jueves, agosto 04, 2011

62.000 empregados da banca europea quedarán sen traballo

Crise económica coa conseguite fuxida dos inversores, fradude fiscal, etc. Grecia, Irlanda e Portugal no cu do saco, España e Italia a máximos históricos nos seus riscos económicos, a especulación financeira campando unicamente aos seus respectos e o primeiro mundo derrubando cada día aquilo que lle custou suor e bágoas conquistar, o tan  desexado antano como agora enfermo benestar.
Por exemplo, o sector bancario europeo prevé destruir milleiros e milleiros de empregos no futuro inmediato. Dende que abriu esta brecha a norteamericana Goldman Sachs, a suiza UBS, a española Bankia –máis preto de nós aínda a substituía Novacaixagalicia–, a británica Hongkong & Shanghai Corporation (HSBC), o Barclays e máis bancos están dispostos a botar á rúa, de aquí ao 2013, arredor de 62.000 traballadores. Todo un récord, dende logo.
Aproximadamente, a metade deles perderán os seus pstos na HSBC, poderosa organización bancaria que mesmo prevé retirarse de varios países onde está atopando que a competencia é moi dura. HSBC, o banco máis grande de Europa, despedirá a case un 10 por cento dos seus actuais empregados coa vista posta en reducir os seus custos de funcionamento nun montante total que pretende situar entre 1.700 e 2.400 millóns de euros. O curioso de todo isto é que acontece cando a actividade banqueira en xeral aumentou os seus beneficios nun 35 por cento (6.200 millón de euros) no primeiro semeste deste ano.
Pola súa parte, Barclays xa anunciou unha baixa de 3.000 postos de traballo de aquí a finais de 2011, e noutra gran banca británica, o Lloys Banking Group (LBG), a supresión será de 15.000 postos de traballo ata o ano 2014. Precisamente, LBG foi unha das entidades que xa foi socorrida polo Estado no que vai da crise actual.
Na primeira banca suiza, UBS, calcúlase que 5.000 persoas tamén van perder os seus postos de traballo, e outros 2.000 traballadores tamén serán despedidos no Credit Suisse Group, mentres que na española Bankia –a meirande unión levada a cabo entre as antigas caixas de aforro españolas– está prevista unha perda de 2.879 postos de traballo
En Italia, Intesa Sanpaolo suprimirá ata o ano 2013, 3.000 postos de traballo, e BNP Paribas, ata agora a única banca francesa que anuciou reducción de cadros de persoal, desfacerase de 244 traballadores.
Ou sexa, todo un panorama laboral para Europa.

2 comentarios:

Carqueixa dijo...

Eu non sei se sabe como se entrou sempre nas Caixas de Aforros, e os soldos que cobran.
Cos empregados das Caixas está a pasar o mesmo que coa construcción: todos son a chupar e a forrarse, e chegou un momento que toupou todo.

RIODERRADEIRO dijo...

Como a verdadeira naturaleza dos cartos tén unha base virtual ou de crenza ( e tamén de indulxencia plenaria ), cando aparece polo torreiro aquel impío que o cuestiona todo, lévanos á ruina, en proveito duns poucos.
A loita continúa. Pero fódenos. ¿Ou non?

¡Viva o capitalismo! E a banca...