Polo seu interese político e social, reprodúcese aquí –traducida ao galego– a Carte de Déontologie imprantada polo novo goberno francés no primeiro día de funcionamento.
PRESIDENCIA
DA
REPUBLICA
Servizo de Prensa
París, 17 de maio do 2012
CARTA DE DEONTOLOXÍA DOS MEMBROS DO GOBERNO
O bo funcionamento dunha democracia pasa pola existencia dunha relación de confianza entre os cidadáns e os que gobernan. Esta confianza non se confunde coa lexitimidade otorgada, directa ou indirectamente, polo sufraxio universal. Escapa, ademais, das diverxencias políticas. Constrúese día a día á vista da acción de goberno e da imaxe ofrecida polos que son membros del. Un fallo aillado pode abondar, por si só, para danar durabelmente.
Co propósito de axudar á construcción e á preservación deste lazo de confianza pareceunos útil reunir, baixo a forma dunha “carta de deontoloxía”, algúns principios simples que deben guiar o comportamento dos membros do goberno.
1. SOLIDARIEDADE E COLEXIABILIDADE
A expresión dos puntos de vista, a confrontación das ideas con toda a confianza, son necesarias para asegurar a vitalidade dun goberno. A deliberación colexiábel permite buscar as medidas máis xustas e evitar os erros. Cada membro do goberno ten dereito a expresarse no respecto á confidencialidade que afecta ás deliberacións do goberno sobre calquera tema, incluídos os temas alleos ás súas atribucións.
Unha vez que a decisión sexa tomada, en caso necesario coa arbitraxe do xefe do goberno, é o principio de solidariedade o que se aplica. A expresión, directa ou indirecta, de desacordos non pode debilitar o goberno e suscitar o escepticismo dos cidadáns no tocante á credibilidade da acción política.
2. CONCERTACIÓN E TRANSPARENCIA
Os membros do goberno deben estar á ecoita dos cidadáns. Eles manteñen relacións continuadas co conxunto dos partícipes institucionais do seu ministerio, e recollen a súa opinión sobre as principais decisións.
Estas relacións institucionais seguidas deben ir da man cun desenvolvemento da consulta pública utilizando as posibilidades ofrecidas por Internet.
Os proxectos de texto remitidos ao presidente da República e ao primeiro ministro fan aparecer as consultas levadas a cabo, o seu resultado e o modo en que conduciron a enmendar o proxecto.
Máis xeralmente, o goberno tén o deber de transparencia. Respecta escrupulosamente as disposicións garantindo o acceso dos cidadáns aos documentos administrativos. Connduce unha acción determinada para a posta a disposición gratuita e cómoda sobre Internet dun gran número de datos públicos.
3. IMPARCIALIDADE
Os membros do goberno están ao servizo do interese xeral. Non só deben dar proba dunha perfecta imparcialidade senón tamén previr toda sospeita de interese privado. É a razón pola que cumprimentan e asinan unha declaración de intereses cando entran en funcións, declaración que se fai pública, coa excepción das informacións que afectan a terceiros. Ademais, confían a xestión do seu patrimonio mobiliario a un intermediario autorizado sobre a base dun mandato garantizando que non poderán intervir directamente nesta xestión.
Os membros do goberno abstéñense de dar curso a todo convite para unha estancia privada que proceda dun goberno estranxeiro ou de persoas físicas ou morais cuxa actividade estea en relación co seu departamento ministerial. Remiten ao servizo de dominio público, sexa inmediatamente ou á saída das súas funcións, os regalos que teñan un valor superior a 150 euros.
Renuncian a toda participación nun orgaismo, mesmo con fins non lucrativos, cuxa actividade interese ao seu ministerio.
Abstéñense absolutamente de toda intervención que afecte á situación dun membro da súa familia ou dun próximo.
4. DISPOÑIBILIDADE
Os membros do goberno consagran todo o seu tempo ao exercizo das súas funcións ministeriais. A este efecto, deben renunciar aos mandatos executivos locais que podan detentar.
5. INTEGRIDADE E EXEMPRARIDADE
Os medios postos a disposición dos ministros están reservados ao cumprimento da súa misión. Só os gastos directamente relacionados co exercizo das funcións son tomados a cargo polo Estado. Os membros do goberno que dispoñan dun aloxamento de función declaran a prestación en especie correspondente.
Os membros do goberno privilexian o tren para os desprazamentos de duración inferior a tres horas.
Non sendo en casos de restricción particular que xustifiquen unha escolta motoclicista, os seus desprazamentos en automóbil fanse con dsicreción e con respecto as normas do código da circulación.
Asinatura do ministro
2 comentarios:
Igualiño que os do PP.
E cos do PSOE, os do BNG, etc. A ver se aprenden algo todos.
Publicar un comentario