Agora que Muammar al-Gaddafi está caendo na súa definitiva desgraza, que conleva á morte a milleiros de persoas, quizais é necesario lembrar a connivencia extrema que toda Europa e tamén os Estados Unidos dos últimos tempos viñeron mantendo co réxime do defitinitivamente triste e dramático réxime do coronel –xeneral no escalafón militar– libio.
Cando Gadaffi levou a cabo a súa última –esperemos que tamén sexa a derradeira– xira trunfal europea, no ano 2007, o daquela presidente do Goberno español, Xosé María Aznar, o rei de España e todo tipo de autoridades públicas e dirixentes empresariais españois perderon o cú por perseonárense na famosa “haima”, coa que sempre se facía acompañar o ditador libio cando visitaba países estranxeiros. En Madrid foi instalada nos xardíns do palacio de El Pardo (residencia dos xefes de Estado cando están de visita oficial en España) e, en Sevilla, a súa célebre tenda bereber ocupou sesenta metros cadrados da Hacienda La Boticaria de Alcalá de Guadaira. Polos dous sitios desflaron todo tipo de autoridades e representantes empresariais españois.
Pouco antes, en París, o antroido gadaffiano foi semellante. Neste caso a “haima” instalouse nos xardíns do hotel Marugny, residencia oficial dos invitados de Estado, e por ela desfilaron Sarkozy, presidente da República, e outras autoridades francesas. Segundo parece, Gaddafi facíase acompañar pola súa “haima” nun acto reflexo das súas orixes bereberes (pertenece á tribo dos gaddafa e el mesmo naceu na cidde desértica de Sirte), pero tamén como unha reacción instintiva de facer que pasen polo seu aro todos os que queren negociar algo con el. Nestas visitas, Gaddafi acsotumaba mobilizar, ademais da “haima”, cinco avións, nove autobuses para o persoal, 20 berlinas, un camelo e abondantes ovellas que eran sacrificadas nos propios hoteis nos que se aloxaba.
Porén, o caso maís significativo aínda ocorreu na Roma do cavaliere Berlusconi na visita de Gaddafi a Italia, na que o Goberno anfitrión permitiu que se instalase a “haima” ocupando unha superficie pública do parque Doria Pamphilj do famoso Gianicolo. Durante varios días, “para satisfacer os caprichos narcisistas dun ditador”, como acaba de sinalar o xornal La Repubblica nun dos seus editoriais.
Agás nos Estados Unidos, onde Gaddafi non puido chantar a súa tenda no sitio que lle petase, a famosa e simbólica “haima” ocupou terreos públicos e privados como lle deu a gana ao ditador libio. Cando Gaddafi visitou a sede das Nacións Unidas en Nova York tamén quixo levantar a súa tenda, pero non lle deixaron. Mesmo tivo que desmontala logo de que o millonario Donald Trump lle deixara poñela nunha das súas fincas privadas.
En fin, que é de supoñer que a moitos gobernantes uropeos –e non só– estarán empezando a caerlles as caras de vergonza cando ven para que se empregan as armas que lle venderon a Gaddafi e os negocios que tanto se empeñaron en facer con el. Incluídos os galegos. Ou non se lembra ninguén das pasadas relacións da nosa industria conserveira, por exemplo, e doutras actividades co autor do Libro Verde?
5 comentarios:
Non debemos esquecer o apoio explícito do sandinista Daniel Ortega, de Hugo Chávez e de Fidel Castro que ven de recibir Gadafi nestes días. E quero decir nestes días, non hai un ano.
Con respecto ao norte de África, a verdade é que Europa actúa máis hipócritamente que os USA. E de peor maneira. Non é que Obama sexa o Che Guevara, por suposto, pero el ou os seus asesores parecen entender desde un principio que o cambio era moi serio, e que enroscarse nunha posición de apoio aos diversos dictadores sería contraproducente para eles. Xa digo, non se trata de que saúden os americanos as posibles democracias que veñan (está por ver, a ver como evolucionan estes países), senón que parecen reaccionar con intelixencia política. (con Bush non sería posible).
Pero Europa, ¡ai Europa!, está quedando en evidencia, dá noxo.
Pues eso,Sr. Conde,a eso es a lo que yo me refería,la connivencia de los gobernantes de los países occidentales con este energúmeno,ahora este ha sacado los pies del tiesto,pero no tengo yo tan claro que se avergüencen de su proceder,seguro que esto se repetirá las veces que haga falta y donde sea necesario.Y,a mí,me da vergüenza y acepto mi cuota de responsabilidad por formar parte de este espectáculo político tan bochornoso.
Bueno carallo, xa sabemos do dictador de Libia desde hai tempo e os seus bicos a apertas con todos estes lamecus de gobernantes de Europa. Está moi ben que a ONU lles meta sancións a este Gadafi do carallo, que o Tribunal da Haia o xulgue. Que rápidos son estes putos cínicos organismos putrefactos que temos. Como non son tan rápidos os da Haia para xulgar a Aznar, Blair e analfabeto de Bush e esa toda tropa de xenocidio com máis de un millñon de mortos ás súas costas.
Antes todos eses dictadores de Egipto, Túnez, Libia "eran hermanitas de la caridad", eran "cojonudos" para Europa,da noite para a mañán son uns asasinos antidemócratas. O cinismo dos gobernantes tiñan que estar castigado con 20 Anos de cadea.
E continua o cinismo e a hipocresía. O "mamón" alauita de Morrocos e amigo do Borbón (Si, dese afillado de Franco),converteuse nestes días a ser democrata, ou que carallo pasa con este tío.
Fáltanos estadistas en Europa, os que temos e unha morea de estropajo e chulos de putas (Berlusconi) e os máis sobresaintes son a pura mediocridade. Europeos, levantemonos dunha puta vez contra estes maricóns de praia que nos levan a tomar polo cu dentro de uns anos.O tempo será testemuña da desfeita.
kissinger, alojado en diciembre de 1973 en el palacete de la moncloa.....
Publicar un comentario