lunes, junio 06, 2011
miércoles, junio 01, 2011
Deus créaos e eles xúntanse
De vez en cando hai que ler El Correo Gallego. Hoxe, por exemplo, para enterarse de que Nupel fichou un alto cargo de Industria do bipartito. Trátase de Xoán Manuel Bazarra, agora xerente da empresa de Xurxo Dorribo en Andorra e anteriormente xefe do gabinete do daquela conselleiro de Industria e dirixente nacionalista Fernando Blanco.Que casualidade, ademais, que Fernando Blanco fose bastante frecuentador da compañía do empresario lugués agora detido, con visitas á sede da súa empresa no Ceao, participación nalgún dos saraos organizados polo empreario e copartícipe das súas copas noturnas por pubs e bares da cidade amurallada. A min sempre me pareceu que Blanco, político máis ligado á UPG que a outra cousa, é dicir, teoricamente preto do radicalismo de esquerdas, non era máis ca un desclasado que nunha das súas enésimas vidas lle encataría ser conde das forzas eléctricas do noroeste, por exemplo. Habería que debullar o seu paso polo goberno bipartito, eólicas incluídas, para decatarse de se levo razón ou non no que estou dicindo.
O asunto de Lugo, ou sexa, o caso do empresario Dorribo, está aínda sen coñecerse en todas as súas circunstancias e consecuencias. Empezou sendo unha simple investigación de Vixianza Aduaneira sobre un suposto caso de lavado de diñeiro do narcotráfico e veremos onde vai parar. E, por certo, o lavadoiro de diñeiro negro vixiado ocupa unha instalación comercial de Vilaxoán sobre a que as distintas afministracións galegas (local e autonómica) levan facendo a vista gorda dende hai moitos anos. É outro dos aspectos curiosos do caso Dorribo (Colombia mar polo medio).
jueves, mayo 26, 2011
A camisa de once varas de Conde Roa
Algún teñen demasiada presa en meterse en camisas de once varas. Xerardo Conde Roa, por agora só candidato electo á Alcaldía de Santiago, anda tras do delegado xeral do Goberno en Galicia, Miguel Cortizo, para ver como se poden botar da praza do Obradoiro os acampados do 15M. Di Conde Roa que non é de recibo que un turista procedente de Francia, América do Norte, Italia ou Aranxuez poda comprar un billete para ver unha das mellores prazas do mundo e pensar que vai ser unha marabilla e chegar aquí e ver o que hai.A este aínda só candidadato electo do PP empézanselle a ver os pelos das orellas. Parece que ten demasiada presa en presentarse como o futuro Rudolph Giuliani dunha Compostela que ten ben pouco que ver con Nova York. Non pasou unha semana das eleccións e xa está o futuro alcalde dando que falar só por dúas cousas: botar os acampados do Obradoiro e deixar a Sala Nasa sen un can de subvención municipal. É a súa maneira de tirarse ao Sar, que por certo aínda non se lle ocorriu nada para descontaminalo. Como siga así vai rematar esixindo certificado de boa conduta expedido polo comandante do posto da Garda Civil e polo cura da parroquia para tomar as copas na Raíña, que no Franco xa só as toman os guiris.
miércoles, mayo 25, 2011
Principios éticos
Xa empezamos. A borracheira de poder derivada das eleccións do domingo pasado non se fixo esperar. Agora resulta que ao presidente da Xunta, segundo acaba de dicir no Parlamento, abóndalle cos principios éticos que lle deron os votos. Como se as urnas estivesen precisamente cheas de ética, estética e dietética. É case textualmente o que ven dicindo Berlusconi dende que deixou de ser un modesto vocalista de orquesta para converterse no novo duce italiano.Alberto Núñez Feijóo quizais debería tentar de ofrecernos algo máis de proteína democrática e menos comida chatarra para os próximos tempos da nosa dificil dixestión política, económica e social. Polo visto, non precisa de "principios éticos e de supremacía moral". Abóndalle "cos principios éticos e a supremacía moral que" que lle dan "os galegos cos seus votos".
É bo saber todo isto cando está chovendo a que está chovendo cunha alta autoridade económica do seu goberno metida no trullo por unha zuíza de Lugo e unha reata de empresarios supostamente sen escrúpulos collidos coa man na masa de facer da Galicia dos nosos días a Sicilia máis trapanesa (da provincia de Trapani quero dicir). Algúns diciámolo hai case trinta anos e chamáronos tolos. Agora pásanos o que nos pasa. Só nos falta a lupara para sermos sicilianos (no mal sentido da palabra) con denomicación de orixe e, coa cantidade de ferreiros que aínda segue habendo nesta terra, non me extrañaría nada que xa ande alguén recortando os canos das escopetas. Veremos se daquela Feijóo segue pensando que lle sobran os principios éticos.
lunes, mayo 16, 2011
Viaxe á Sicilia Occidental (3): Castellammare del Golfo
Logo de pasear polas vilas de Salvatore Giuliano e Pepino Impastato (Montelepre e Cinisi, respectivamente), chegamos a Castellammare del Golfo, na costa noroccidental de Sicilia, unha cidade que paga a pena visitar e que está chea de lembranzas históricas e de connotacións contemporáneas.
Polo seu antigo, pero modernizado, porto saíron para América milleiros de sicilianos que foron buscar futuro nos Estados Unidos, en Arxentina e noutros lugares. Por el tamén entraron e saíron mercancías prohibidas coma heroína e a cocaína coas que traficaron distintas familias de Cosa Nostra, particularmente a de Gaetano Badalamenti. Castellammare del Golfo sempre foi, e aínda é, unha base importante das operacións internacionais da mafia siciliana, moi conectada cos negocios turbios e a delincuencia organizada desenvolvidos nos Estados Unidos.
Hoxe, porén, é unha cidade tranquila na que dá gusto perderse polo seu casco antigo e pasear sen rumbo polo porto, recentemente remodelado con obras nas que participaron intensamente contratistas ligados á mafia. Precisamente neste porto, case cos pés mollándose na auga, está un dos mellores restaurantes da contorna, La Cambusa. Bó lugar para comer peixe fresco e marisco, pero tamén algunha pasta.
Polo seu antigo, pero modernizado, porto saíron para América milleiros de sicilianos que foron buscar futuro nos Estados Unidos, en Arxentina e noutros lugares. Por el tamén entraron e saíron mercancías prohibidas coma heroína e a cocaína coas que traficaron distintas familias de Cosa Nostra, particularmente a de Gaetano Badalamenti. Castellammare del Golfo sempre foi, e aínda é, unha base importante das operacións internacionais da mafia siciliana, moi conectada cos negocios turbios e a delincuencia organizada desenvolvidos nos Estados Unidos.
