Un nada simple spot publicitario que está sendo emitido polas televisións arxentinas ofendeu o goberno do Reino Unido e provocou unha reacción internacional digna das mellores escaramuzas. Foi rodado de maneira case clandestina co atleta Fernando Zylberberg, un xogador de hockey, nas illas Malvinas, pola filial en Buenos Aires da poderosa axencia de publicidade Young & Rubicam e difundido pola Presidencia da República Arxentina.
A idea central do anuncio, expresada coa frase de “Para competir en chan inglés entrenamos en chan arxentino”, non só molestou en Londres senón tamén na sede central da axencia publicatria, en Nova York e ata ao propio Comitité Olímpico Internacional, que pediron a súa retirada porque “ofendeu fondamente a moitas persoas do Reino Unido e de todo o mundo”.
Pola contra, o pai da criatura e director da filial arxentina de Young & Rubicam, Martín Mercado, mostrouse orgulloso do produto publicitario creado e emitido dicindo que “a idea xenérica era que un deportista arxentino se vaia entrenar no que para que nós é territorio arxentino. Era só unha mensaxe que dicía que nós consideramos que as Malvinas son o noso chan”.
O controvertido anuncio pódese ver no video de aquí ao lado ou premedo aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario