Amancio Ortega |
O primeiro –Carlos Slim Helú– e o terceiro –Amancio Ortega- homes máis ricos do mundo fixeron as súas enormes fortunas dende países (México e España) que cada vez son máis pobres e desiguais. O mexicano é dono de 60.500 millóns de euros, e o galego propietario de 38.000 millóns. No medio deles está o fundador de Microsoft, Bill Gates, con 51.100 millóns de euros, o segundo máis rico do mundo; e a Ortega sígueo o tamén norteamericano Warren Buffet, cunha fortuna de 37.150 millóns de euros. Son datos de Bloomberg case coincidentes cos de Forbes. Habería que saber canto paga de impostos cada un destes catro afortunados.
Só co que ten Amancio Ortega poderíanse sufragar as capacidades de gasto da Xunta de Galicia durante catro anos e medio. Co capital de Carlos Slim pagariase a débeda externa de México, e aínda lle quedaría un solto de case 7.000 millóns de dólares e, xuntando os capitais dos catro multimillonarios, que sumarían 186.750 millóns de euros, podíase pagar durante un ano enteiro as pensións de xubilación dos españois e aínda sobrarían máis de 70.000 millóns de euros para gastar en atención sanitaria ou educativa, por exemplo.
Non vale repetir que o mundo está mal feito e pior repartido, pero a evolución que están a levar as cousas só pode deixar sen alarmar aos incompetentes e aos exprotadores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario