viernes, octubre 21, 2011

Gaddafi

Hai días, coma o de onte, destinados a pasar á historia. ETA anunciou a fin das súas armas, e Gaddafi caeu definitivamente –probablemente asasinado– cando tentaba fuxir da cidade de Sirta.
Sobre a fin de ETA xa hai abondo rebumbio no mundo da política e nos medios de comunicación ortodoxos. A min chámame máis a atención esa solucción tráxica que se lle deu á ditadura dun dos sátrapas máis singulares do noso tempo, rematado sen ningún heroísmo polos mesmos que o adorardon ata hai ben poucos meses.
Segundo lle indicou o médico forense Ibrahim Tika, encargado de facerlle a autopsia ao corpo de Gaddafi en Misrata, á cadea árabe de televisión Al Arabiya, “Gadaffi foi arrestado cando estaba vivo e rematado despois. Tiña unha bala que penetrou o seu intestino, e esa foi a causa principal da súa morte. Outra bala atravesou a súa cabeza”.
Parecido destino foi o que padeceu un dos fillos do ditador no mesmo día. Mutassim Gaddafi, segundo o mesmo forense, “tiña unha ferida, un gran burato entre o peito e o pescozo, e tamén presentaba tres feridas nas costas e outra de metralla na parte posterior dunha perna, pero esa era anterior”.
A ONU pediu que se investiguen estes feitos.

12 comentarios:

Anónimo dijo...

E nós somos os civilizados?
Lamentable. Quen é máis bárbaro: Gadafi ou os "revolucionarios democráticos" e a OTAN?
Fou un linchamento brutal. Eu non teño nada que ver con esa xente. Só sinto vergoña de que ningún medio de comunicación non teña criticado e denunciado este acto de barbarie; ningún, ningún (o cal resulta máis chamativo: todos a unha como Fuenteovejuna!

Ana Bande dijo...

Completamente de acordo con anónimo, eu non daría máis pulo ao que defendemos hoxe na casa (estado democrático de dereito..bla..bla..bla...fin da violencia...gañamos os bos...bla...bla..bla) baixo esta falsidade e querencia pola brutalidade que amosan as fotografías, que eu, por certo, non empregaría para ilustras post ningún sobre to tema. En fin...

Luís dijo...

En primeiro lugar gustaríame deixar claro que condeno calquera tipo de violencia, veña do bando que veña.
Pero unha cousa é condenar e outra cousa é comprender. E voume explicar:
Cando un pobo é reprimido brutalmente, como no caso dos palestinos en Gaza na actualidade, ou os xudeus na Alemaña nazi, é "normal" que a xente comete este tipo de atrocidades. Tede en conta que nas últimas semanas atopáronse fosas comúns de cidadáns en diversas cidades de Libia, froito da represión brutal da ditadura de Gaddafi. O mesmo está a pasar en Siria, onde o goberno aniquila literalmente ao seu propio pobo.
Entón, ¿que é o que esperades? É UNHA GUERRA! É unha guerra que comezou, hai que lembralo porque Gaddafi sacou o seu exércitos ás rúas a matar e aniquilar a xente inocente (e outra non tanto) que se manifestaba contra a represión e ditadura.
Non, non acepto a violencia, e condeno a morte dos inocentes e dos culpables, porque nos estados civilizados e democráticos non podemos aceptar este tipo de aberracións humanas. Pero entendo, comprendo, que baixo a carraxe máis inhumana, froito quizais das mortes de irmáns, pais ou amigos masacrados baixo a puño de ferro dun tirano, teñan lugar este tipo de feitos totalmente lamentables e condenables.
Pero por favor, non pensedes únicamente en Gaddafi coma un pobre vello indefenso. El estaba disposto a matar a quen for con tal de manterse no poder.
Xa o di o dito: quen a ferro mata, a ferro morre.

Anónimo dijo...

A min páreceme que nesta guerra pouco importa a xente e a democracia, o único que importou foi o petroleo que o repartiron os paises que emprenderon a guerra, non lles gustou o acordo que fixo Gadafi cos Chinos e mais cos Rusus, non tiveron ninguha magoa de matar a cachón.Ésta é a nosa trascendencia na vida.

detective crepuscular dijo...