Hoxe, porén, é unha cidade tranquila na que dá gusto perderse polo seu casco antigo e pasear sen rumbo polo porto, recentemente remodelado con obras nas que participaron intensamente contratistas ligados á mafia. Precisamente neste porto, case cos pés mollándose na auga, está un dos mellores restaurantes da contorna, La Cambusa. Bó lugar para comer peixe fresco e marisco, pero tamén algunha pasta.
sábado, mayo 14, 2011
Viaxe á Sicilia Occidental (2): Salvatore Giuliano
Na vila de Montelepre fican aínda algúns parentes e antigos amigos de Salvatore Giuliano que manteñen viva a memoria do inquietante personaxe siciliano que lle apretou as caravillas ás forzas da orde pública da Italia dos anos corenta. Mariana Giuliano, a irmá que acompañou o célebre bandido en parte das súas aventuras guerrilleiras e políticas, xa morreu e agora o seu fillo, Giuseppe Sciortino Giuliano –co que escribiu un lbro titulado Mio Fratello, Salvatore Giuliano (Arnone Editore, Palermo 1987)– rexenta en Montelepre un hotel-restaurante (Il Castello di Giuliano) e un museo instalado na casa natal do bandido.
A figura de Salvatore Giuliano está sendo de novo revisada por historiadores e mesmo por autoridades forenses e xudiciais. A partir de certas probas aportadas polo historiador Giuseppe Casarrubea, fillo dun comunista que foi asasinado en Partinico pola banda de Giuliano, o fiscal antimafia de Palermo, Antonio Ingroia, ordenou exhumar o cadáver que está enterrado no panteón familiar de Montelepre (fotografía do post anterior) para levar a cabo as correspondetes probas de ADN ante a sospeita de que pode que non sexa o corpo de Giuliano o que foi sepultado nese lugar cando se dixo que foi abatido polos Carabinieri en Castelvetrano (Trapani) o 5 de xullo de 1950.
A versión oficial aínda segue sendo que morreu nun batida efectuada por un grupo de carabinieri dirixidos polo capitán Antonio Perenze cando se atopaba oculto na casa do avogado de Castelvetrano Gregorio di Maria, recentemente falecido. De feito esta é a hipótes que manexou Francesco Rosi para facer a súa excelente película Salvatore Giuliano estrenada en 1961, e tamén aparece reflexada na novela de Mario Puzo Il Siciliano, que deu orixe a unha película homónima.En realidade, nunca se escrareceron os lindeiros dunha personalidade tan inquietante como foi a de Salvatore Giuliano, un activista que se tirou ao monte cando matou a un carabiniere que lle quitou a mercancía que levaba ao lombo dun mulo para facer contrabando. Durante os dez anos que loitou dende as montañas da Sicilia Occidental mostrouse case simultaneamente como un vulgar bandido, como líder do independentismo siciliano e como un aplicadísimo compañeiro de viaxe do máis primario anticomunismo que fragaron na década dos corenta do pasado século as forzas aliadas dos Estados unidos e do Reino Unido, a mafia siciliana e a Democracia Cristiana italiana.
Nesta última dirección, Giuliano aparece mezclado na horrosa matanza de Portella della Ginestra, perpetrada o 1 de maio de 1947 nun lugar case paradisíaco que aínda hoxe extremece visitalo, preto de Corleone, cando se chega alí, como me pasou a min, nunha tardiña na que a montaña aparece totalmente cuberta pola néboa. Xuntáranse ali varios centos de campesiños da zona e obreiros chegados dende Palermo e outros lugares cos seus líderes políticos e sindicais para celebraren o recente trunfo electoral acadado en Italia polo chamado Blocco del Popolo, oficialmente Fronte Democratico Popolare per la libertà, la pace e il lavoro, unha coalición de esquerdas constituída o 28 de decemrbo de 1947 polo Partido Comunista Italiano e o Partido Socialista Italiano. De repente, foron atacados a tiros de metralleta co resultado de 11 mortos e 27 feridos. Entre os atacantes estaban Salvatore Giuliano e parte dos seus homes. Giuliano sostivo despois que nin el nin ninguén da súa banda disparou a matar senón que foron mafiosos de San Giuseppe de Jato os que efectuaron a matanza. El, segundo deixou dito por escrito, fora alí para secuestrar o líder comunista de Sicilia, Girolamo Li Causi, porque se consideraba traizoado por el no incumprimento de supostos pactos destinados a favorecer o independetismo siciliano.De feito, Giuliano foi xefe co grado de coronel dun Esercito Volontario per l’Indipendenza della Sicilia (EVIS) e fundou un Movimento per l’Anessione della Sicilia alla Confederazione Americana (MASCA), que o levou a escribirlle unha carta ao presdente de Estados Unidos daquel tempo, Harry S. Truman, pedíndolle que convertise Sicilia nun Estado máis da USA. Todo isto acontecía cando xa era un personaxe internacional co que buscaban entrevistas xornalistas e publicacións de varias partes do mundo. Foi entrevistado, por exemplo, en maio de 1947, por Michael Stern, correspondente en Italia de True Magazine, que pasou unha semana con el nas montañas de Montelepre, acompañado por unha muller española. Stern fora capitán do Exército de Estados Unidos na Segunda Guerra Mundial e colaboraba coa CIA, que aínda se cahamaba daquela Office Strategy Services (OSS). Tamén o entrevistaron con gran éxito a xornalista sueca María Tecla Cyliakus ou os italianos Jacopo Rizza, Ivo Mondolesi e D’Ambrosio. Giuliano ata recibía cartas de admiración enviadas pola filla do ditador español, Carmencita Franco.
Que foi, en definitiva, Salvatore Giuliano? Un simple bandido? Un loitador pola independenza da súa terra? Un Robin Hood siciliano que tiraba dos ricos o que lle permitía favorecer os pobres? Un fascista? Unha vítima dos crimes de Estado cometidos pola Italia que estivo gobernada durante 50 anos pola Democracia Cristiana? Quizais unha mezcla de todo. En todo caso, un mito do que nin sequera se sabe con certeza se foi a el a quen mataron naquel verán de 1950. Hai quen di que foi levado en segredo aos Estados Unidos e que faleceu en Canadá hai pouco tempo. Se cadra se acaba sabendo o que pasou con el cando, no ano 2016, presciba o segredo oficial que tapa hoxe o seu caso.
viernes, mayo 13, 2011
Viaxe á Sicilia Occidental (1): Montelepre e Cinisi
Cinco de abril de 211, aterrizo en Punta Raisi (Palermo) no voo VY 6600 (Vueling) procedente de Bareclona ás 11,30 horas. Diríxome inmediatemnte ás oficinas de Budget para recoller o Fiat Punto que alugara previamente. A continuación, instálome no próximo Palm Beach Hotel de Cinici ( a dez quilómetros de distancia) para pasar a primeira noite. Comemos magnificamente nun restarurante que nos recomendan no hotel e, acto seguido, marcámoslle ao GPS a dirección de Montelepre, que está a vinte quilómetros. Como primeira visita quero coñecer o pobo onde naceu e desenvolveu principalmente a súa actividade o “bandido” Salvatore Giuliano, un auténtico mito siciliano que mestura a condición de rebelde independentista coa condición oficial de simple “fora da lei”.
