De vez en cando hai que ler El Correo Gallego. Hoxe, por exemplo, para enterarse de que Nupel fichou un alto cargo de Industria do bipartito. Trátase de Xoán Manuel Bazarra, agora xerente da empresa de Xurxo Dorribo en Andorra e anteriormente xefe do gabinete do daquela conselleiro de Industria e dirixente nacionalista Fernando Blanco.
Que casualidade, ademais, que Fernando Blanco fose bastante frecuentador da compañía do empresario lugués agora detido, con visitas á sede da súa empresa no Ceao, participación nalgún dos saraos organizados polo empreario e copartícipe das súas copas noturnas por pubs e bares da cidade amurallada. A min sempre me pareceu que Blanco, político máis ligado á UPG que a outra cousa, é dicir, teoricamente preto do radicalismo de esquerdas, non era máis ca un desclasado que nunha das súas enésimas vidas lle encataría ser conde das forzas eléctricas do noroeste, por exemplo. Habería que debullar o seu paso polo goberno bipartito, eólicas incluídas, para decatarse de se levo razón ou non no que estou dicindo.
O asunto de Lugo, ou sexa, o caso do empresario Dorribo, está aínda sen coñecerse en todas as súas circunstancias e consecuencias. Empezou sendo unha simple investigación de Vixianza Aduaneira sobre un suposto caso de lavado de diñeiro do narcotráfico e veremos onde vai parar. E, por certo, o lavadoiro de diñeiro negro vixiado ocupa unha instalación comercial de Vilaxoán sobre a que as distintas afministracións galegas (local e autonómica) levan facendo a vista gorda dende hai moitos anos. É outro dos aspectos curiosos do caso Dorribo (Colombia mar polo medio).
1 comentario:
O malo non é que o Sr.Fernando Blanco sexa un desclasado,que hai moitos neste pais. O malo é que está numha organización de xente, na sua maioría honrada e que leva moitos anos loitando. É unha pena ver no que se converteu a UPG. A esta xentiña moito lle gusta o diñeiro, e se non véxase como copan todos os cargos que teñen boas remuneracións.
Da pena ver como algunha xente intenta rexenerar o que xa non hai por onde collelo.
Publicar un comentario