Definitivamente a situación política española ten que rebentar, e o máis lóxico é que Mariano Rajoy presente a súa dimisión e convoque eleccións anticipadas, a celebrar o máis rapidamente posíbel. Dende logo, antes de que remate o próximo verán. Nada xustifica xa que que se prolongue a agonía dun goberno de dereitas que non representa máis ca un contubernio de supostos intereses privados e partidarios que non conducen nin a que se resolva a crise social e económica que estamos a padecer nin a favorecer a cada vez máis necesaria e imprescibdíbel concordia dos habitantes do Estado.
É tan grave toda a caixa de Pandora que hoxe abríu o xornal El País que ten que pasar algo inmediatamente. Non podemos seguir sendo este remedo da Sicilia dos piores tempos da mafia, con políticos, gobernantes, empresarios e outros axentes sociais empeñados en que nos connfundan a todos con súbditos dunha república máis bananeira que barataria. Agora si que chegou a hora da verdade.
5 comentarios:
Hai un asento que pon 28/02 Galicia Entradas/DEBE 1.992.200,suponse que de pesetas. Alguén terá que dar explicacións.
¿gritos en la puerta de génova 13 diciendo "este presidente es un delincuente" el día 31 de enero de 2013?
Hai uns días escrebía Flores D´Arcais sobre (palabra de moda con acento lucrativo) o lepenismo de Berlusconi e regalábanos este fragmento que eu considero impagábel e case definitivo da podremia ou putrefacción política á que se chegou. Xogando coa palabra putrefacción e tornando a auga ao noso rego, pódese dicer que o PP en toda a sua extensión é a facción mais putrefacta e poderosa da sociedade que usa e abusa da política en beneficio propio. Leamos e releamos o fragmento de D´Arcais, porque nel está case todo: NADA TEÑEN QUE VER COA DEMOCRACIA, LEPENISMO, AGRESIÓN POPULISTA+RACISMO+CLERICALISMO, ESTÍMULO DOS RECANTOS MAIS INCONFESÁBEIS DA PSIQUE DOS ELEITORES, RIQUEZAS ILIMITADAS, MONOPOLIO DA TELEVISIÓN COMERCIAL, CONCENTRACIÓN DE PODERES…
“Ahora ya está claro para todo el mundo que Berlusconi y su partido nada tienen que ver con la democracia, ni tan siquiera en su acepción de derechas, sino que constituyen, por el contrario, la versión italiana del lepenismo (o del putinismo, si se prefiere): la agresión populista, alimentada incluso de racismo, y si es necesario de clericalismo, contra la constitución republicana. Una mezcla subversiva, que pretende estimular los entresijos más inconfesables de la psique de los electores, y que, en el caso de Berlusconi, se caracteriza por disponer además de riquezas ilimitadas y del monopolio de la televisión comercial, una concentración de poderes que constituye ya de por sí una auténtica amenaza para la democracia liberal (aun en el caso de que B. no tuviera un papel político)” (PAOLO FLORES D´ARCAIS)
Nestas estamos e daquí é difícil sair por moito que algúns pidan un adianto das eleicións. Adianto eleitoral para que, para votar que e a quen? Antes de convocar unhas novas eleicións, penso eu, hai que abrir muitas xanelas para deixar correr o aire e rexenerar o ambiente viciado que nos está abafando a todos. Acabo de escoitarlle a un tertuliano: “O de onte da Cospedal foi unha exibición de cinismo cósmico”. Eu escoitei algunhas das suas palabras (todas non, para non rebentar da toxicidade) e tamén pensei o mesmo. É mais, pensei o que veño pensando desde hai muito tempo, demasiado tempo xa: Que pinta esta señora na política? Pero acaso esta señora é unha política? Non vos parece que se esta señora se dedica á política calquer pode dedicarse á política? Cabe mais mediocridade e cinismo? E mira que me custa tratar a alguén de mediocre, porque para mediocre eu. Logo, cuando a vin nos xornais dixitais, vestida como unha nazarena, con ese rigor mortis de semana santa, con ese aspecto de boneca parlante saída do túnel do tempo (e que me comprendan e perdoen as mulleres que pousen os seus ollos nesta frase), xa me decatei que estaba ante unha “costalera”, como creo que tamén é o Trillo e outros, e que a política na sua boca era un calvario. Como calvario é o noso tendo que aturar a esta xente. Algúns dos titulares dos artigos de opinión de La Voz de hoxe teñen a sua coña, cuando non hai muito a febre polo PP dos seus “opinadores” era case unánime. E supoño que o segue sendo, apesar de LA POLÍTICA DEVORADA POR LA MUGRE, RAJOY TIENE QUE DAR LA CARA (este ten muita coña, porque o bon home e opinador que o asina debeu esquecer que Rajoy xa ten dado a cara en varias ocasión por Bárcenas, pola sua pulcritude contábel), EL PP ESTÁ OBLIGADO A UNA CATARSIS PROFUNDA (si, porque de “anotadores” e “gargantas profundas” xa vemos que está ben servido), ALGUNOS MUEREN MATANDO (xa sabemos que as guerras intestinas dentro da mafia acostuman ser desgarradoras). etc. Non saberemos ben os galegos que é iso do PP, que aí temos o de Baltar ou Baltárcenas para confirmalo. Outro que tamén vai de político. Pois si que se degradou iso da política. Político xa é calquer. E do PP mellor que mellor, onde os donativos son un direito divino e viaxan en sobre. Escrebía Fernando Aramburu o 5/1/2013 no Babelia unha serie de breverías. Unha delas era esta, que xa todos coñecemos e que resume ben onde estamos: EL DINERO GOBIERNA GOBIERNOS. Pois iso.
O comentario anterior veño de escrebelo no do Fermín Bouza. Creo que me quedei corto, para todo o que se pode dicer. Sempre quedamos cortos cuando falamos do PP, polo desprezo descomunal que demostran pola democracia e pola utilización política que fan da sua posición privilexiada para valerse do Estado ou do que queda del en beneficio propio.
soy registrador de la propiedad (mariano rajoy brey dixit)
Publicar un comentario