Home, Luís, supoño que tamén entenderías os atentados de ETA, porque claro, como aquilo ERA UNHA GUERRA! contra a España opresora, nas guerras vale todo, toda crueldade é propiamente defendíbel e que "quen a ferro mata, a ferro morre". Eu, mais que unha GUERRA, creo que foi unha masacre "bendecida polo céu", quero dicer, polos avións "humanitarios" da OTAN, e que os chamados "rebeldes", ou mellor, "rebeldes otánicos", tiñan mais de criminais colaboradores cos designios petroleiros do Imperio que de "rebeldes" propiamente ditos. Home, o que fixeron cos Gaddafi dá noxo, un noxo inmenso, eles que se din defensores dos direitos humanos e da legalidade internacional. Palabras e mais palabras, que son mentiras e mais mentiras. Porque supoño, amigo Luís, se é que a tua credulidade na palabra do Imperio non che ten tan devastado o cerebro como os avións devastaron Sirte, que as GUERRAS baséanse en mentiras e que de armas de destrución masiva e fosas comúns están os pozos de petróleo cheos. Vouno deixar aquí, porque, pódesme crer, dáme tanto noxo todo isto, que me custa conciliar o sono con tanta mentira e imaxe devastadora. Sanguinariamente devastadora. Todo por la pasta líquida, amigo Luís. Se tes tempo, vai ao Público e le algúns dos cento e pico de comentarios que veñen en LA EJECUCIÓN DE GADDAFI MANCHA LA IMAGEN DE LOS REBELDES. Dos rebeldes otánicos, xa sabes. Eu bastoume con ler os comentarios número 3, 4 e 5 para que non me estoupara a cabeza da rabia. A ti ben seguro que non che vai pasar o mesmo, porque ti és dos de "veña do bando que veña". Xa.


#3 Vota Vota Denunciar
38 i ermanuel 21-10-2011 23:15

Cultivos de fundamentalismo, a final todos seremos fundamentalistas, eso sí cada uno en su bando en pro de la competividad (dinamiza los mercados).

Que peste!!! El caso es que seguiremos chupando petrosangre, la hipocresía de la desvergüenza, y la codicia de los asesinos otan. Esta es nuestra U ya sin rastro de humanismo.

Curioso concepto de Justicia el de la OTAN. Curiosa forma de empezar una democracia, ah! o era una petrocracia.

#4 Vota Vota Denunciar
42 i Tinejo 21-10-2011 23:15

No hay duda de que estas cosas ocurren cuando arman hasta los dientes a cualquiera con dos brazos y alientan la venganza y la impunidad. Occidente se quita la patata caliente de tener que juzgarlo y ahora se queda, a mejor precio, las extracciones petrolíferas. Y todavía alguno defiende esto como un acto para fomentar la democracia y no se qué barrabasadas más.


#5 Vota Vota Denunciar
52 i Pepe Bruno 21-10-2011 23:16


A quien pretendian engañar la OTAN,la ONU,la CNT,la Prensa??

verdaderamente alguien ha creído lo que han contado del señor Gadafi??Yo he estado en Libia,y que nadie me cuente lo que allí pasaba,

Dictaduras mucho peores que la de Gadafi están todas el el Golfo Persico,y nadie se molesta en decir nada,se tiran de los pelos en cuando meten en la carcel a una mujer por cualquier cosa ilógica en occidente,pero nadie dice nada cuando todos lo Viernes le cortan la mano a algún ladrón en Arabia Saudi o cuando lapidan a una mujer en los pueblos pequeños,nadie se entera y no es noticia porque no interesa,estos son amigos

No soy ningún extremista,mi problema es haber creído en la ley,pero los que la tienen que hacer cumplir está podridos,viven demasiado bien y se han acostumbrado a mirar a otro sitio,ojala que algún día lo paguen.

Luís dijo...