A primeira sorpresa é que se trata dun pobo precioso á beira das montañas que no seu día abeiraron as actividades do famoso guerrilleiro. Fai calor. Case non hai ninguén pola rúa. Finalmente falo cun sobriño segundo de Giuliano, fillo de Giuseppe Scortino Giuliano, o home que segue empeñado en reivindicar a figura do seu antepasado e que agora é o único descendente seu capaz de contar cousas en primeira persoa de todo o que aconteceu co “bandido”. Como non teño tempo de agardar por el, prométolle repetir algún día a visita para falarmos con detalle.
Regresamos a Cinisi, agora mesmo unha mestura de aldea e vila turística atormentada pola folga de recollida de basuras que fai dalgunha das súas rúas unha especie de vertedoiro incontrolado de lixo que procura os piores cheiros. Na terraza do hotel, mirando unha das beiras do golfo de Castellammare, lémbrome de Pepìno Impastato, aquela vítima da mafia que foi asasinado no ano 1963. Pepino era el mesmo fillo dun mafioso, pero home de esquerdas e consciente dos problemas do seu país, montou unha emisora de radio para denunciar as cacicadas da súa terra, entre outras a construccción do actual aeroporto de Palermo. Custoulle a vida. Mandárono matar os daquela capi da zona, a familia Badalamentí, que son precisamente os sicilianos que estabreceron os primeiros contactos co mundo do contraando e logo do narcotráfico galego. Os Badalamenti (no seu día protexidos por un inescrupoloso xuíz galego da Audiencia Nacional) caíron en desgraza dentro da mafia siciliana do célebre Totó Riina e remataron nos cárceres e nos negocios dos Estados Unidos.
Hoxe Cinisi é unha vila turística aparentemente tranquila na que conviven os restos da mafia cos habitantes que están comprometidos coa reivindicación da figura de Pepino Impastato. No momento de escribir eu estas liñas os primeiros están precisamente celebrando a figura histórica de Impastato, 48 anos despois do seu asasinato. Teño que volver por alí. Aínda que sexa só por comer algunha das naranxas que se poden apañar do chan paseando pola rúa principal da vila, o Corso Umberto, precisamente onde están a casa natal de Impastato (hoxe un centro cultural sobre a súa memoria) e, a cento passi, (célebre película sobre a súa figura) a casa que foi dos Badalamenti (embargada hai pouco tempo polas autoridades antimafia).
NB.–Un importante contratempo sucedido nos servidores de Blogger fixo desaparecer este post durante 24 horas e, con el, tamén foron dar á papeleira os comentarios presentados por algúns lectores, que agora eu non podo recuperar. Se alguén quere repetilos, serán recibidos con gran pracer. Excusen as molestias.
miércoles, marzo 30, 2011
Berlusconadas
Non hai como ser rico e gobernante ao mesmo tempo. O primeiro ministro italiano, Silvio Berlusconi, visitou na mañá de hoxe a illa de Lampedusa, onde se amontoaban máis de 7.000 inmigrantes procedentes de varios países de África –entre eles, libios que fuxiron da guerra–, e matou dous paxaros dun tiro: anunciou o inmediato traslado dos africanos a varios puntos e Italia e aproveitou para mercar unha nova casa de veraneo.
Os habitantes da illa levaban varios días protestando pola difícil situación que atravesaban debido á constante chegada de inmigrantes clandestinos, e Berlusconi anuncioulles que, entre 48 e 60 horas, “Lampedusa serà habitata solo dai lamedusani”, unha curiosa maneira de implantar unha vella teoría política que fixo época en América, aquí traducida por Lampedusa para os lampedusanos.
Co cavaliere chegaron á illa sete grandes barcos que van transportar nas próximas horas todos os inmigrantes que malvivían en Lampedusa despois de arribar alí en condicións lamentábeis a bordo de embarcacións clandestinas. Agora serán repartidos por varios puntos de Italia, algúns deles na propia Sicilia (en Trapani, por exemplo). A escasez de auga e de alimentos e os problemas de seguridade que estaban empezando a crearse fixeron insostíbel a súa permamencia na illa da súa chegada a Europa.
Berlusconi tamén lles anunciou aos illeiros que vai propoñer que lle concedan o Premio Nobel da Paz á illa de Lampedusa e que trazará un plan para darlle á iilla unha “moratoria fiscale, previdenziale e bancaria” destinada a transformala nunha “zona franca”. Véxase por onde a guerra de Libia aínda vai rematar servindo para o estabrecemento dun novo paraíso fiscal no Mediterráneo.
Por de pronto, o propio Silvio Berlusconi xa comprou unha nova casa de veraneo (a que aparece na fotografía), situada –como non– nun dos lugares máis fermosos da illa, en Cala Francese, coa casa de campo a só dez metros do mar. Pagou por ela algo menos de dous millóns de euros. O que non dixo Berlusconi é se tamén vai levar alí as velinas que levou á luxosa mansión que ten o primeiro ministro italiano na Costa Esmeralda da illa de Sardeña.
Como todo siga así, entre Tomahawks (míseis) de case un millón de euros por cabeza e casas de campo mediterráneas para gobernantes coma Berlusconi, a guerra de Libia vai saír por un ollo da cara (de moi cara polo menos).
miércoles, marzo 23, 2011
A nube radioactiva xa está enriba de nós
Estamos a vivir circunstancias sociais e políticas de gran importancia nivel mundial. A guerra de Libia vai camiño de converterse nun conflito de gran envergadura do que ninguén sabe como se vai sair. O presidente francés, Nicolas Sarkozy, novo cowboy do belicismo internacional, ata o punto de que xa está despertando preocupación en Estados Unidos, meteunos nunha geurra de Gila que está empezando a por en dúbida se sirve para salvar vidas ou para aumentar o número de mortos en Libia.
E o caso é que, mentres tanto, estamos empezando a esquencernos da traxedia de Xapón. Precisamente hoxe, mércores, 23 de abril, está pasando sobre as nosas cabezas a nube radioactiva que saiu da central nuclear de Fukushima. Se lle facemos caso a Axencia de Seguridade Nuclear (ASN) francesa e a Comisión de Investigación e Información Independentes, tamén de Francia, o perigo de que poda haber caídas radioactivas é a priori despreciábel e non haberá “ningunha consecuencia” sobre a saúde. Polo menos en Francia informan todos os días sobre este particular. Aquí ninguén nos di nada. Pois eu, que queren que lles diga, cando ás sete da mañá de hoxe vin que chovía copiosamente, non puiden evitar pensar en que podía estar facendo na terra esa chuvia.
