O prestixioso xornal británico The Guardian calificou a inauguración da Cidade da Cultura como “a última extravagancia arquitéctonica", obra do arquitecto ianqui Peter Eisenman. Sinala que onde Eisenman ve "algo que está destinado a aperecer como se brotase explendorosamente da terra, outros ven no complexo de seis edificios un monumento á vaidade da antiga rexión do dereitista Manuel Fraga, e un anacronismo nunha época de austeridade".
The Guardian cita unha frase publicada por Anxo Luxilde en La Vanguardia referíndose á Cidade da Cultura: "Naceu na España do exceso e abre durante o colapso económico como unha especie de monumento á burbulla da construcción".
4 comentarios:
Un dos posibeis usos sería o panteón do megalómano que o mandou construir, ao mellor a peregrinaxe aumentaba, en vez de ir cara a catedral e o Apóstolo iría cara o Gaiás. Que a dereita e a extrema dereita tamén deixan cartos e o noso presidente estaría encantado, despois das vacacións no Brasil, xa ten en que traballar no novo roteiro de peregriñaxe.
Este é un día de ledicia. Temos que aledarnos. Galicia ábrese á sima do infinito. Todo sexa por un "proxecto de país".
¡Unha grande chea patriótica!
Muito bom o de The Guardian; já o vira no Xornal.
gasto, despilfarro.....
Publicar un comentario