lunes, mayo 28, 2012

Das Opium des Volkes

“El Dépor en primera y el Celta a un punto”, titula hoxe La Voz de Galicia nalgunha das súas edicións amplamente dedicadas ao fútbol, ata o punto de empregar 20 páxinas para tratar o tema. Non será un pouco esaxerado? Anda que o día que a un galego lle dean o premio Nobel de Física, que fará o xornal coruñés?
Como nos tempos de Franco vivimos nun mundo “enfutboleirado”. Ao ditador valíalle para facer que o pobo non se decatase de que os tiros que disparaban os grises rebotaban nas nubes antes de matar algún obreiro ou estudiante. Quizais agora o balompédico deporte de competición comercial –que case nunca paga a seguridades social dos seus traballadores– tamén sirve para que nos esquenzamos da crise aínda que contribúa de paso a agrandala. En 1844, Karl Marx escribiu unha frase que deu a volta ao mundo: “Sie ist das Opium des Volkes”. Daquela, o fútbol aínda non era opio do pobo.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Sr. Conde, no estoy de acuerdo. El opio es cualquier cosa que nosotros queramos usar como sucedáneo para olvidar el desastre en el que vivimos, llámese futbol, Internet, o telebasura. Tenemos varias opciones en este momento: Dejar que los políticos hagan lo que quieran (pensamos total igual lo harán),pensar que nada tiene remedio y/o protestar indignadamente, pero sin saber cual es el recambio o la solución, lo cual tampoco es muy efectivo. Ver de cuando en cuando futbol o lo que sea, no es el problema, creo. Pero sí lo es la perversión de darle la espalda a todo, hartos y cansados de no ver luz en ningún sitio. Ellos han ganado a fuerza de desilusionarnos, de infundir miedo e inseguridad van haciendo lo que quieren, nosotros nos limitamos a seguir tirando como podemos sin caer en la desesperación más absoluta. Un saludo para usted.

José Manuel dijo...

Quédome co de "enfutboleirado". Entre outros ...leirados máis narcotízannos para entrementras espetarlle 20.000 ¿? millóns de euros a Bankia para capitalizala. É dicir os españoles compramos Bankia por esa mareante cantidade de euros, conscientes ou non de que si non poñemos ese diñeiro Bankia non vale nada. É dicir pagamos por algo que non vale nada para que valga algo para logo vendelo ou regalalo. Meu Deus, non sei si non andarei enfutboleirado. Ou eu non penso con claridade ou realmente esto non está nada claro...