Esta mañá tamén falei, como procuro facer a miudo, cos meus amigos de Tokio, que están cada vez máis preocupados. Xa non poden utilizar a auga que chega ás súas casas polos grifos porque está cada vez máis contaminada por elementos radioctivos. Xente que non pensara ata agora en abandonar a capital xaponesa empeza a considerar a necesidade de facelo. Agora están alí nas vacacións de primavera e non hai clase, por exemplo, ata o 6 de abril. Os transportes públicos de Tokio, que normalmente funcionan constantemente, agora, tanto no Metro como no tren, só funcionan cada 15 ou 20 minutos. A vida segue sendo case normal, pero nos comercios escasean ou non existen xa o leite e as verduras.
A embaixada de España en Xapón, que desenvolve o seu traballo con algo máis de cen persoas, xa trasladou máis dunha quinta parte delas a Osaka, 500 quilómetros ao sur de Tokio. A a forte chuvia caída en Tokio na última noite causou gran preocupación entre a poboación polas consecuencias radioactivas que pode conlevar.
Quen nos ía dicir que tiñamos que vivir unha primavera coma que estamos empezando.
martes, marzo 22, 2011
Hai só cinco meses, Sarkozy vendíalle centrais nucleares a Gaddafi
Nicolas Sarkozy, actual señor da guerra que se propuxo rematar co réxime de Moammar al Gaddafi, tal día coma hoxe de hai cinco meses, o 21 de outubro de 2010, estaba negociando co goberno de Trípoli a venda de centrais nucleares ao mesmo réxime que agora pasou a ser o seu pior inimigo.Nesa data, o daquela ministro de Industria de Sarkozy, Christian Estrosi, estivo de visita oficial en Trípoli e asinou co ministro de Industria e Transportes de Libia un acordo de colaboración comercial que debía “conlevar a unha cooperación estratéxica no canto de transporte, sanidade, construcción, hidrocarburos e enerxía nuclear civil”, segundo informou naquela altura a axencia Reuters. Agora, ao ser consultado polo xornal Libération, o actual alcalde Niza, Christian Estrosi, que no ministerio francés de Industria foi substituído por Eric Besson, sostén que foi a Libia para “entregarlle un Airbus á compañía Air Libya, cunha delegación de representantes de grandes empresas, sobre todo de Suez Environement, Thales, GDF-Suez e Airbus”.
O caso é que, hai só cinco meses, o goberno francés estaba cooperando co goberno de Gaddafi en materias que comprendían o uso civil da enerxía nuclear, campo no que Francia é un dos tres primeiros lugares do mundo tanto en implantación de centrais como no desevolvemento de tecnoloxías nucleares. Isto é algo que nin sequera desmentiu Estrosi cando foi consultado nas últimas horas por Libération: “Non era máis ca un estudio –respondeu–. Os nosos grupos franceses estaban competindo con outros grandes grupos estranxeiros”.
Faltaba pouco para que empezasen as revoltas árabes, para que comenzase a guerra de Libia e para que acontecese o desastre nuclear de Xapón, pero xa antes, no ano 2007, a multinacional francesa Areva e o goberno de París intentaron venderlle a Libia un reactor nuclear, oficialmente destinado a desalinizar a auga do mar para producir auga potábel, algo que foi denunciado por Bakchich.info. De feito, Anne Lauvergeon, presidenta de Areva, respondendo diante da Comisión que investigou as condicións de liberación dun grupo de enfermeiras búlgaras en novembro de 2007, manifestou que o reactor que lle podía ser vendido a Libia non sería destinado unicamente a desalinizar auga do mar senón tamén a producir electricidade.
Moralexa, de amigos inimigos en menos do que canta un galo. Mellor dito, un galo e un fanfurriñeiro: Sarkozy e Gaddafi.
A guerra de Gila
O de Libia é unha guerra entre dous franceses a medias. Por un lado, o presidente da República que algunha vez foi patria da liberdade, da igualdade e da fraternidade, Nicolas Sarkozy. E, por outro, o gran cacique de Libia, Moammar al Gaddafi. O primeiro, francés de segunda xeneración. O segundo, supostamente fillo dun oficial das forzas aéreas francesas.De momento non é máis ca unha lenda que circula dende hai anos pola Alta Córcega. Na aldea montañosa de Vezzani naceu, en 1915, Albert Preziosi, que se alistou nas Forces Aériennes Françaises libres do xeneral De Gaulle en 1940. Sendo xa capitán desas forzas tocoulle servir en Libia e por alí andaba no ano 1941 cando padeceu un accidente no deserto a bordo dun avión Hurricane e foi atendido por un grupo de beduínos da tribu Senoussi. Durante o tempo que estivo con eles mantivo un idilio cunha moza desa tribu co que tivo un fillo, e ese poduto do amor entre un corso e unha libia pode ser o actual dictador Gaddafi. Polo menos isto é o que está corrido na pequena patria do aviador Albert Preziosi, que morreu logo nun combate aéreo que tivo lugar en Rusia no ano 1943, cando formaba parte da prestixiosa escuadrilla Normadie-Niémen. A semellanza física entre Preziosi e Gaddafi parece que é extraordinaria. Gaddafi naceu en Sirte o 19 de xuño de 1942.
O caso é que o suposto pai francés do dictador de Libia acabou sendo un heroe da súa patria. Precisamente unha das bases áreas que agora están sendo utilizadas para bombardear Libia, a de Solenzara, na Alta Córcega, leva o nome do aviador morto en Rusia. Chámase BA 126 Capitaine Preziosi, e trátase dun campo de tiro no que fan exercicios bombardeiros franceses e dos exércitos doutros países da OTAN. Normalmente só estaciona alí un escuadrón de helicópteros. Está situada preto da aldea de Ventiseri.
Hai que ver por onde a guerra de Libia podería ser interpretada con claves freudianas. Sarkozy, que por certo levou unha boa labazada electoral nas eleccións parciais que tiveron lugar en Francia o domingo pasado –case pasou por riba del o Front National de Marine Le Pen, e os socialistas sobrepasárono amplamente–, empeñouse en ser un novo señor da guerra colonial á que nunca está disposto a renunciar o primeiro mundo. E Gaddafi, aprendiz de bruxo, pepetuase no seu papel de gran cacique. Vaia mundo. Se todo isto non é a guerra de Gila, algo aseméllase.
sábado, marzo 19, 2011
A guerra de Sarkozy e Bernard-Henri Lévy contra Gaddafi
Cóntaa Renaud Girard hoxe no xornal francés Le Figaro. É unha guerra ideada entre o filósofo da beautiful parisina, Bernard-Henry Lévy, e o presidente de Francia, Nicolas Sarkozy, ata que conseguiron por en marcha a intervención militar internacional sobre Libia. Se cadra, por iso Angela Merkel se mostrou reticente e non disposta a mandar tropas alemás a combater contra Gaddafi.
Lévy chegou ao Cairo nos derradeiros días de febreiro, cando xa todo o xornalismo de calquera parte do mundo contara e recontara a revolta exipcia. Ía facer unha reportaxe para o xornal Libération, a cuxa cúpula directiva pertenece, pero chegou cando Mubarak xa fora botado do poder. No Cairo recibiu as primeiras novas sobre o que empezaba a pasar en Libia, pero regresou a París, onde pasaron catro días ata que dirixiu os seus pasos á parte oriental de Libia que acababan de liberar os rebeldes que se ergueron contra Gaddafi.
