A nosa Irmandade non será nunca máis como foi ata agora. Posada –a primeira persoa que falou en galego no Parlamento Europeo– era a súa auténtica alma mater, o grande animador de todas as esperanzas e o inspirador da constante alegría de vivir. Porque, ademais de ser un político galego de pura cepa, un empresario humanista e un expertísimo esculcador da alma galega a través do viño e das castañas, por exemplo, Pepe Posada sempre soubo e quixo ser un amigo dos amigos e un quixote da galeguidade. Imos botalo enormemente en falta.
A María do Carme Henríquez e a toda a súa familia, a máis sentida condolenza. Ciao, Giuseppe Paussatta. Déixasnos moi orfos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario