A catástrofe nuclear que está a padecer Xapón foi prevista hai menos de catro anos polo sismólogo e profesor da Universidade de Kobe Ishibashi Katsuhiko, que nun artigo publicado o 11 de agosto de 2007, no xornal International Herald Tribune/Asahi Shimbun, manifestaba claramente que “se non se toman medidas radicais para reducir a vulnerabilidade das centrais aos terremotos, Xapón poderá vivir unha verdadeira catástrofe nuclear nun futuro próximo”. Por desgraza, só 42 meses despois, cumpriuse o seu dramático pronóstico.
Katsuhiko formaba parte do comité de expertos que estabreceu as normas sísmicas das centrais nucleares do Xapón, pero dimitiu para protestar contra o que considerou unha política demasiado permisiva dese comité. En máis dunha ocasión advertiu as autoridades do seu país acerca de que as centrais nucleares xaponesas presentaban unha “vulnerabilidade fundamental” con relación aos sismos. Fixéronlle tanto caso como se cantase un galo no canto do goberno xaponés e por parte da Tokyo Electric Power Company (Tepco), empresa que explota a terceira parte das centrais nucleares xaponesas e dona dos reactores que agora deron problemas.
O sismólogo profeta xa fixo a súa primeira advertencia no 2006, cando se reforzaron as normas antisísmicas do seu país, segundo el insuficientemente. Pouco despois, o 16 de xullo de 2007, un terremoto de magnitude 6,8 provocou danos graves na central de Kashiwazaki-Kariwa, o máis grande centro de producción nuclear de electricidade que hai no mundo, situada na illa de Honshu, pero pouco antes houbera accidentes derivados dos terremotos nas centrais de Shika e noutros sitios.
Polo tanto, non debera ser tanta a sorpresa causada polo que pasa agora. Ishibashi Kastsuhiko xa advertira que “o movemento sísmico na superficie do chan, causado polo terremtoto, era máis importante que o máximo previsto na concepción da central”. No caso do sismo que afectou a central de Kashiwazaki-Kariwa, o pico de aceleración sísmica foi máis do dobre do que se calculou soportábel. “O que pasou en Kashiwara-Kariwa non debería calificarse de inesperado”, dixo daquela Kastsuhiko, que engadiu que “se o epicentro do sismo estivese algo máis próximo do lugar da central e se a magnitude chegase a 7,5 podería producirse un ‘genpatsu-shinsai’, un suceso catastrófico que asociase terremoto e fusión parcial ou completa do núcleo de un ou varios reactores”.
Curiosamente, é o que está pasando agora por non facerlle caso a Ishibashi Kastsuhiko, que no ano 2007 opinou que as centrais nucleares debían ser concebidas para resistir un movemento da superficie do chan dunha velocidade arredor de 1000 gal (unidade de medida da aceleración do chan que corresponde a 1 centímetro por segundo cadrado), mentres que as normas só prevían 450 gal.
Esta e non outra é a razón polas que as centrais nucleares xaponesas resultaron vulnerábeis aos terremotos deste mes de marzo. Foron construídas nun tempo no que se consideraba que a actividade sísmica era relativamente débil, pero a partir do gran terremoto que desbastou a cidade de Kobe en 1995, viuse que a actividade sísmica do arquipélago xaponés foi considerablemente en aumento. Kastuhiko defendía o peche de todas as centrais que non reunían as condicións de seguridade axeitada, pero non lle fixeron caso. Tanto Tepco como as autoridades xaponesas desestimaron escandalosamente as recomendacións deste experto que agora resultou ser un profeta.
2 comentarios:
Como siempre sucede, todo se revisa con el cadáver encima de la mesa y en avanzado estado de putrefacción.
De nada sirve que cuatro "iluminados y aguafiestas" avisen anticipadamente de lo que pudiera suceder; se les ningunea y ...a continuar la fiesta.
En Fukushima 1 ya poco mas puede reventar. En Chernóbil era un sólo reactor en manos de unos imbéciles incompetentes, aquí entre piscinas de combustible gastado ardiendo y reactores con la "indestructible" contención reventada se me acabaron las ganas de hacer cuentas. Como dice hoy el Roto - aunque Fukushima 1 esté reventada por los cuatro costados- el lobby nuclear sigue sin fisuras.
Poco mas ya puede pasar salvo sufrir las consecuencias.
Tranqui troncos.
Una vez mas hemos llegado a la mas profunda miseria desde las mas excelsas cumbres de la idiotez , la corrupción y la codicia.
A seguir así hasta el holocausto final, amén
Pois xa ven vostedes a sorte do noso titubeante presidente (Onde o bautizarían? Quen será o seu xenio protector?). Agora que cedera as presións do sector nuclear –e de dona Angela Merkel– e accedera a estudar a prolongación da vida útil das nosas centrais nucleares, ven a nai natureza na súa axuda e o maremoto do Xapón vai demostrar que é certo que o deseño das centrais foi moi acaído para circunstancias extremas, máis que Natura é indomeábel e pode superar as peores expectativas que puideran concibir os estúpidos humanos.
Por outra banda, aproveitando que as augas da mar varreron o nordeste de Hokkaido e que nucleares na terra dos ricos kaput (iso si, imos ver de construílas na África e noutros territorios nos que por uns cartiños han deixármonos), teremos que renunciar á electricidade barata como en Francia e achantar coa subida de prezos pola que viña apertándolle hai tempo o sector eléctrico español, que está tamén de parabéns. Os das renovábeis, que andaban tamén moi desgustados coas rebaixas das súa primas teñen estes días unha fachenda máis leda, xa que seguiremos a encher as súas bolsas. O carbón recupera de maneira impensada protagonismo como recurso enerxético indispensábel. E aínda menos mal que aguantamos de perfil o desastre libio e o coronel non nos castigará sen petróleo e gas, que terán que seguir a ser a nosa base enerxética. O dito, pode haber presidente máis afortunado?
Na economía mundial tamén temos que felicitármonos. O desastre ocorreu nun país serio e traballador, co cal vai inesperadamente reactivar moitas maltreitas economías coa necesaria reconstrución, a caída da demanda enerxética vai baixar polo de agora o prezo do petróleo, a ruína da industria automobilística xaponesa daralle un respiro ó resto da industria do automóbil…
Disimúlenme as ironías, porque namentres o meu vello coñecido aino, o pintor Hiroshi Kitamura, alá en Barcelona chora sen bágoas a destrución da súa terra…
Publicar un comentario