Para trasladarse a Tobrouk dende a fronteira de Exipto, acompañado polo seu “fidel” Gilles Herzog, como non atopou un taxi que o levase, tivo que montar na camioneta dun vendedor ambulante de legumes. Ao chegar a Bengahzi instalouse no hotel Tibesti, sobre a Corniche, onde o ir e vir dos xornalistas lembroulle os días pasados hai tempo no Holiday Inn de Sarajevo. Segundo conta Girard, “sobrepasado polos tenores das grandes televisións angosaxoas, Bernard-Henry Lévy non foi máis ca un terceiro coitelo no medio do gran circo mediático que cubre a insurrección das tribus do este de Libia”.
Porén, o 4 de marzo o “dandy” da filosofía francesa logrou meter a baza que lle permitiu pasar de reporteiro de guerra afeccionado a gran actor da diplomacia mundial. Ese día, pola tarde, a costa de ir e vir pola Corniche, diante do edificio do Tribunal Supremo, convertido en sede improvisada do cuartel xeral do Consello Nacional de Transición (CNT), Lévy conseguiu que o levaran á casa de Moustapha Abdeljalil, antiguo ministro de Xustiza de Gaddafi e agora xefe político da rebelión. Faille unha entrevista exclusiva, e pasa a practicar con el a diplomacia francesa paralela e segreda. Ao xefe da nova Libia e aos seus conselleiros dilles que son o sal da terra e que o mundo enteiro está pendente deles. Bernard-Henri Lévy convídaos a visitar Francia e prométlles que fará todo o posíbel para levalos ao Elíseo.
Para materializar esta promesa bota man do seu teléfono satelital e chama a Sarkozy a París. Chántalle a pregunta directamente: "Estarías disposto a recibir os Massoud libios?". O presidente francés dille inmediatamente que si, e ás dez da mañá do xoves 10 de marzo recibe ao filósofo e a tres emisarios do Consello Nacional de Transición. Sarkozy está acompañado polo conselleiro diplomático Jean-David Lévite e polo conselleiro especial Henri Guaino. Este último, no ano 2007, tratou a Bernard-Henri Lévy de “pequeno payaso pretencioso”.
Sarkozy anuncialles aos emsiarios libios o plan que trazou o día anterior con Lévy: recoñecemento do Consello Nacional de Transición como único reprsentante lexítimo de Libia, envío dun embaixador de Francia a Benghazi, ataques escolliidos contra os aeroportos militares do país, e todo coa bendición da Liga Árabe. Dúas horas despois, cando xa os libios anunciaran a boa noticia aos medios de comunicaciçon do mundo enteiro, o ministro de Asuntos Exteriores de Francia, Alain Juppé, aterriza en Bruxelas. Os xornalistas pregúntanlle polo asunto, pero el fica coa boca aberta porque non sabe absolutamente nada. Sarkozy, cando lle dá a gana, fai así a política exterior.
Paralelamente, Gaddafi vai gañando terreo en Libia. O 15 de marzo, o emisario libio Mahmoud Jebril entrevístase coa secretaria de Estado de Estados Unidos no hotel Westin de París. Non se entenden. O home de Benghazi decátase de que Washington no quere unha intervención militar en Libia.
É cando Bernard-Henri Lévy decide presionar máis aínda sobre Sarkozy declarando pola radio que, se Gaddafi toma Benghazi, a enorme bandeira francesa que ondea sobre a Corniche será literalmente manchada polo sangue dos libios masacrados. A imaxe non é calquera cousa, e as dúas da tarde Sarkozy chama a Bernard-Henri Lévy para dicirlle que tomou unha decisión. O presidente francés envía a Alain Juppé a Nova York e chama el mesmo, un a un, aos presidentes e xefes de goberno dos 15 países membros do Cosello de Seguridade da ONU. Puntualmente, Sarkozy anunciarialle ao seu “ministro bis” Lévy que a resolución foi votada.
As cousas foron, máis ou menos, así. Agora veremos como saen. En Francia goberna un presidente autoritario ao que non lle pareceu nada ben que un fillo de Gaddafi lle chamase pallaso e lle dixese que fose devolvendo os cartos que lle deu o clan do dictador libio para a súa acampaña electoral. Foron avións e militares franceses os primeiros en disparar contra Gaddafi, e algo debe significar isto. En fin, que as guerras, como a vida mesma, ás veces, son así de persoais.
jueves, marzo 17, 2011
A impermanencia do mundo vista dende Xapón
Fálase con razón do bo comportamento que está demostrando a sociedade xaponesa para sobrevivir á catástrofe que lle orixinou o tsunami do 11 de marzo, pero a medida que pasan os días empeza verse que non é ouro todo o que reluce. Philippe Pons, un dos correspondentes do xornal francés Le Monde, nunha crónica que acaba de mandar a París pon de manifesto a precaria situación e o abandono no que están vivindo milleiros de persoas nas proximidades da central nuclear de Fukushima e no norte da illa de Honshu.Por exemplo, ao concello de Minami Soma, próximo á zona de exclusión de 30 quilómetros da central de Fukushima, non chega ningún socorro, nin medicinas, nin gasolina, nin kersoeno, nin nada. O seus habitantes están totalmente illados. Moitos deles buscan como poden familiares e amigos entre os escombros. Outros tentan fuxir a pé, pero non saben onde ir. Ninguén lles di nada. Dende o 16 de marzo, a neve que está caendo dificulta enormemente a sobrevivencia nunha zona que presenta agora mesmo unha paisaxe apocalíptica. As temperaturas baixaron ata catro grados baixo cero.
Máis de 20.000 persoas permanecen illadas, sen socorro, sen alimentos e sen auga. Hai aldeas que non se poden comunicar porque as estradas foron destruídas polo terremoto, e a situación aínda é pior nalgunhas illas moi pequenas. Nalgún caso chegoulles algún socorro por helicóptero catro días despois do tsunami, cando xa non lles quedaba nada que comer. Medio millón de persoas viven acampadas en 2.400 centros de acollida montados polas autoridades locais. Están pasando moito frío pola falta de combustíbeis. “O Estado debe precisar a extensión da zona perigosa, e dicirnos a onde temos que ir”, protestan.
Os transportistas néganse a chegar ás zonas nas que poden caer partículas radioactivas, e a falta de gasolina paraliza os socorros. Os abastos chegan aos centros urbáns, pero logo non poden ser enviados ás aldeas.
En Minami Sanriku, provincia de Miyagi, o alcalde, Jin Sato, non recibiu aínda ningunha indicación do poder central, agás a de pedirlle á poboación que non saia das súas casas. “O Estado construiu estas centrais, e ten que ser agora o que nos axude”, manifesta. Dos 17.000 habitantes que había na súa vila, 10.000 están desaparecidos.
