Só faltaba un representante da administración de xustiza para que o elenco do empresario corrupto-corruptor Xurxo Dorribo fose completo. Agora xa está non punto de mira nada menos ca o presidente da Audiencia Provincial de Lugo, Xosé Antón Varela Agrelo. Segundo publica hoxe o xornal El Mundo, as xuízas luguesas Estela San José e Pilar Lara están procesando información que lles facilitou Dorribo acerca de que o presidente da Audiencia de Lugo recibiu donacións económicas do presidente de Laboratorios Nupel, e mesmo podería ter algo que ver con asuntos relacionados cos negocios de prostitución investigados pola Operación Carioca.
Horas antes de aparecer esta información no xornal madrileño, o maxistrado Varela Agrelo presentou unha denuncia contra o principal imputado pola Operación Campeón, Xurxo Dorribo, por un presunto delito de extorsión. Segundo o denunciante, Dorribo fíxolle saber que lle esixía diñeiro a cambio de non declarar na súa contra. Polo que parece, maxistrado e empresario coñecérose e tratáronse persoalmente a través do club Acción & Classe. Dorribo mesmo lle puido manifestar á xuíza Estela San José que o maxistrado lle mostrou interese en formar parte dunha empresa eólica que o empresario estaba montando tamén co ex conselleiro e ex deputado nacionalista Fernando Blanco e co ex ministro Xosé Blanco. Curiosamente, toda esta información non aparece reflexada en ningún dos xornais galegos que, porén, coincidiron en salientar a denuncia do maxistrado contra Dorribo.
Paralelamente, o xornal dixital Galicia Confidencial está dando a coñecer os abultados tomos do sumario da Operación Campeón, que non teñen desperdizo. Repasar os os case 30.000 folios resultado da instrucción da xuíza Estela San José chama poderosamente a atención polo grado de implicación que tiveron un feixe de altos funcionarios da Xunta presidida por Núñez Feijóo para favorecer supostamente o burdo entramado empresarial que montou Xurxo Dorribo para beneficiarse de subvencións e créditos oficiais que serviron, entre outras cousas, para comprar casas, iates e carros de luxo. Tal lectura ben podería inspirar o guión dunha boa película sobre a corrupción política e empresarial de Galicia e as súas relacións mesmo co narcotráfico. Agora que se cumpren os corenta anos da magnífica The Godfather de Francis Ford Coppola, o que falta por saber é se en Galicia xa hai tamén un Vito Corleone.
4 comentarios:
Home, Don Perfeuto, todo o mundo ten dereito a presunción de inocencia; que un gañán coma Dorribo diga o que di, hai que tomalo con moitas reservas. E ainda dirá máis, porque meter a Manolete ou ao Sr. Borbón élle igual.
Eu tamén son socio dunha sociedade gastronómica e pódolle asegurar que non sei se algún está facendo falcatruadas.
O que é unha vergonza é que terxiversen a información os diarios de papel, e que estando a cousa baixo secreto do sumario (como moitos outros casos) todos os días vaia saíndo un anaco das cousas en xornais.
Mire, eu que coñezo moi ben o mundo xudicial e policial, pódolle asegurar que non sabe do que son capaces de facer por unha noticia na primeira plana nos medios de comunicación.
Sabe, vostede, que cando está declaraado o secreto do sumario só teñen acceso a el o Xuíz e o Fiscal, ninguén máis?
Xa me dirá, entón porque carallo estamos todos os días cas fotonovelas nos xornais,claro que sendo o país que somos non se pode esperar outra cousa.
Saúdos
Lémbrolle, querido Carqueixa, que o segredo do sumario correspondente á Campeón xa foi erguido pola xuíza instrutora, e que as informacións detalladas sobre eses documentos non saíron ata que se ergueu ese segredo.
Polo demais, respecto e acollo con moito interese as interesenates reflexións e precisións que vostede fai sobre o caso.
Don Perfeuto, estará comigo que xa saíran unha morea de conversas telefónicas, de feitos investigados polas FF.CC.SS. e moitas máis cousas que tiñan o seu aquel, xa sabe, os intereses políticos pormedio; e xa sei que ergueron hai pouco o segredo do sumario, incluso está todo tan politizado que hai webs galegas nas que se pode ver escaneado totalmente a instrucción, o cal resulta, sigo dicindo, totalmente penoso.
E só unha opinión moi persoal, basada na miña experiencia profesional, ao Pepiño Blanco, ao Sr. Orozco (alcalde), os donos de Azkar e algún máis, penalmente van saír total e absolutamente absoltos; pero, bueno, do que se tratou foi que incidise politicamente, e vaia se incidiu, e non lle facía falta ao partido que ía gañar as eleccións.
Un saúdo, e un consello, escriba máis a miúdo no blog, que é bo para quen o lemos e tamén para vostede.
Hemos acabado embadurnados por la materia de la cloaca, y pensábamos que estábamos fuera. Algunos se encargan de recordarnos que la cloaca está al nivel de la calle. Lo demás son rascacielos.
Publicar un comentario