No equipo presidencial xa nomeado por François Hollande hai dous descendentes directos de españois. Paul-Jean Ortiz, fillo dun refuxiado político, diplomático de longa experiencia, que ata agora dirixía o Departamento de Asia-Oceanía, pasou a ser o conselleiro diplomático do novo presidente. Aquilino Morelle, fillo dun emigrante español e profesor da Universidade de París, foi nomeado conselleiro político de Hollande.
|
Paul.Jean ortiz |
Paul-Jean Ortiz é un dos mellores expertos en asuntos chineses. Fala mandarín correntemente e exerceu cargos diplomáticos en Pekín durante moitos anos, primeiro como terceiro conselleiro da Embaixada francesa, logo como segundo conselleiro e finalmente como ministro-conselleiro. Tamén foi primeiro conselleiro en Hanoi, cargo que desempeñou despois en Madrid do 2005 ao 2009. Dende este último ano dirixiu o Departamento de Asia-Oceanía do Quai d’Orsay.
|
Aquilino Morelle |
Pola súa parte, Aquilino Morelle, fillo dun emigrante español –o seu pai foi obreiro afiador na fábrica de Citroën en Nanterre–, licenciado en Medicina e diplomado pola Ecole Nationale d’Administration, a famosa ENA, foi conselleiro de Lionel Jospin cando este socialista francés foi primeiro ministro. O seu primeiro posto exerceuno na Inspection géneral d’affaires sociales, onde lle tocou abordar o grave tema do sangue contaminado que se recollía nos cárceres franceses. Daquela experiencia tirou o seu libro La Defaite de la Santé.
Durante a última campaña electoral francesa Morelle foi a pluma de François Hollande escribíndolle case todos os seus dircursos, misión que xa cumprira anos antes con Lionel Jospin. Tamén lle tocou, dende a Inspection Xeral de Asuntos Sociais, redactar o informe concernente ao espiñento caso Mediator, un medicamento que causou varias mortes en Francia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario