lunes, diciembre 27, 2010

Luis Mariñas


Morrer é inevitábel, pero canta dor nos pode traer a morte cando nos leva un ser querido. Acabo de enterarme do pasamento de Luís Mariñas, 63 anos, e sinto como se me encolle o corazón diante da perda dunha persoa tan querida.
Nalgún tempo Luís e maís eu fomos case inseparábeis. Sabiamos de memoria as pedras da vella Compostela e procurabamos non tropezar nelas máis ca cando era absolutamente inevitábel. Nunca esquecerei aquela etapa na que Marías Teresa Navaza, Xosé María Palmeiro e eu mesmo traballamos ilusionadamente con Luís Mariñas na difícil e comprometida posta en marcha dunha pretelevisión galega (véxasenos na fotografía cando faciamos Panorama de Galicia dende un piso da compostelá rúa do Vilar).
Mariñas era unha das mellores persoas que pasaron non só pola miña vida profesional senón tamén pola privada. Era un amigo insobornábel, un compañeiro, un auténtico camarada no sentido vital do substantivo. Coido que, coma tantos outros, a vida non lle deu todo o bo que merecía e, dende logo, el deulle aos outros máis do que lle deron a el os demais porque Luís era, entre outras cousas admirábeis, un dos bós e xenerosos. Botarémolo moito de menos.

8 comentarios:

Almiral Mouchez dijo...

Eu non o coñecía personalmente, pero o seu labor profesional, e o testemuño particular de vostede, autorízanme a dicir, creo, que esta é unha inmensa perda.

Almiral Mouchez

Almiral Mouchez dijo...

E que fermoso, por certo, se me permite dicilo, o texto que vostede lle dedica, Don Perfeuto.

Manuel Lara dijo...

Amigo Perfeuto:

Vaia para tí a miña máis agarimosa condolencia no pasamento do teu amigo.

Cordialmente.

Manuel Lara

Xosé A. Gaciño dijo...

Cando me enterei esta tarde da morte de Luis Mariñas, pensei de seguido en ti. Non tiña outra referencia á que dirixirme para expresar a miña solidariedade na dor por un vello amigo ao que vin por última vez hai unas anos na Estación de Santa Justa de Sevilla, cando el facía un programa en Canal Sur TV e quedamos en procurar vernos, sen que as súas ocupacións e as miñas fixeran posíbel un encontro que ningún dos dous pensaba que debía ser urxente, pero que agora a súa morte fai imposíbel.
Unha aperta, Perfecto, para compartir a pena.
Gaciño.

Anónimo dijo...

Boa xente o Luis. Bo e xeneroso. Pero un daqueles que non pudo evitar facer un moi doloroso viaxe desde a fama e a gloria hasta a o olvido e a soidade. Os que o traballamos con el e falábamos de cando en vez nestes últimos anos sabemos o que apreciaba os amigos. E o que os necesitaba. Podese decir que, fuxido o éxito quedou espido o individuo, unha fermosa figura.

José Manuel dijo...

Lembro aquel branco e negro que nos amosou panoramas de Galicia.
Fermosa foto, fermosas lembranzas e fermosas palabras na memoria de Don Luis Mariñas.
Finalmente vostede deume a clave para saber porque Don Luis non durou na "cresta da ola" do periodismo, estes novos medios de comunicación non están feitos para os bos e xenerosos. É unha grande pérdida.
Non son bos tempos para a comunicación, vaise un bo e xeneroso e desaparecen medios plurais que permitian respirar.

Anónimo dijo...

Associatedcontentnetwork.com Article directory free for publish your press release and articles !

Luisfoz dijo...

Eu também sentim a morte de Mariñas, lindo texto...e que novinho estavas.
Bom Ano