lunes, octubre 29, 2012

Contra os poderosos

                               Foto: Gabrel Tizón/El País

Primitivo Carbajo, que parece cada vez máis recuperado por El País, publica hoxe unha excelente entrevista con Iolanda Díaz na que a coordinadora de Esquerda Unida e deputada electa de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) dá todas a puntadas con fío.
Por exemplo, pregúntalle o entrevistador se nota a sombra de Beiras, e responde ela: “Beiras é Beiras, un dos grandes deste país. Para min é unha honra ir con el, pero o gran éxito da campaña estivo na suma de forzas. Se Beiras tivese pactado por exemplo con Compromiso, como estivo a piques, seguro que o resultado non sería este. O que validou a xente  foi o discurso rupturista, de esquerda, contra a troika, contra os mercados, contra os poderosos. O éxito produciuse porque a xente viuse reflexada nese discurso”.
Quizais se pode dicir con máis ou con menos palabras, con máis timbre ou con menos resonancia, pero é dificil expresar mellor e con tanta claridade o que levou non só ás urnas senón tamén a votar pola AGE o domingo 21 de outubro. Esa foi a clave do éxito rotundo da alternativa que propuxo a Xosé Manuel Beiras como candidato á presidencia da Xunta de Galicia.
Non abondaba coa preclara contundencia nacionalista de Beiras nin coa súa atractiva aureola de senior eternamente enragé. Tampouco coa simple rebeldía sistemática de Esquerda Unida. Era precisa a confluencia irmandada desas dúas –e de máis– forzas para que en Galicia resucitase a esperanza de que se pode facer algo politicamente dirixido a rescatarnos a todos do capitalismo neoliberal. O berro que tanto repetiu na campaña e segue pronunciando agora Iolanada Díaz, o de Imos a por eles, estará construído se cadra nun mal galego, pero soa a música celestial nos oídos dos que xa están cansos de padeceren os abusos dos que ocupan a parte máis alta do poleiro.
Realmente case é un luxo ter agora dous líderes que se complementan e se entenden tanto coma Xosé Manuel Beiras e Iolanda Díaz. Nacionalismo e internacionalismo collidos da man. Xa era hora. Só falta que se segan coñecendo e amando máis cada día, como a punta a propia Iolanda.

18 comentarios:

Anónimo dijo...

Vaya dos. El catarro y la tos.

Luisfoz dijo...

Porque será que a cada volta gosto menos de anónimos?

Anónimo dijo...

No, a usted no es que no le gusten los anónimos, sino lo que opinan. Si yo pongo mi nombre, mi opinión es la misma y usted sigue sin saber quien soy porque no me conoce. El problema no es el nombre, no se engañe.

MS dijo...

Non se engane, sr/sra anónimo/a. Vostede, soltando a súa cagalla na sección de comentarios, non "opina" nada. Non fornece argumentos, e sobre todo non avalía comportamentos políticos. Simplemente limítase a poñer etiquetas sobre o ser de dúas persoas.

Por iso, ler as paridas de anónimos coma vostede, é perder o tempo. Iso foi o que lle quixo dicir Luisfoz.

Anónimo dijo...

¿ Es usted el portavoz del Sr. Foz? Supongo que él quisiera contestar a los anónimos lo haría. Pero no merece la pena contestarles, según usted. Luego, no lo haga.

Luisfoz dijo...

MS não é o meu porta-voz por muito que coincida comigo, tem toda a razão ao dizer que o senhor -ou senhora- não opina, limita-se a insultar, uma frase como "Vaya dos. El catarro y la tos" e apenas isso: um insulto; MS é muito correto ao dizer "pôr etiquetas".
Boa noite!

Anónimo dijo...

Sr. Foz, el único que insulta y bien es el Sr. Beiras, llamando chusma a los que piensan como él. Su adorado Beiras, sí. Lo mío fué bastante más suave y gracioso. Buenas noches también a usted.

Anónimo dijo...

Quise decir a los que NO piensan como él. Considero que un hombre tan culto e inteligente puede y debe utilizar otros argumentos, más en consonancia con su altura intelectual.Faltar al respeto a muchos gallegos no es de recibo. Eso lo sabemos hacer todos, incluso los anónimos como yo.

