Ata agora non tiña eu unha mala imaxe do alcalde conservador de Santiago, Xerardo Conde Roa. As poucas veces que falei con el pareceume unha persoa amistosa e dialogante coa que se podía practicar doadamente a convivencia e o pracer da palabra. O tratamento intempestivo e reaccionario que lle acaba de dar ao caso do humorista Leo Bassi fanme ver claramente que as apariencias enganan.
O feito de que a Conde Roa, como alcalde da capital de Galicia, lle produza “especial repugnancia” a personalidade e a obra dun dos principais valores da cultura europea actual, podería quedar reducido a unha chocallada se non fose, ademais, un preocupate síntoma do desvarío ao que nos están levando unha parte dos xestores da política cultural que elevou ao poder a vitoria electoral do Partido Popular.
“Non teño ningún interese en que a cultura de Santiago se vexa identificada con este humor, e polo tanto non teño ningún problema en dicir que Santiago non é unha opción”, aínda remachou máis o político que parece tan flamante herdeiro das ideas culturais que podían ter o xeneral Millán Astray ou o frade Torquemada. A punta máis occidental do Camiño de Santiago, a cidade da estrela, debería estar gobernada por xente algo máis cosmopolita e menos cosmopaleta.
3 comentarios:
Berlusconiadismo puro e duro!!!
Que home tan noxento!!!.Sinto por el o que di sentir por Leo Bassi. É a náusea.!!!.
A min o sr Leo Bassi non me interesa nada e polo que levo visto o sr Code Roa tampouco.
Publicar un comentario