Falaron as urnas e pronunciáronse moi claramente. En realidade todo sucedeu como estaba previsto. O raro sería que acontecese todo o contrario. Cun Zapatero que no foi quen nin de por no seu sitio a Xosé Blanco, cun Rubalcaba ao que dificilmente se lle podía acreditar a súa repentina reconversión á socialdemocracia e, sobre todo, cun electorado extremadamente canso de que lle contaran mentiras, as eleccións do 20N só podían ter o resultado que tiveron: entregarlle todo o poder a unha dereita á que lle fixo Zapatero todo o traballo sucio e sen cobrarlle un can. Ou sexa, gratis.
Fáltanos agora saber como vai administrar toda esta bicoca Mariano Rajoy, o político que máis poder concentrou en si mesmo e no seu partido dende que vivimos en democracia. Como din que facían os esquíos de antano, que podían atravesar a pensínsula de sur a norte e de este a oeste saltando de árvore en árvore e sen saírse dos feudos da Casa de Alba, a Mariano Rajoy estalle permitido viaxar por todas as Españas –menos Cataluña e Euskadi– sendo sabedor de que vai pisando terras políticas da súa propiedade. Case coma un conde medieval.
Aos que pensamos que unha España gobernada por unha dereita todopoderosa só pode levarnos a algunha forma de neofranquismo oculto e vergonzante, só nos queda reconfortarnos cos éxitos extraordinarios de Esquerda Unida e de Amaiur, ou coa resistencia que foron quen de soster Convergència i Uniò (CiU) e o Partido Nacionalista Vasco (PNV). Mágoa que o BNG, aínda conservando os dous deputados que xa tiña, se mostrase incapaz de recoller algo da moita fariña que caeu da fornada do PSOE.
4 comentarios:
Es calamidad de estos tiempos, que los locos guien a los ciegos. Shakespeare. Dedicado a mi amigo más querido.
Deixeme que lle toque un pouco os pés señor Conde:
Onde fala vostede do partido que mais creceu en termos absolutos é dicir a upyd? E que os seus votos non on democráticos?
Lembre vostede que é o partido que maior tallada colleu da desfeita socialista.
O de IU está moi ben, pero falamos dun escaso 7% de voto válido. Moito teñen que camiñar aínda.
Do Bloque xa non vale a pena nin comentar, moita sorte por manter os deputados, pero en caída libre, como sempre desde o 2001
¿reconfortarse con el éxito de la batasuna "amaiur"?
Publicar un comentario