lunes, junio 03, 2013

A propósito de René Burri e Xosé Suárez


Este Croque vai dedicado a Fernando Acuña Castroviejo.

O Museo do Elíseo de Lausana acaba de recibir un excepcional novo fondo procedente do fotógrafo suizo René Burri, no que figura, por exemplo, o célebre retrato do Che Guevara fumando un voluminoso habano.
Concretamente esta foto é unha das máis coñecidas no mundo enteiro. René Burri, que acaba de cumprir 80 anos, traballou para a axencia Magnum dende o ano 1959 cubrindo os acontecementos máis importantes de América Latina, Próximo Oriente, Berlín Este, Paquistán, Vietnan do Norte ou China. Algúns dos seus clichés, como os do Che, Le Corbusier ou Picasso, xa son auténticas iconas do acontecer internacional da nosa época.
Vendo estas cousas, un pode preguntarse que se ten feito en Galicia neste campo. Por exemplo, onde anda a inmensa e importantísima obra fotográfica que deixou o alaricano Xosé Suárez? Hai máis de 30 anos tiven o privilexio de coñecer da súa man parte do que gardaba nunha casa de Allariz e, dende aquela, sempre tiven claro que a súa obra era unha das máis importantes do mundo. O célebre retrato de Miguel de Unamuno, magníficos traballos seus feitos nos Andes ou en Xapón revelaban a Xosé Suárez como un auténtico mestre da fotografía internacional. Quizais me equivoco, pero non sei de que haxa en ningún lado un museo que conserve e expoña a espléndida producción deste galego que viviu moitos anos na Axentina, onde foi unha prezadísma figura do xornal La Nación. Xa sei que en épocas de vacas fracas coma de agora, se cadra é pedirlle peras a un eucalipto propoñer que se recupere a figura e, sobre todo, a obra de Xosé Suárez, pero eu atrévome a solicitar que alguén se ocupe deste asunto. Se cadra o meu amigo Xosé Manuel Baltar, actual presidente da Deputación de Ourense, se por acaso le estas lineas, podía facer algo por este tema. Non somos suizos, pero tampouco debiamos reducirnos a sermos sempre a república barataria do occidente de Europa.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Quizais debería saber, don Perfeuto, que os seus amigos do BNG tiveron de conselleiro da Xunta bipartida un parente moi próximo do gran artista Xosé Suárez. E que fixeron pola súa obra?

Anónimo dijo...

Se cadra é porque os do BNG consideraron internacional de máis a obra de Suárez, relacións familiares aparte.

Anónimo dijo...

Internacional de mais, moi boa!!! No sólo Suárez,gente excepcional sin saberlo, sino Virxilio Viéitez, otro artista del blanco y negro, gente que amaba por encima de todo su profesión. Media historia de Galicia está en sus fotos, de ámbolos dous. Castrapo é o que escribo eu, vergoña me dá!!!

Anónimo dijo...

Que guapísimo era el Che, Si yo viviera en su época y, me lo cruzara por la calle, me quedaría sin habla.

Manuel Lara dijo...

Xerais editara en 1981 un salientábel recopilatorio da obra de José Suárez, "Galicia, terra, mar e xentes".

Xa en 1993, o Centro de Estudos Fotográficos de Vigo, co pulo de Manuel Sendón e mais de Xosé Luis Suárez Canal, publicou un Álbum de José Suárez.

Pódese aínda atopar algún exemplar nas librarías que sobreviven á incuria.

Manuel Lara

x l suárez canal dijo...

Xosé Luis Suárez Canal
Son o sobriño e depositario do Arquivo de Xosé Suárez
Había un proxecto de crear unha fundación en Allariz de Xosé Suárez por parte do Concello. Presentárase ao bipartito este proxecto inspirándose na Fundación Henri Cartier-Bresson de Paris, . Desgraciadamente os señores do PP chegaron e Roberto Varela non o debeu considerar de interese.
Na espera de tempos mellores teño o Arquivo debidamente arquivado para poder polo a disposición de todos, que é o que Xosé Suárez desexaba.
As suas fotos seguen mostrándose cando alguén as solicita polo mundo adiante.
Para unha información maís precisa douche o meu correo: xlsuarezcanal@gmail.com.
Un saúdo