#detective crepuscular: en fin, creo que no meu comentario non defendín en ningún momento a violencia. Tampouco esa guerra. Nin aos rebeldes. Nin por suposto a Gaddafi.
Como dixen, e a ver se che entra nos miolos, EU CONDENO CALQUERA VIOLENCIA. Pero claro, hai límites.
Home, eu non son tan parvo como para pensar que a OTAN meteu na guerra de Libia porque lle daba pena a opresión do pobo libio. Claro, está claro que foi por intereses económicos, sexa o petróleo ou calquera outro que fóra. A cuestión es que na Tunisia e en Exipto non houbo tal guerra porque os seus ditadores claudicaron en vez de sacar ao exército ás rúas. Segundo a túa posición, Franco foi un home moi bo, porque fixo un golpe de Estado e o fixo polo ben de España.
Mira, non mestures a moral coa moralina. Que sonche ben diferente. É moi simplista dicir que a culpa é da OTAN ou dos rebeldes ou de Gaddafi. Eu non entro nese debate. Eu digo que cando violencia é a única acción dun goberno (sexa quen sexa, oriental ou occidental, africano ou americano), que resposta espera da súa poboación? Un sorriso? Compracencia?
Máis exemplos: a Franxa de Gaza e os terroristas palestinos. Eu estou en contra da violencia, dos atentados terroristas, por suposto! Pero cando se oprimen aos pobos, dificilmente terás unha resposta diferente da violencia. E é que a violencia xera máis violencia.
Por favor, non me digas o que é correcto ou o que non. Porque o seu perfectamente. Detesto a morte de Gaddafi, pero igualmente a de milleiros de persoas que morreron polo seu exército ou polos bombardeos da OTAN.
Pero non mestures o touciño coa velocidade. Eu non defendo a guerra de Libia nin á OTAN nin a Gaddafi. Non veñades dicindo que Gaddafi era un santiño. Porque entón teriades que dicir o mesmo de Franco, e ben que non o dicides.
Un saúdo

detective crepuscular dijo...

Eu creo que é a primeira vez na miña vida que escrebo a palabra Gaddafi. É dicer, as miñas ligazóns políticas, ideolóxicas, sentimentais, intelectuais, libroverdianas, etc, con Gaddafi teñen sido tan pouco firmes até o de agora, que non me teñen permitido escreber o seu nome nen tan sequer unha soa vez na vida. Así que o que é de Gaddafi non teño escrito nada, nen para ben nen para mal, nen que se era un "santiño" nen un "demoniño". Quen si falaban ben del e tiñan tratos comerciais co "sátrapa rídículo e extravagante" que agora pregoan, eran quen agora se xuntaron en santa cruzada para eliminalo da face da terra dunha maneira tan mesquiña e criminal. Leo que Il Cavaliere (soa a Calavera ou Caralavada), cuando se inteirou da morte do seu ex-amigo, co que participou en festas "bochornosas e humillantes", recorreu á ironía e ao latín para despedilo cun: SIC TRANSIT GLORIA MUNDI. Nen mais nen menos que o rei das glorias mundanas. Tamén leo que o día da execución sumaria do "ditador" libio, Obama falou con Sarkozy (alias Sarkófago), Cameron e Merkel, e que excluiu a Berlusconi, quen agora anda tolo por aparecer na foto dos vencedores. Non estaría de mais que chamaran ao tamén ex-amigo do Gaddafi, o prof-eta vesánico e apocaliptico Aznar, para sair na foto triunfal. A ser posíbel, e para que poda pasar á posteridade como unha auténtica foto de vellos amigos, que poñan por diante o espantallo ensangrentado que custodian alá (nunca mellor dito) nunha cámara de Sirte ou Misrata. Luís, se queres apontarte, xa sabes, fala con Il Cavaliere e ponte á cola con el.

Así se escrebe a historia. Así se fabrican os monstros. Así se impoñen as mentiras. Así se arman exércitos de "rebeldes". Así se bombardean povos e cidades e se ocasioan catástrofes humanitarias. Así se bañan algúns, contradicendo a Heráclito, unha e outra vez no mesmo líquido de ouro (non precisamente auga). Así é o negocio da guerra.

