martes, octubre 16, 2012

Beiras e Milton Friedman

Diciamos, cando eu era mozo, que a política económica preconizada por Milton Friedman, pai do liberalismo salvaxe que nos golpea nos nosos días, mataba máis ca guerra de Vietnam, e era esencialmente verdade. Non só lle custou a vida a Salvador Allende en Chile senón que conduciu á fame e á desasistencia social –á morte, en defintiiva– a millóns de persoas en todo o mundo.
Comprendo que Alberto Núñez Feijóo se desguste polas manifestacións de Xosé Manuel Beiras cando dixo en Lugo que a política do popular pode matar máis ca calquera grupo terrorista español. A ninguén lle gusta que lle poñan a cara colorada, pero entendo menos aos que se escandalizan pola palabras do nacionalista e falan de insultos intolerábeis. Unha cousa son os insultos é outra a descripción das cousas. É dicir, o chamar as cousas polo seu nome
Polo camiño que imos, cara o empobrecemento radical das clases baixas galegas e españolas, a desprotección social e o abandono de dereitos fundamentais, a política económica que se está levando a cabo no país en na maior parte de Europa pode acabar facendo moitas máis vítimas, mesmo mortais, que calquera dos chamados grupos terrorristas que operaron e aínda operan no noso ámbito mundial. Outra cousa é que non se queira ver a realidade tal como é. E xa se sabe que non hai pior cego que o que non quere ver.

VER ENTREVISTA CON BEIRAS EN VOZTV AQUÍ

4 comentarios:

Xosemanuel Galdo - Fonte dijo...

A CAÍDA DOS FURTIVOS
Non é de estrañar, que a fidelidade nos grandes partidos esborrállese en plena campaña electoral, que os electores frustrados abandonen a habitual tendencia polo bipartidismo, apostando alternativamente por outras formacións políticas mais combativas e preocupadas polo cotián.
http://galdo-fonte-xm.blogspot.com.es/

Anónimo dijo...

Pode que o liberalismo teña moitos mortos na súa conciencia mais non hai comparanza posíbel cos mortos de fame do comunismo: Ucrania, URSS, Corea do Norte, a China do Grande Salto Adiante...o dito. Nin comparanza posíbel...

Anónimo dijo...

Se cadra, é que non se trata dunha competición.

Anónimo dijo...

¿ El hambre como arma de los políticos? De eso sabía mucho Stalin, de la hambruna en Ucrania. Es imposible entender como el comunismo se niega sistemáticamente a asumir sus errores.IMPOSIBLE.