lunes, octubre 22, 2012

Non hai nada que celebrar


Non hai nada que celebrar. Galicia segue a ser o que era, quizais o que foi sempre dende hai séculos: un país masoquista que lle gusta que lle zorreguen no lombo sistematicamente. Só así se comprende que, ao suplicio social, cultural e político que nos está impondo o goberno da dereita máis incivilizada de Europa, a maioría dos galegos responda, unha e outra vez, cun me va, me va de maravilla.
Dá igual que precaricen a sanidade, estraguen o ensino, boten abaixo o benestar, desprecen o idioma e a cultura que nos son máis propios, ofendan a soberanía ou boten a perder a economía. Castelao segue vixente: mexan por nós e dicimos que é chuvia o que está caendo.
E que non me veñan coa leria de que o PP perdeu 150.000 votos ou que Beiras tivo un éxito de campionato. Un éxito de campionato zorregado nas costas do BNG e do PSOE. E para que serve? Para que o celebre La Voz de Galicia de momento. E para que pensemos que o Ave Fenix sempre renace das súas propias cinzas. Vaia consolo! Se non fose porque xa non estamos na idade e porque a emigración xa non é voluntaria, senón que volve a ser algo imposto pola necesidade, era para coller a maleta e prantarse en Buenos Aires, en París, en Caracas ou no medio da Amazonia. A min ata me podían valer Bilbao ou Barcelona.

14 comentarios:

Anónimo dijo...

felipe estaba cómodo con fraga iribarne como líder de la oposición; feijóo, encantado con que beiras sea el líder de la oposición(?).......

Anónimo dijo...

Eis o resultado de termos uns medios de comunicación ultraconservadores, unha Xustiza que xoga ao Pokemon cando lle cumpre ao PP, uha intelligentzia de "baratillo" e unha clase política alienada e corrompida. Galicia é a Italia de Berlusconi.

Anónimo dijo...

Bo resumo. Viva a merda!
Ramiro Cartelle

Anónimo dijo...

Ao anónimo das 9:33h.
Non será máis exacto que Feijóo estivo cómodo con PSdeG y BNG esta lexislatura?.
O que fixeron os galegos, en troques de cambiar o Goberno, foi cambiaron a oposición. Mágoa que non fixeran as dúas cousas, pero culpar delo a Beiras é seguir sin entender nada.

detective crepuscular dijo...

Eu confeso que apenas seguín estas nosas eleicións (hai tempo que observo a política de Nós desde lonxe e de esguello, e mais esta fin de semana que estiven fóra) e que xa me farta ter que recorrer ás mesmas palabras de sempre para explicar o que polo menos para min xa ten pouca explicación. Son tantos os anos e tantas as eleicións vividas ou desvividas, andadas ou desandadas, que un xa non ten nen ganas de expresar a sua indignación nen de indagar nos fondos de reserva mitolóxicos que nos sustentan, que sustentan ao partido das maiorías silenciosas de Rajoy. Unha vez mais é como se escoitáramos aquel coro valleinclanesco que nos persegue como un abesouro desde que somos ou deixamos de ser: NON QUEREMOS PERDER O POUCO (OU MOITO) QUE TEMOS VOTANDO A ALGUÉN DIFERENTE DO QUE VOTAMOS SEMPRE E AO QUE PENSAMOS SEGUIR VOTANDO SEMPRE PORQUE NOS VEMOS RAZÓN PARA DEIXAR DE FACELO E PORQUE ARRISCARSE A VOTAR AOS OUTROS É COMO TRAIZOAR AQUILO QUE NOS É PROPIO E FUNDAMENTA. Pois claro que si, para que arriscarse a perder o pouco (ou moito) que temos en aventuras extramatrimoniais que non levan a nengures. Faime gracia, por non dicer outra cousa, cuando denuncian O CARREXO DE VELLOS E VELLAS E NON TAN VELLOS NEN VELLAS PARA VOTAREN A QUEN HAI QUE VOTAR, cuando o que debera preocuparnos é O CARREXO MENTAL OU IDEOLÓXICO que finca as suas raíces no fondo dos tempos. Non fai falta que os "carrexen" físicamente, que xa saben ben eles e elas cual é a papeleta que mellor os representa e serve os seus intereses. Bueno carallo bueno.

