedíronme unhas probas para as que me deron cita para marzo do 2012, indicándome ao mesmo tempo (ó mellor antes de darme cita) que podía ir a ATENCIÓN AO PACIENTE para reclamar, había unha cola do demo, todos reclaman. Ao tempo o servizo de Inspección Sanitaria ¿¿¿??? "obrigou" ao meu médico de atención primaria a darme de alta, eso si, sin previamente saber como me atopo de saúde, eso é o de menos para esta sanidade que nos caeu enriba. Quén sabe, ao mellor o inspector tamé cobrou os incentivos por dal altas. En fin, haberá que ir á privada,... eles gañan. (non me refiro ao que gañan os médigos senón que gañoume o Sergas 1 - José Manuel 0 a esquerda)....
Publicar un comentario