Pero non é este o caso agora. Non fai falta volver a ler o De senectute de Ciceron ou os versos de T.S. Elliot (“Non quero oír falar/ da sabedoría dos vellos, / senón máis ben da súa loucura, / o seu medo ao temor e ao extravío, / o seu medo á posesión, / a pertencer a outro, a outros, ou a Deus.) para decatarse de que “os necios bótanlle a culpa dos seus vicios á vellez”, como lle di Catón a Escipion Emiliano e a Lelio. Ou como lle dixo Stvenson ao seu médico cando lle indicaba que debía vivir menos desordenadamente para preservar a saúde: “Doctor, sempre se morre novo”.
Xa era tempo de que en Galicia ocurrise algo verdadeiramente novedoso e acaba de pasar. Unha morea moi importante dos votantes desta terra comprendeu claramente que non se é máis novo por contar menos anos no carnet de identidade. Nin máis vello por ter nacido no ano da guerra do 36. Hai outras cousas que nos fan máis o que somos, vellos ou novos. Ademais, os que se escandalizan pola senectude de Beiras e se preocupan por que non vai vivir moitos anos para ocuparse de Galicia, o que mostran é unha supina ignorancia de que, como dixo Norberto Bobbio –outro xenial senior que morreu traballando aos 95 anos–, o limiar da vellez retrasouse case en dúas décadas nos últimos anos. “Os que escribiron sobre a vellez, empezando por Cicerón, rondaban os sesenta –sinala Bobbio no capítulo inicial da súa propia De senectute–. Hoxe sesaxenario só é vello en sentido burocrático, por chegar a idade na que xeralmente tén dereito a unha pensión. Ao octoxenario, agás excepcións, considerábaselle un vello decrépito do que non pagaba a pena ocuparse. Hoxe, porén, a vellez, non burocrática senón fisiolóxica, comenza cando un se aproxima aos oitenta”.
Curiosamente, os que tratan de afearlle a Beiras a súa idade son moitos dos que, por outra banda, non dubidan en apoiar o adiamento da idade de xubilación laboral baseándose en que subiu moito a esperanza de vida. En que quedamos? Foron moitos os anos que se perderon en falsos enfrentamentos entre seniors e juniors, cando todos deberían loitaren xuntos por unha sociedade mellor. Onda nós nunca fixo mella un proverbio africano que di que “todo vello que morre é unha biblioteca que se vai”. Á política de medio pelo que se veu facendo nas últimas décadas resultáballe máis doado quentarlle os oídos á mocidade con falsos cantos de serea, mentres que ía mandano milleiros e millóns de mozos e mozas ao paro ou á emigración.
Ao caso de Beiras podiámoslle aplicar perfectamente as palabras que escribiu Elías Canetti no seu Eloxio da vellez: “A vellez é só restricción para o que non a merece. Un merécea non retirándose do mundo, ou facéndoo na soidade para aspirar a unha forma máis estrita e esixente de logro. Isto presupón unha nova vida para cantos fracasaron, pero tamén para os que dan a sensación de que non fracasarán. Quero chamalo a cara de Jano da vellez: unha vólvese cara o vencido, a outra cara aqueles que aínda non foron derrotados, ou que se cadra nunca o serán”.
Ou como escribiu Cicerón: “As grandes cousas non se fan coas forzas físicas nin coa velocidade ou a axilidade corporal, senón con autoridade, consello e prudencia... virtudes que non lle faltan senón que enriquecen a vellez”.
