Xa é hora de empezar a dicir as verdades. Estamos no pior momento de Europa, na pior circunstancia de España e no menos mellor de nós mesmos. Asistirmos ao espectáculo delirante dun goberno de Rajoy que está estudiando a maneira de subir o IVA dos alimentos, dos medicamentos e dos servizos básicos, sen pensar para nada en incrementar os impostos sobre o consumo de luxo, é unha maneira de dicirnos que somos carne de cañón, súbditos condenados a voltármonos pura escravitude, deseperación e autodesprezo.
Se lle engadimos que hai un presidente da patronal bancaria, Miguel Martín, que nos di que deberiamos “estar agradecidos” porque hai unha Europa que nos presta diñeiro “en condicións vantaxosas”, o espectáculo pasa de escandaloso a esperpéntico. Será posíbel que neste país só haxa unha persoa que tivo que ver coa Banca, José Luis Sampedro, capaz de exercer algo de autocrítica sobre o que está a suceder? Por que, entre os nosos santós da economía, non hai case nada que lle pareza ao premio Nobel de Economía Paul Krugman? Será por culpa de Franco que aquí todos son da escola exterminadora de Milton Friedman? Onde están os Beiras e os Castelaos desta coxuntura? De vacacións no Caribe ou simplemente xubilados á espera de que lles baixen as pensións?
Guillermo de la Dehesa, outro que ben baila, avísanos de que podemos correr o risco dun “suicidio colectivo” (a que el non se suicida?). Hai que ter cara dura para virnos agora con estas ladaíñas. Ou empezan a calarse os banqueiros, os especuladores e os ladróns de guante branco e empezan dunha vez a falar de verdade os políticos honestos –de momento François Hollande é un deles– ou haberá que pensar en resucitar a Bastilla, ocuparse outra vez de María Antonieta e volver a cantar os estribillos da Marsellesa.
1 comentario:
Beiras estaba onte en Monforte dando unha conferencia , tan didáctico, lúcido e maravilloso coma sempre.
Publicar un comentario