Cameron coa súa muller, Samantha, e a súa filla Nancy. |
Segundo revela hoxe o xornal The Sun, Cameron foi almorzar ao pub Plough Inn coa súa muller e tres fillos. Ao remataren, regresaron á residencia oficial de Chequers a bordo de dous coches. Nun deles, a esposa do primeiro ministro, Samantha, co fillo Arthur, de seis anos, e a filla Florence, de 22 meses. No outro coche montaron David Cameron e os seus gardaespaldas. Cando chegaron a Chequers decatáronse de que faltaba Nancy, a filla de oito anos. Como é lóxico, volveron rapidamente ao pub para buscala. Atopárona na toilette do local público que acababan de abandonar.
Os británicos, case tan practicantes da retranca coma os galegos, xa andan preguntándose como pode xestionar a economía do país quen non é capaz de contar ata tres. Se me permitisen a brincadeira, eu preguntaría como vai resolver a crise española un gobernante coma Rajoy, que confunde un rescate cunha liña de crédito. A favor do primeiro ministro de España aínda está o feito de que nunca perdeu a ningún dos seus fillos nunha taberna de Sanxenxo ou nun campo de fútbol, que se saiba polo menos.
1 comentario:
cameron......¿un "homiño" coma rajoy?
Publicar un comentario