Vivimos sen vivirmos en nós, pero –iso si– sen lermos a santa Teresa de Ávila. Ou sexa, sen saber como vivimos. De súpeto, escandalizámonos porque un bispo provinciano de Axentinna vaia a unha praia mexicana cunha amiga que el di que é da infancia ou porque unha revista turística norteamericana –Frommer’s– aconsella aos seus lectores homosexuais que non viaxen a Sicilia porque “segue sendo un dos bastións máis importantes da homofobia en Europa”, pero séguenos sendo perfectamente normal que acordemos cada mañá cos titulares dunha economía globalizada que nos está levando á desesperación, á miseria e á ignominia. Moi mal anda o mundo para que outra vez volvamos a dicir que chove cando están a mexar por nós.
A caterva de intelectuais, economistas, capitalistas, políticos e compañeiros de viaxe que están a sinalarnos o camiño da penitencia como única redención posíbel non é máis ca unha estadea de aproveitados que queren reconvertir a historia nun suceso de sometemento, explotación e oprobio que xa empeza a saberse a onde nos pode levar. Ou espertamos do noso sono ou definitivamente remataremos cavando a tomba do futuro da humanidade.
Xa non nos vale pensar que estamos á mercede do que poda suceder. Ou atrapamos coas cosa nosas mans a nasa do porvenir ou xa é case seguro que estamos a piques de convertírmonos en súbditos dun mundo dominado pola especulación, o desconcerto e a desesperación. Momentos coma iste houbo máis na historia, pero ningún foi experimentado con tantas ferramentas para contrarrepostar á dominación e á escravitude. Que pensarían Saco e Vanzetti de viviren nos tempos actuais? Que diria Rosa Luxemburgo? Que aposta faría Espartaco? Ou que facería Xesucristo se se volvese a encontrar cos mercaderes no templo? A resposta está clara. Botalos a latigazos.
Por que, polo tanto, non estamos a responder como case sempre se respondeu? Tha is the the question, xa o dixo Shakespeare. Quen sexa quen de responder a esta pegunta ha ter a chave do futuro. Para Grecia, para España, para Portugal, para Irlanda e para Europa enteira. Mentres tanto, estamos todos a velas vir.
2 comentarios:
A fábrica onde comezou todo foi en EEUU "provocando" o medo coas Torres.
Agora temos medo aos nosos medos, e seguen fabricando o medo xustificando cousas aberrantes e represións, dándolle un cor "democrático". Imos camiño da escravitude en plan moderno. ¿Como é posible que en Greza lles voten aos verdugos?. A resposta é moidoada, o puto medo qe nos están metendo no corpo e a socialdemocracia compinchada co ese neoliberalismo salcaxe. Así nos vai. Unha mágoa.
zapatero abucheado en ávila
Publicar un comentario