5 comentarios:
A VELLEZ mais perigosa é a VELLEZ MENTAL ou A VELLEZ DE IDEAS (así como hai pensamento único, pensamento feble e demais, é hora de acuñar o PENSAMENTO VELLO) de xente como Mario Vargas Llosa, José María Aznar e Mariano Rajoy, que non hai mais que os ver na foto que publican hoxe os xornais lucindo santa compaña onte no acto da FAES. Que VELLEZ mais FAESCINANTE (non vou cair no chiste fácil de escreber FAESCISTA, como naqueles tempos arroutados e mais antes tamén9. Mariano con cara de circunstancias e os outros dous inxectados, vermellos de ira contra os nacionalistas, como se eles non o foran (os piores de todos, que por iso falan desde a unidade indestrutíbel da nación española). "... y reformar para reafirmar la supremacía de la ley como garante de nuestros derechos y como baluarte contra el TOTALITARISMO", clama, exclama, reclama, proclama o VELLO Arnar. E como gosta de aplicarlle aos demais o de TOTALITARISMO, como se non sentise vergoña por ter participado nunha das fotografías mais noxentas da historia do crime de Estado, previa á guerra contra Irak, que aínda hoxe padece o estrondo destrutivo das bombas (de destrucion masiva, por suposto). Como se ignorase ( A VELLEZ DA IGNORANCIA) que o asociacionismo, a cultura cívica e o xogo coral (o mesmo que pratican no céspede Xavi e compañía) dos catalán nada ten a ver co Totalitarismo. Qué OUSADIA MAIS VELLA brandir o fantasma do TOTALITARISMO para ameazar, para xustificar a barbarie. Claro que Vargas Llosa (cada día dá mais noxo este Nobel tan pouco Noble coa dignidade dos povos que o único que queren é escoller o seu destino con total liberdade) non se queda atrás. "El gran enemigo de la libertad de nuestro tiempo es el NACIONALISMO. Una vieja ideología que periódicamente renace sobre todo aprovechando los momentos de crisis, que atrae a los nostálgicos del FASCISMO y del COMUNISMO". Pero que di este, el que viviu en Barcelona e sabe que o que di é unha das grandes mentiras ás que os VELLOS BOMBARDEIROS DA UNAGRANDEYLIBRE nos teñen acostumados. Xa temos falado tanto do autor de LA CIUDAD Y LOS PERROS, que o único que lle desexamos é que lle sigan dando mais premios, para logo podelos expor na sede da FAES en forma de dialéctica incendiaria. Un caso perdido, un Nobel na esteira de Cela. Menos mal que por un día se esqueceron de citar o NAZISMO, ou polo menos eu non teño noticia. TOTALITARISMO, FASCISMO, NAZISMO, COMUNISMO, termos aos que a caverna é adicta. Sen deixar de lado ao gran bufón Boadella, que tamén dixo a sua e sumouse á festa bélico-orgásmica que últimamente padecemos. Dixo o entusiasta funcionario do nacionalismo español, por mais que el goste de autotitularse "francotirador", sobre a intervención militar contra Catalunya: "A ellos les gustaría mucho, no hay que darles este placer. Solamente un tanque asomando por Lleida, les provocaría un ORGASMO general". Outro que tal baila, cualificando de "paranoica" á sociedade catalana e o referéndum de "burla de la democracia". Que pouca gracia ten este homiño, el que se cré tan irónico e bromista e chistoso e provocador. O que teña paciencia que se poña a ler na Vanguardia as case 600 respostas desencadeadas polas suas palabras. Eu lin algunhas e unha fala da gran diferencia con Rubianes. Pois si, a Rubianes adorábano, adórano, adorábamolo, adorámolo. Eu estiven no tanatorio e vino no cadaleito cun libro de García Lorca. Non sei o libro que lle porán ao VELLO Boadella cuando pase polo cadaleito. Un de Franco-tirador non lle estaría mal. Xa sei que é un chiste vulgar, mais ou menos como os del. Iso si, Rubalcaba e Navarro descualifiquen públicamente á eurodiputada Maria Badia do PSC por firmar a carta... Pero isto xa sería para falar no blog de Fermín Bouza. "La prudència no ens ha de fer muts", reafirmouse a eurodiputada contra o oficialismo rubalcabresco. En fin.
P.D.1. Don Perfeuto, últimamente anda algo PARANOICO. Suspeito que os meus ORGASMOS son TOTALITARIOS.
P.D.2. Non hai pior cousa que o PENSAMENTO VELLO.
fraga iribarne, beiras.....¿gerontocracia a la gallega?
Quando eu era novo, também eu sou velho, a imprensa falava maravilhas do chanceler alemão Conrad Adenauer que ostentava esse cargo com bem mais anos que Beiras. Que passa, a direita tem bula? Senhor Anónimo: como comparar Fraga com Beiras, já não lembra quando começava a chorar -lágrimas de crocodilo- dando um discurso? Fraga estava senil e Beiras tem uma lucidez que já quisessem muito, isso é o que conta
Bueno, bueno... Fraga estaba senil a los ochenta y tantos, no antes. Habrá que ver como estará el Sr. Beiras a esa misma edad. Que, a la que tiene, ya dice algunas barbaridades que podrían considerarse pre-seniles. Sólo vemos lo que queremos ver, como siempre.
Não há como o anonimato para dizer parvoíces
Publicar un comentario