Moitas persoas maiores están ao límite da súa resistencia física. Seis delas xa morreron de frio no hospital de Sen-en. Enfermos diabéticos ou que padecen hipertensión quedáronse sen medicamentos. Moitos lugareños acusan aos habitantes de Tokio de estaren acaparando os produtos médicos e alimentarios. Un deles mandou un correo electrónico ao importante xornal Ashai falando de “egoísmo indecente”.
Tetsuo Yamaori, especailista en relixións, originario da provincia de Iwate, tamén escribiu no Ashai unha comunicación na que, entre outras cousas, di que “non se pode eliminar o sufrimento, pero pódese polo menos estar a carón dos que son vítimas, isto tamén é a impermanencia do mundo”.
miércoles, marzo 16, 2011
Os xaponeses (polo menos a maioría) non merecían o que lles está pasando
Onde están agora os clarividentes defensores do uso da enerxía nuclear? Onde se meteron aqueles herdeiros dos Claudio Boada que nos quixeron montar unha central nuclear en Xove (Lugo) e outra en Ourense? Os mesmos que lles chamaban tolos a Xosé Manuel Beiras e a Francisco Bermejo cando lles afeaban a súa intención de converter Galicia nun asadoiro nuclear. Como por arte de maxia aqueles ignotos catedráticos de Universidade que, de golpe, saíron na televisión intentando calmarnos dicindo que non pasaba nada, de súpeto, despareceron coma quen se esvaece nunha borracheira parado diante dun semáforo (desculpen a doada metáfora municipal compostelá).
Que lles dirán agora todas esas almas mercenarias do pseudo desenvolvemento aos xaponeses condenados a padecer cancros e desgrazas multiseculares? Ou mesmo aos que non somos xaponeses e que podemos tamén resultar afectados pola catástrofe nuclear derivada do 11 de marzo. Non quero ser apocalíptico, pero a humanidade algunha vez halles pasar factura aos que non souberon nin quixeron vivir en concordia coa natureza. As súas trampas, os seus desprezábeis usos da superioridade da especie humana, o seu insaciábel vicio da plusvalía condenou aos pobres xaponeses a reviviren un Hiroshima e un Nagasaki que non mereceron no ano 1945 nin lles cumpría agora. Se Harry Truman foi daquela o seu verdugo, a codicia e a amoralidade do capitalismo internacional, da man da Tokyo Electric Power Company e doutros grupos empresariais semellantes, así como do goberno de Tokio, condenaron aos xaponeses a unha praga de Exipto que non merecían. Dóeme porque son persoa, pero sobre todo porque existen alguns xaponeses aos que lles quero como irmáns. Procuro falar todos os días con eles por teléfono e sei o angustiados que están. Non merecían o que lles está pasando.
martes, marzo 15, 2011
A catástrofe nuclear de Xapón foi prevista en 2007
A catástrofe nuclear que está a padecer Xapón foi prevista hai menos de catro anos polo sismólogo e profesor da Universidade de Kobe Ishibashi Katsuhiko, que nun artigo publicado o 11 de agosto de 2007, no xornal International Herald Tribune/Asahi Shimbun, manifestaba claramente que “se non se toman medidas radicais para reducir a vulnerabilidade das centrais aos terremotos, Xapón poderá vivir unha verdadeira catástrofe nuclear nun futuro próximo”. Por desgraza, só 42 meses despois, cumpriuse o seu dramático pronóstico.Katsuhiko formaba parte do comité de expertos que estabreceu as normas sísmicas das centrais nucleares do Xapón, pero dimitiu para protestar contra o que considerou unha política demasiado permisiva dese comité. En máis dunha ocasión advertiu as autoridades do seu país acerca de que as centrais nucleares xaponesas presentaban unha “vulnerabilidade fundamental” con relación aos sismos. Fixéronlle tanto caso como se cantase un galo no canto do goberno xaponés e por parte da Tokyo Electric Power Company (Tepco), empresa que explota a terceira parte das centrais nucleares xaponesas e dona dos reactores que agora deron problemas.
O sismólogo profeta xa fixo a súa primeira advertencia no 2006, cando se reforzaron as normas antisísmicas do seu país, segundo el insuficientemente. Pouco despois, o 16 de xullo de 2007, un terremoto de magnitude 6,8 provocou danos graves na central de Kashiwazaki-Kariwa, o máis grande centro de producción nuclear de electricidade que hai no mundo, situada na illa de Honshu, pero pouco antes houbera accidentes derivados dos terremotos nas centrais de Shika e noutros sitios.
Polo tanto, non debera ser tanta a sorpresa causada polo que pasa agora. Ishibashi Kastsuhiko xa advertira que “o movemento sísmico na superficie do chan, causado polo terremtoto, era máis importante que o máximo previsto na concepción da central”. No caso do sismo que afectou a central de Kashiwazaki-Kariwa, o pico de aceleración sísmica foi máis do dobre do que se calculou soportábel. “O que pasou en Kashiwara-Kariwa non debería calificarse de inesperado”, dixo daquela Kastsuhiko, que engadiu que “se o epicentro do sismo estivese algo máis próximo do lugar da central e se a magnitude chegase a 7,5 podería producirse un ‘genpatsu-shinsai’, un suceso catastrófico que asociase terremoto e fusión parcial ou completa do núcleo de un ou varios reactores”.
Curiosamente, é o que está pasando agora por non facerlle caso a Ishibashi Kastsuhiko, que no ano 2007 opinou que as centrais nucleares debían ser concebidas para resistir un movemento da superficie do chan dunha velocidade arredor de 1000 gal (unidade de medida da aceleración do chan que corresponde a 1 centímetro por segundo cadrado), mentres que as normas só prevían 450 gal.
Esta e non outra é a razón polas que as centrais nucleares xaponesas resultaron vulnerábeis aos terremotos deste mes de marzo. Foron construídas nun tempo no que se consideraba que a actividade sísmica era relativamente débil, pero a partir do gran terremoto que desbastou a cidade de Kobe en 1995, viuse que a actividade sísmica do arquipélago xaponés foi considerablemente en aumento. Kastuhiko defendía o peche de todas as centrais que non reunían as condicións de seguridade axeitada, pero non lle fixeron caso. Tanto Tepco como as autoridades xaponesas desestimaron escandalosamente as recomendacións deste experto que agora resultou ser un profeta.
