martes, junio 04, 2013

Bancos que cobran ata por axudarlles


A calquera –polo menos aos que somos clientes do BBVA– lle pode pasar o que me acaba de suceder a min. Hoxe recibín, na miña conta de correo electrónico de Gmail, unha mensaxe con este texto: "Debido a cambios en nuestra política interna, a partir del 06.04.2013 para seguir usando su tarjeta en linea usted esta obligado a descargar y completar el formulario seguro”. Tal cual, sen acentos e con esta linguaxe de sospeitosa concisión. Nin que dicir hai que non se me ocurriu para nada descargar nin abrir o arquivo adxunto que chegou coa mensaxe, un BBVA.zip
Pensei que lles podía ser de utilidade aos do Banco saber destas incidencias, e chamei ao número 902 22 44 66 (Línea BBVA). Atendeume unha muller moi atenta, iso si. Pero cando lle ofrecín reenviarlle a mensaxe recibida a algún email que me indicase, por se lles fose de utilidade analizala por parte dos seus servizos de seguridade, díxome que tiña que chamar a outro número de teléfono, que tamén era un 902. Ou sexa, dos que hai que pagar un sobrepezo por utilizalos. E por aí non pasei. Está ben que eu me esforce en comunicarlle a un Banco que hai alguén que supostamente está usurpando a súa identidade para enganar e seguramente estafar á súa clientela, pero que teña que pagar dúas veces chamando a un 902 para prestar esta axuda xa é pasarse de rosca. Debe ser que os Bancos ata cobran por axudarlles a mellorar a súa seguridade informática.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Non só aos clientes do BBVA. Fíxese neste caso: abrín unha conta de banca electrónica en NGB e mandáronme un contrato cun código de conta errado. Adiviña o que tiven que facer para arranxalo? Si, chamar/pagar a un número 902. Iso si, déronme as grazas.

Anónimo dijo...

Cuidadito con las cuentas electrónicas. El otro día un amigo entró en una cuenta ajena con su código.

Anónimo dijo...

Me pregunto donde estará el Sr. Conde.