“Ahora cantaremos doce y nos quedamos todos quietos” (Pablo Neruda dixit), pero non creo que Pilar de Borbón, irmá do Rei de España, teña o poeta chileno entre os seus autores de cabeceira. O que si ten é un acendrado espírito de mandar calar á xente, que parece virlle de familia pois o seu recentísimo “¡A callarse!”, pronunciado na inauguración do XXVI Rastrillo Benéfico de Nuevo Futuro, en Sevilla, parece calcadiño daquel insolente “¿Por qué no te callas?” que lle lanzou o seu real irmán ao presidente de Venezuela Hugo Chávez. Tejero repetiu a mesma expresión varias veces cando tentou pasar á historia secuestrando a punta de metralleta a democracia o 23 de febreiro de 1981. Vaia coa carraxe de dona Pilar, que é polo menos tan longa como o seu nome de pía: Pilar Alfonsa Juan Victoria Luisa Ignacia de Todos los Santos de Borbón y Borbón-Dos Sicilias.
En fin, que “ahora cantaré hasta doce y tú te callas y me voy" (outra vez Neruda dixit), ou se cadra, mellor aínda “A callarse ranas, que va predicar el sapo”, como dixo o Anónimo.
1 comentario:
Que manía lles entrou a estos Borbones por mandar calar. E pensar que o culpable foi Carlos II. Ao peor tampouco se pode dicir.
Publicar un comentario