Xapón: ratos que saltan do barco
Resulta pouco aleccionador observar coomo se está comportando o capitalismo internacional a respecto do desastre que están a padecer os xaponeses. Nos días seguintes á catátrofe do 11 de marzo, os mercados financeiros comenzaron a saltar do barco como fan os ratos cando hai un afundimento, arrastrando o principal índice local das inversións (Nikkei) a caídas espectaculares aínda a pesar de que o Banco de Xapón xa ixectou, en dous días, 190.000 millóns de euros.Mentres que gobernantes e representantes sociais, económicos e políticos de todos os países se empeñan en promover a axuda internacional a un Xapón que acaba de caer nunha das piores crises da súa historia, o tiburonismo insaciábel do mundo da inversión internacional está demostrando un comportamento absolutamente covarde e insolidario que non fai máis ca poñer, unha vez máis, de manifesto a urxente necesidade de pararlle os pés ao liberalismo económico salvaxe que se desbocou logo da caída estrepitosa do comunismo. Cando eu era mozo diciamos que Milton Friedman e a súa escola de Chicago eran responsábeis de máis mortes que todas as guerras, nunha evidente esaxeración que hoxe empeza a ter outra vez visos dalgunha realidade.
lunes, marzo 14, 2011
O tsunami nuclear xaponés
Cada hora que pasa vaise agravando a crise nuclear provocada polo tsunami xaponés, Xa son polo menos dúas as explosións ocasionadas nos reactores da central de Fukushima e o risco de que se poduzan perigosísimos procesos de fusión xa non os decartan nin os máis optimistas defensores do uso da enerxía nuclear.Non é, por outra parte, nin moito menos, a primeira vez que Xapón padece incidentes nucleares graves nas súas numerosas centrais que estaban en uso en Fukui, Niigata, Fukushima, Monju, Tokai e outros sitios. En 1995, no super xenerador de Monju porduciuse unha importante fuga de sodio que provocou un enorme incendio. Daquela os representantes da Power Reactor and Nuclear Fuel Development Corporation (PNC) tiveron que recoñecer que ocultaron información e fotografías sobre o que aconteceu, e o seu vicedirector, Nishimura Dhigeo, suicidouse á saída dunha roda de prensa. O reactor de Monju volveuse a poñer en funcionamento o ano pasado.
O suceso de Monju tivo algunhas consecuencias políticas, xa que os representantes das provincias de Fukui, Niigata e Fukushima –entre as tres representan o 60 por cento das centrais nucleares do Xapón– pedíronlle aos gobernantes de Tokio que se determinasen as causas e as responsabilidades do acontecido en Monju. En Xapón cada vez se estaba agrandando máis a preocupación polos perigos nucleares e, se en 1970 os procesos de construcción dunha nova central só duraban sete anos, agora tardan dazaseis.
O 30 de setembro de 1999, tamén se produciu un accidente grave na fábrica de enriquecemento de uranio de Tokai, na provincia de Ibaraki, no que morreron dous traballadores e 225 persoas resultaron afectadas pola radiación. Daquela xa houbo que desaloxar os habitantes da aldea de Tokai e foron confinados os 310.000 habitantes da zona comprendida nun radio de dez quilómetros arredor da fábrica.
Máis recentemente, no 2004, na central nuclear de Mihama, houbo unha fuga de vapor radioactivo que matou a cinco persoas e feriu a outras sete. Foi, ata agora, o accidente nuclear máis grave rexistrado no Xapón despois das terríbeis catástrofes de Hiuroshima e Nagasaki.
Aínda máis recentemete, no 2007, un terremoto ocorrido na provincia de Niigata causou graves danos na central nuclear de Kashiwazaki-Kariwa, onde os responsábeis da empresa que explota a central (Tepco) negaron a existencia de fugas radioactivas a pesar de que máis de 1.000 litros de auga radioactiva foron vertidos no mar.
Ademais, a industria nuclear xaponesa tamén tivo porblemas, durante os últimos vinte anos, no complexo nuclear de Rokkashomura, onde unha fábrica de enriquecemento de uranio ocupa unha superficie de varios quiómetros cadrados e na que hai un almacén de residuos de baixa radioactividade, un centro de almacenaxe temporal de residuos de alta racdioactividade e unha fábrica de tratamento de rsiduos radioactivos, que foi construída con tecnoloxía proporcionada pola multinacional francesa Areva. Trátase dunha fábrica que trata todo o ciclo do cumbustíbel nuclear e que é única no mundo, e á que os habitantes da bisbarra alcumaron co nome de Kaku no gomi suteba (vertedoiro nuclear).
Contra este último caso erguéronse moitas voces locais que organizaron numerosas manifestacións levadas a a cabo durante oa anos oitenta coa participación dos pescadores da zona. Porén, nada foi quen de parar as industrias nucleares e as compañías de electricidade que se xuntaron no conglomerado JNFL para facer de Rokkasho un enorme complexo nuclear chantado na provincia de Aomori, unha das máis pobre do Xapón.
Porén, a súa fábrica de retratamento de residuos nunca chegou a entrar en funcionamento. Estudios levados a cabo en 2008 demostraron a existencia dunha fuga de líquido altamente radioactivo nos obradoiros de verificación que impediu a posta en marcha da fábrica. A maiores, o complexo de Rokkashomura témese que tamén puido ser preocupantemente afectado polo shunami que afectou a península de Shimokita.
Máis cedo que tarde, no Xapón tamén terá que reabrirse a polémica do nuclear. Os defensores do uso desta enerxía, ata agora, viñan utlizando o argumento da dependencia enerxética de Xapón, país que ten unha taxa próxima ao 80 por cento no canto da súa dependenza do estranxeiro. As importancións de petróleo representan case a metade da enerxía consumida polos xapones. E o uranio, materia prima da enerxía nuclear que en Xapón se viña rexistrando como a “enerxía doméstica”, ata hai pouco tempo, era moi barato.
Porén, este argumento pode cambiar agora substancialmente. Arredor do 90 por cento do uranio que se utiliza nas centrais nucleares xaponesas ten que ser importado. As reservas mundiais deste elemento está previsto que duren 60 anos. Polo tanto, o su prezo non parou de subir nos últimos dez anos. Ata o punto de que a taxa de dependencia xaponesa en enerxía primaria pasou do 80 ao 98 por cento xa, segundo cáculos do profesor da Universidade de Tokio Yamaji Kenji.
Que vai pasar agora despois de que Xapón afrontara a crise petroleira do ano 1973 pondo en marcha un amplo programa de construcción de centrais nucleares que pretendía acadar por este camiño o 50 por cento da súa electricidade preto do ano 2000, e logo de que investise 58.100 millóns de dólares nesta dirección? En realidade, os propios gobernantes xaponeses xa tiñan parcialmente rectificado este rumo facendo pasar do 30 ao 40 por cento, ata o ano 2030, a producción total de electricidade mediante a construcción de 9 a 12 novos reactores ata o ano 2017.
Agora, con todo o que está dramáticamente a pasar, as cousas poden cambiar aínda moito máis. Xa o dixo Philip White, da orgnización Citizen’s Nuclear Information Center: “Será moi difícil para o goberno dicir, despois disto, que non paou nada. Esta vez non van poder minimizar o impacto do accidente porque é demasiado importante”.
domingo, marzo 13, 2011
Pobre Xapón
Cada hora que pasa as noticias agrávanse. Xa non son un so reactor nin unha soa central nuclear os que resultaron gravemente afectados polo tsunami. Neste momento, domingo 13 pola tarde, hai polo menos tres centrais e seis reactores con problemas. Nun deles, na central de Fukushima I, xa houbo fusión parcial de núcleo coa conseguinte contaminación de partículas de cesio. Noutro reactor da mesma central dase case como invetitábel o mesmo problema e non se sabe aínda o que pode pasar no resto das numersoas centrais nucleares estabrecidas naquela zona do Xapón.