Crepúsculo detectivesco dijo...

A política de Nos desde lonxe e de esguello... Así calquera!

Anónimo dijo...

Pódese dicir máis alto pero non mellor. Identifícome plenamente e só podo lamentar os anos perdidos e traballados aquí. E o que me doe non é a dereita, é a esquerda. Doeume cando deixou caer o bipartito (que, polo visto fora malísimo, malísimo......) e agora cando se divide, se absten ou vota en branco ou cando pensa que Beiras pode ser o novo líder, un home de case 80 anos!.
Acabouse. Toca jodernos todos (por desgraza) e por décadas e décadas. Hai dereita para rato (pero que divertido é manifestarse).

Anónimo dijo...

No Diccionario de la Real Academia Española aparece "gallego" como sinónimo de tonto. Agora ademais xa empezamos a ser coñecidos no estranxeiro, nomeadamente no mundo anglosaxón. Grazas a Rajoy xa saben os europeos que os galegos nin subimos nin baixamos e que Franco tamén era galego.
E aínda máis, agora tamén seremos coñecidos como o único pobo que vota masivamente (acrecenta mesmo o seu apoio) ao goberno que está a xestionar a crise (e que por riba a xestiona mal: sobe o paro, o déficit....). Creo que a imaxe "galego/a" non é algo que venda e que o mellor é escondela.

ms dijo...

Queridos muchachos grispálidos,

Non paseen o seu resentimento polos recantos.

Aconséllolles facer o que nos recomenda XM Caneiro no seu tuítere. Nada de emigrar. O que hai que facer é o que fixo el: ler, estudar, madurar, ser máis humide, e dar grazas a Deus por darnos a Feijoo e a Mariano. Miren, se non me cren, onde chegou este muchacho. Aí o teñen: un postiño en LVG, outro na Radio Galega...

Anónimo dijo...


¡Beiras, un home de casi 80 anos¡.

Que este sexa un argumento descalifica a quen o esgrime. Que teña que "imprecisar" co dos 80 indica que non hay moita confianza no argumento. Ten 76 anos, 4 menos que 80, como se tivera 84, ¿E qué?. ¿Qué se quere decir cando se fai referencia a idade?. ¿Que tivo máis tempo para formarse? ¿Que ten máis experiencia?. ¿Ou que con esa idade non pode nen opinar, moito menos presentarse ás eleccións?. ¿Qué vai pensar ese memo (retire o propietario da páxina este insulto) cando el chegue aos 80?. Xa postos, podíamos non só impedir que se presentasen, tamén quitarlles o dereito a voto. Varela ou Sampedro son exemplos tan próximos (hai milleiros) que cando estou escribindo esto danme ganas de borralo e non contestar, pero xa que fixen o esforzo...: Por favor, ¡un mínimo de decencia intelectual cando se escrebe para que lean outros¡. O contrario son as pallas mentais. Ahí, cada quen co seu carallo.

Maria dijo...

Beiras aínda ha dar moita guerra mais ca moitos mozos que só saben queixarse a absterse.
Unha aperta para tod@s

Anónimo dijo...

Malia que o bipartito Psoe-Bloque o fixo realmente mal, cando tivo oportunidade de facelo mellor, non entendo as 41 ganancias do PP, sobre todo no medio rural, onde aos gandeiros galegos a industria transformadora lles paga só 28 céntimos polo litro do seu leite, o prezo máis baixo de España e de Europa.

Anónimo dijo...

E dalle co que o Bipartito o fixo mal. Pense un pouquiño: tivemos en Galiza algún goberno mellor? Se é así podería dicirme cal?. Foron mellores os de Fraga? e o de Feijóo?.
Esta é a visión que difundiu a "Voz" e outros medios. Está moi ben para o PP, pero que a esquerda a asuma é de tontos, tontos, tontos. Con difrerencia, o Bipartito foi o mellor goberno que tivemos nunca en Galicia....

Anónimo dijo...

fernando gonzález laxe....¿quizá el mejor presidente de la xunta de galicia?