Agora que Muammar al-Gaddafi está caendo na súa definitiva desgraza, que conleva á morte a milleiros de persoas, quizais é necesario lembrar a connivencia extrema que toda Europa e tamén os Estados Unidos dos últimos tempos viñeron mantendo co réxime do defitinitivamente triste e dramático réxime do coronel –xeneral no escalafón militar– libio.
Cando Gadaffi levou a cabo a súa última –esperemos que tamén sexa a derradeira– xira trunfal europea, no ano 2007, o daquela presidente do Goberno español, Xosé María Aznar, o rei de España e todo tipo de autoridades públicas e dirixentes empresariais españois perderon o cú por perseonárense na famosa “haima”, coa que sempre se facía acompañar o ditador libio cando visitaba países estranxeiros. En Madrid foi instalada nos xardíns do palacio de El Pardo (residencia dos xefes de Estado cando están de visita oficial en España) e, en Sevilla, a súa célebre tenda bereber ocupou sesenta metros cadrados da Hacienda La Boticaria de Alcalá de Guadaira. Polos dous sitios desflaron todo tipo de autoridades e representantes empresariais españois.
Pouco antes, en París, o antroido gadaffiano foi semellante. Neste caso a “haima” instalouse nos xardíns do hotel Marugny, residencia oficial dos invitados de Estado, e por ela desfilaron Sarkozy, presidente da República, e outras autoridades francesas. Segundo parece, Gaddafi facíase acompañar pola súa “haima” nun acto reflexo das súas orixes bereberes (pertenece á tribo dos gaddafa e el mesmo naceu na cidde desértica de Sirte), pero tamén como unha reacción instintiva de facer que pasen polo seu aro todos os que queren negociar algo con el. Nestas visitas, Gaddafi acsotumaba mobilizar, ademais da “haima”, cinco avións, nove autobuses para o persoal, 20 berlinas, un camelo e abondantes ovellas que eran sacrificadas nos propios hoteis nos que se aloxaba.Porén, o caso maís significativo aínda ocorreu na Roma do cavaliere Berlusconi na visita de Gaddafi a Italia, na que o Goberno anfitrión permitiu que se instalase a “haima” ocupando unha superficie pública do parque Doria Pamphilj do famoso Gianicolo. Durante varios días, “para satisfacer os caprichos narcisistas dun ditador”, como acaba de sinalar o xornal La Repubblica nun dos seus editoriais.
Agás nos Estados Unidos, onde Gaddafi non puido chantar a súa tenda no sitio que lle petase, a famosa e simbólica “haima” ocupou terreos públicos e privados como lle deu a gana ao ditador libio. Cando Gaddafi visitou a sede das Nacións Unidas en Nova York tamén quixo levantar a súa tenda, pero non lle deixaron. Mesmo tivo que desmontala logo de que o millonario Donald Trump lle deixara poñela nunha das súas fincas privadas.
En fin, que é de supoñer que a moitos gobernantes uropeos –e non só– estarán empezando a caerlles as caras de vergonza cando ven para que se empregan as armas que lle venderon a Gaddafi e os negocios que tanto se empeñaron en facer con el. Incluídos os galegos. Ou non se lembra ninguén das pasadas relacións da nosa industria conserveira, por exemplo, e doutras actividades co autor do Libro Verde?



