Anónimo dijo...

Podía el anterior anónimo facilitarnos la cita a que hace referencia de Beiras llamando chusma a los que no piensan coimo él?.
Algo concreto, en qué acto, en qué entrevista, en qué declaración. Porque, en caso contrario, está usted sencillamente MINTIENDO.

Anónimo dijo...

" Hay que echar a esa "chusma" de San Caetano" Eso lo leímos todos en los periódicos el día anterior a las elecciones. Yo no estaba en La Coruña para oírlo en directo. Conozco a mucho gente que vota al PP y no es ninguna chusma, al contrario son excelentes ciudadanos en todos los sentidos. Por extensión, el Sr. Beiras los ha insultado con esa palabreja tan indecente. Al sr Beiras le pierden las formas, repito, es un político al que yo votaría si no fuese tan mesiánico y con cierto tufillo a dictador bolchevique.

Luisfoz dijo...

Meu caro anónimo 1: Com efeito, São Caetano está ocupado por uma chusma e -um dia ou outro- haverá que acabar com ela se queremos que Galiza se salve. Há muitos anos que eu não adoro ninguém, também não adoro o meu bom amigos Beiras, cuja lucidez limito-me a admirar

Luisfoz dijo...

Não são os votantes do PP a chusma, são -sim- os votados, começando por Mr. Bean. Aprenda a ler ,meu caro.

Anónimo dijo...

Lo que usted diga, Sr. Foz. Es costumbre de la izquierda negar por sistema sus errores. He tenido excelentes profesores que me han enseñado, no sólo a leer, sino a pensar libremente, también me enseñaron latín, griego e inglés, pero no el idioma que usted utiliza y que, a duras penas entiendo. Trataré de corregir ese error. Porque yo sí que reconozco los míos. Atentamente.

Anónimo dijo...

El histriónico Beiras tuvo el indiscutible mérito de haber sacado al BNG de las catacumbas, incorporarlo al sistema partitocratico y llevarlo a su máxima expresión en el parlamento gallego en las elecciones de 2001 (17 diputados); ese era su techo. Ahora repite la jugada resucitando al partido comunista, escondido detrás de las siglas de EU, y su jefa Yolanda Díaz quiere hacernos ver que ella y sus escuálidas huestes, tuvieron algo que ver en este asunto; todo el mundo sabe que nada.

Beiras tiene su público, personal e intransferible, que esta esperando anhelante su nuevo repertorio de payasadas en la próxima legislatura, para que le alivie un poco del mazazo sufrido por la mayoría absoluta de Nuñez Feijóo.

Petrifacio Pérez

Anónimo dijo...

Só un comentario: Núñez Feijóo ten maioría absoluta, de novo e eu sigo sen saber que é o que fixo ben (na miña opinión non hai nin un só dato positivo). Pero é a democracia.
Iso sí, os galegos deben saber que Galiza é obra do PP, así que por favor deixen de botar as culpas a outros. Galiza vota PP e todo, todo o que temos dende a Transición (que dicir xa do outro galego que !tanto fixo por Galicia! nos 40 anos que gobernou) é obra do PP: a falta de trens de cercanías, a destrución da paisaxe e das rías, a destrución do patrimonio (o galego incluído), o caos urbanístico, a desfeita do agro... é obra do PP que practicamente sempre controlou a Xunta, porque cando chegaba a alternancia e empezaba a plantexar algo "distinto" enseguida entraba o aparataxe mediático para inmediatemente voltar "ao rego".
Nada cambiou nestas eleccións; é o mesmo de sempre.

José Manuel AlVe dijo...

Menudo nivelazo de comentarios...! A descalificación dos demais non nos da máis razón senón que nos pon ao nivel deles, precisamente nese nivel a onde os queremos mandar. Moi baixo...
Por suposto non ao nivel da etrada de Perfecto nin da entrevista a Iolanda

Anónimo dijo...

Por supuesto!!! El nivel bajo es de los que discrepan. No te fastidia!!!

Anónimo dijo...

O anónimo iste quere ter sempre a última palabra. Qué doenza padecerá?.