|
Foto: EL PAIS/Óscar Corral
|
Dá gloria ver o que conta o electricista picheleiro que roubou o Códice Calixtino. Coas “intensas relacións sentimentais”, as “relacións sexuais” e as “palmaditas en el culo” que di ter observado na catedral de Santiago, o de Sodoma debía ser algo parecido e o de Gomorra aínda non se sabe se vai chegar ou non.
A verdade é que o caso do Códice vai camiño de convertirse nunha novela, pero non precisamente na que escribiu o xuíz Vázquez Taín. Nin a do libro nin a do sumario. Como o electricista chegue ata o fondo da cama tirando da manta, aínda habemos rirnos algo.
1 comentario:
Aquí tes material para facer unha versión compostelana de "El nombre de la rosa"...
Publicar un comentario