Estamos ás portas dun novo Tchernobyil por moito que se empeñen en taparnos os ollos os mercenarios da enerxía nuclear, catedráticos de Universidade incluídos, que estes días tanto lles gusta saír nos telexornais? Témome que si, por desgraza. O nivel 4 co que por agora califica o desastre o goberno xaponés pode que estea empezando a quedarse curto. Three Miles Island, o accidente ocorrido en Estados Unidos en 1979, acadou o nivel 5. Tchernobyl, 7 (nunha escala que vai de 0 a 7 puntos).
Neste momento hai arredor de 440 reactores nucleares en preto de 30 países, especialmente Estados Unidos, Francia e Xapón. Producen arredor do 15 por cento da enerxía eléctrica que se consume no mundo. A crise do petróleo e outras circunstancias económicas parecían teren relanzado o protagonismo dos que defenden o uso da enerxía nuclear e, a finais do 2009, xa había outras 60 novas centrais nucleares en construcción en varios países.
Recentemente, a finais de febreiro, as autoridades británicas anunciaron que deberían dar luz verde á posibilidade de usar a tecnoloxía EPR para construíren novas centrais. En Alemaña, Anxela Merkel xa decidiu no 2009 alongar a vida das centrais que o seu goberno antecesor previu que se pecharan todo o máis tarde no ano 2020. En España, Zapatero, ese gobernante que agora di digo e logo di Diego, tamén empezou a rosmar sobre o alongamento das centrais nucleares españolas. Porén, en Austria, país no que existe unha alta conciencia sobre o risco nuclear, xa se pediu que se revisen as centrais nucleares mediante tests de resistencia que indiquen se son centros seguros en caso de terremotos.
O debate volve estar aberto e oxalá que desta vez se aprenda todo o que hai que aprender da daramática experiencia que están a vivir os xaponeses, o meu amigo Take incluído. Pobre Xapón, outra vez castigado pola enerxía nuclear.
viernes, marzo 04, 2011
Mondo cane(uropeo)!
Conservadores e socialistas do Parlamento Europeo puxérose de acordo para aumentar con 1.500 euros cada mes a cantidade de 19.709 que xa tiñan asignada para pagaren os asistentes a que teñen dereito os eurodeputados. Contra esta medida votaron os Verdes e a esquerda comunista, que tildaron de “insensatas” e “irresponsábeis” as medidas tomadas.
Seguramente hai que ter pouca vergonza para, de paso que a Unión Europea está recomendando sen parar que se apliquen mecanismos redutores dos gastos públicos, incrementar os custos do Parlamento Europeo nada menos que en 26,4 millóns de euros, xa que o incremento anterior pasará a ser de 3.000 euros ao mes dentro de dous anos.
Nunha economía europea en decadencia, como é a actual, e nun deterioro cada vez máis grande e insiportábel da política social dos distinto gobernos que conforman a Unión Europea, medidas coma esta porbabelmente só merecen o calficativo de ter a cara máis dura que o cemento armado.
Porque canto nos custaba xa pagarlle a un eurodeputado? 7.956,87 euros brutos ao mes, dos que –unha vez deducidos o imposto europeo e a cotización de accidentes– quédanlle limpos a cada eurodeputado 6.200, 72 euros mensuais.
A quen lle viría mal ter un traballo tan ben pagado? E, por riba, eles, que tanto argallan para retrasar as idades de xubilación das persoas que non son tan privilexiadas, pódense xubilar aos 63 anos levantando un 3,5 por cento de remuneración por cada ano que exerzan o cargo sen que podan sobrepasar o 70 por cento.
Pero, ademais dos 19.709 euros mesusais –agora incermentados con outros 1.500 e outros 1.500 máis dentro de dous anos– para gastaren en asistencias, cada eurodeputado dispón doutros 4.299 euros mensuais para gastos xexais. Para asistiren as reunións de comisións ou de grupos e as sesións plenarias que teñen lugar en Estrasburgo ou en Buxelas os contribuíntes pagámoslles todos os gastos de billetes de avión ou de tren ou indemnizámolos con 0,50 euros por cada quilómetro que se desprazan en coche. En fin, que, como diciamos de pequenos, cando sexamos maiores queremos sermos coma eles. Que lle conten esta película aos millóms de parados que hai en España e por toda Europa. E por África e por América. Mondo cane(uropeo)!
lunes, febrero 28, 2011
Suzanne Rotolo, a primeira musa de Bob Dylan
Seguramente o amigo Vicente Araguas xa o sabe: o 24 de febreiro, é dicir, hai catro días, faleceu en Nova York Suzannne Rotolo, a primeira musa de Bob Dylan, a belísima rapaza que introduciu o famoso cantautor nas ideas e na cultura pogresista da cidade dos rañaceos.
Suzanne era filla dunha xornalista italiana que traballaba para a edición americana do xornal comunista L’Unità e coñeceu a Bob Dylan cando este se trasladou do seu Duluth (Minessota) orixinal. Falándolle de Picaso e de Cezanne e léndolle a poesía maldita de Rimbaud, foino introducindo na contracultura de esquerdas de Nova York, de paso que se foron enamorando. Daquel encontro Dylan gardou esta lembranza: “Era (Suzanne) o máis erótico que que tiña visto. Coñecela foi entrar nos contos de de As mil e unha noites. Comenzamos a falar e a miña cabeza empezou a dar voltas”.
Os dous viviron xuntos nun pequeno apartamento da West 4th Street, pero en 1962 Suzanne acompañou a súa nai nunha longa viaxe a Italia, onde fora convidada pola Universidade de Perugia. Bob Dylan ficou daquela “só e desconsolado” e dedicoulle unha canción: Tomorrow is a long time (mañá é demasiado lonxe).
Ao regresar Suzanne de Italia no 1963, os dous posaron xuntos para o fotógrafo da casa de discos do cantautor. Unha desas fotos aparece na carátula do segundo album grabado por Dylan, The freewheelin, e tres anos despois xa se separaron: Bob Dylan caera nos brazos de Joan Baez.
Suzanne Rotolo seguiu sendo unha activista de esquerdas, ata o punto de viaxar a Cuba para defender o réxime de Fidel Castro, e, casada logo cun italiano, viviu sempre no Village de Nova York, onde gañaba a vida facendo ilustracións e exercendo de profesora. Tardou moito en falar da súa relación con Dylan, pero rematou facéndoo para o documental de Martin Scorsese No directions home e no libro de memorias que publicou, A Freewheelin time: A memoir in Greenwich Village in the sixties.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