Así pasa a gloria do mundo. SIC TRANSIT GLORIA MUNDI. DEUS É MAIS GRANDE QUE GADDAFI.

luisnogs dijo...

Xa che dixen que concordo contigo, en todo o que dis, e sobre todo no teu último comentario. Que os políticos, e sobre todo os gobernantes son unha panda de hipócritas e déspotas, iso xa o sabemos todos. Eu non quero ir á cola detrás nin diante de Berlusconi. Nin de ningún outro. Como dixen, non quero violencia cara ninguén, sexa un gobernante ou un sátrapa. Pero volvo dicir, cando un ataca violentamente ao seu pobo, non pode esperar unha palmadiña no lombo.
Un saúdo

detective crepuscular dijo...

"Só sinto vergoña de que ningún medio de comunicación non teña criticado e denunciado este acto de barbarie", comenta con toda a razón o primeiro Anónimo. Os medios queren estar a ben cos que manexan o talonario e a maioría dos mortais, apurados pola "crise" e engaiolados pola pospoética hiperespacial que non paran de predicarnos, xa non queremos carregar co peso de tanta decepción como levamos nas costas. E xa se sabe que denunciar o que fixeron con Libia e levan feito e seguirán facendo con tantas outras Libias, é tanto como rebaixarse á condición de "esterco ideolóxico". Non obstante, sempre hai surpresas agradábeis. Eu, hoxe, por certo, levei unha ben agradábel, porque non a esperaba. Refírome ao artigo de Joan Barril en EL PERIÓDICO (coas suas duas versión, en catalán e en español), que figura na parte de abaixo. Para quen non o coñeza, aparte de entrar no Periódico para ver a sua cara, pódeme crer se lle digo que non hai en toda Catalunya unha persoa mais afábel, tranquila, bonachona, razoábel, amante da palabra ben dita e que procura en todo momento o argumento mais acaído e menos ferinte. É escritor, periodista, ten feito programas de libros na tele e agora mesmo leva un programa en Catalunya Ràdio de 21 a23 horas, que é todo un convite á reflexión e ao debate ponderado e esclarecedor. Pois Joan Barril, o mesmo, o mesmiño Joan Barril escrebe hoxe que o coronel (ese cadáver putrefacto que tantos móveis de última xerazón filmaron) non ten quen lle escreba. E tantos e tantos "progres" de outrora, "pospoéticos" agora para que non se diga que non están ao día, dándolle a saída aos avións da OTAN para que impoñan a "nosa" democracia a bombazo limpo. Mira que ben.


El coronel no tiene a nadie que le escriba
Lunes, 24 de octubre del 2011 Joan Barril

Durante unos días, los hambrientos ciudadanos de la ciudad libia de Misrata han descubierto que en sus cámaras frigoríficas había carne fresca. Y hacia allí han ido para alimentarse espiritualmente de esa sustancia amarga llamada venganza. Gadafi era el dictador que sabía demasiado y en nada convenía a Occidente un Gadafi altanero, de pie en el Tribunal Penal Internacional de La Haya contando sus pactos con algunos de sus agresores. Para eso están las multitudes airadas: para hacer el trabajo sucio del linchamiento. Ahora, ante la brutalidad de las imágenes, se pretende desarrollar la moralina de lo que se debe hacer con los sátrapas. Así, de esta manera cundirá el ejemplo en otros países insurreccionales y se inoculará el miedo en los palacios del poder omnímodo y salvaje. De paso, la OTAN quedará exculpada de la brutalidad de sus bombardeos. Porque, ya se sabe, es mucho más grave el linchamiento de un tirano que arrasar ciudades llenas de población civil. Lo de Gadafi es consecuencia de la barbarie de un pueblo por domesticar, piensan los cronistas de la City. En cambio, el bombardeo sobre la población civil se inscribe en los llamados daños colaterales.

