Hai moitos anos que deixei de sentirme católico. Nin sequera sei xa se creo en Deus. É dicir, que son polo menos agnóstico. Pero emocióname a actitude que acaba de adoptar o Papa Benedito XVI. Hai poucos anos tiven a oportunidade de visitar varias dependencias do Vaticano, e aquela ocasión serviume para redescubrir a enorme importancia que ten a Igrexa Católica. Daquela puiden observar de preto o Papa que agora renuncia e pareceume que na súa mirada ficaba agochada algunha segreda insatisfacción.
Ramón Loureiro, un dos mellores xornalistas de La Voz de Galicia e de Galicia, novelista de mérito e galego de conciencia, acaba de publicar no seu xornal un artigo no que analiza con tino e intelixencia a figura e a circunstancia de Benedito XVI.
2 comentarios:
http://elcomentario.tv/reggio/%C2%B4habemus-papam%C2%B4o-la-audacia-de-gregorio-moran-en-la-vanguardia/12/11/2011/
Don Perfecto, non sei se viu a película HABEMUS PAPAM de Nanni Moretti. Aquí lle deixo o artigo de Gregorío Morán sobre a película. Como veño de comentar no do Fermín, o Ratzinger tivo que ver a película. E ao mellor até lle fixo ver que non lle quedaba outro camiño que o de imitar a Michel Piccoli.
A ver se desta vai.
http://elcomentario.tv/reggio/%C2%B4habemus-papam%C2%B4o-la-audacia-de-gregorio-moran-en-la-vanguardia/12/11/2011/
Publicar un comentario