En nombre de la libertad se han cometido no pocas atrocidades. Pero cuando los partidarios de la política prooccidental están a punto de tomar el poder deberían suscribir la hipocresía de las grandes potencias que han ido a auparlos hacia un nuevo estado de cosas. Al vencido no se le trata como un perro, sino como un cautivo justiciable. Aquellos que van a sustituir a Gadafi deberían haber preservado al tirano del linchamiento. Una cosa es una guerra ganada a partir de un derrocamiento y otra muy distinta es ofrecer el cuerpo del dictador a la soldadesca y a la curiosidad pública. Ha acabado mal el coronel de las pistolas de oro, pero peor empieza el nuevo Gobierno libio. ¿Con qué autoridad moral va a organizar la nueva Libia a sus fieles si estos han pasado de la condición de soldados a la de torpes carniceros?

ms dijo...

Tranquiliños todos, que as próximas eleccións en Libia gañaranas os islamistas moderados (quen se non?), volverase á poligamia, as mulleres seguirán vestíndose cun saco na cabeza e cun cobertor tapándolles o corpo, e as compañías sedentas de petróleo verán, por fin, as súas andorgas saciadas.

detective crepuscular dijo...

Hoxe, cuando abrín El País pola páxina 3, e vin a cara de felicidade dunha familia libia (polo menos a del, que a dela non se acaba de aprezar pola capucha que apenas lle deixa ver os ollos, pero intúese), no centro de Trípoli, e coa V da vitoria, case me veñen as bágoas (de petróleo)aos ollos e rompo a chorar da emoción líquida. Pensar que algún día lle explicarán á criatura que exiben nos brazos o valentes que foran desfacéndose da besta tiránica pola forza das suas conviccións e da xustiza da acción a queima-roupa, tiro de graza ou ollo por ollo bíblico ou coránico, que mais dá. Por favor, non me falen de poderes fácticos nen de deuses nen de relixións, esas entelequias esmagadoras da condición humana. Pois si, tornemos ao principio, á familia exemplar, a felicidade desinibida que mostran, iso supondo que a foto sex de agora mesmo e que non responda a intereses propagandísticos, cousa qu non sería de estrañar, polo menos para min, que xa non me fío de case nada (só da ficción literaria e algunhas cousas mais) e milito no escepticismo mais feroz. Non sei que pensará a parella familiar das vidas humanas e da destrución que custaron os bombardeos, exibición morbosa e descomposición do cadáver do sátrapa aparte. Respondeime se podedes, parella feliz, cuantos mortos supuxeron os oito meses de enfrontamentos e de bombardeos arbitrarios sobre a povoación? Saberémolo algún día? Algunhas fontes falan de 50.000, outras elevan o número mais alá e cífrano en 100.000. Non, nunca o saberemos, como nunca saberemos os de Irak, nen os de tantas outras partes. Os mortos non contan. Contan as caras de felicidade e os signos da vitoria, aínda que os mortos (que nunca se ven) se descompoñan nos campos da barbarie e as casas das cidades e os centros escolares e hospitalarios foran reducidos a cinza por efeito das bombas "benéficas" e "democráticas" que vos axudaron a completar a vitoria final e a desatar a euforia. Eu alégrome da vosa alegría, parella, entanto dure, claro, porque as cousas non son como comezan e non está de mais saber que cuando os focos mediáticos se aparten de vós e dirixan os seus raios luminosos a outro sátrapa ou monstro de feira doutro lugar do planeta é fácil cair na depresión e ver con outros ollos a morte e a destrución que deixaron arredor voso. Iso si, eu deixaría para sempre o cadáver do sátrapa na cámara frigorífica para a exibición pública e para que pudérades disfrutar por moitos anos da felicidade da descomposición. En fin, espero que non se nos enfade o señor dos Croques polas cousas que escrebemos. Feliz lua de mel, parella.

Perfecto Conde dijo...

O señor dos Croques non só non se enfada senón que se mostra enormemente orgulloso de contar con comentaristas tan intelixentes e sensíbeis coma os que entraron neste foro.
Confeso, ademais, que me resultaron especialmente intereantes as análisis do Detective Crepuscular. Para xente así da moito gusto escribir de vez en cando. Moitas grazas a todos.