Un lector amábel case me afeaba hai dous días que escribise sobre os privilexios dos políticos cando abandoan os seus cargos –era o caso de Nicolas Sarkozy– e non falase dos aínda máis escandalosos e nada vituosos exemplos dos altos dirixentes da Banca e do mundo empresarial. Estaba asistido pola razón, sen dúbida, e por iso vou apuntar aquí algúns datos e comentarios sobre a cuestión.
Rodrigo Rato, por exemplo. O ano pasado, por unha xestión que levou a Bankia a ter que ser intervida polo Estado, cobrou 2,34 millóns de euros. Case 200.000 euros cada mes. Ou sexa, o equivalente a 3.648,26 salarios mínimos interprofesionais mensuais. Un traballador que só cobre este salario, que son moitos, tería que currar 298 anos para xuntar tantos cartos coma os que cobrou Rato no 2011. E agora, que case o botan por incompetente, tén dereito a unha indemnización de 1,2 millóns de euros (156 anos de curro para un traballador con salario mínimo).
Como nas monarquías, quen marcou o que tiña que sucedelo na presidencia de Bankia foi o propio Rodrigo Rato, que sinalou como sucesor a José Ignacio Goirigolzarri, todo un lince en comelo todo (escoitar a Zeca Afonso). Durante tres décadas foi alto dirixente do BBVA, ata que no 2009 se retirou sendo conselleiro delegado. Daquela só tiña 55 anos e apañou unha indemnización de 68,7 millóns de euros, que agora non terá que devolver e que seguirá cobrando aínda que fose nomeado, con gañancias millonarias en euros, para presidir a Bankia nacionalizada por Rajoy. Os cartos que meteu na faltriqueira ao xubilarse no BBVA, 68,7 millóns de euros, equivalen a algo máis de 8.925 anos de traballo para un currante que só cobre o salario mínimo interprofesional. Eles comen tudo, eles comen tudo. Eles comen tudo e non deixan nada. Claro que si.
2 comentarios:
Grazas. O meu sentimento, dende que comezou a crise (e xa moito antes) é que os medios de comunicación e os grandes grupos empresariais (en moitos casos, son o mesmo) utilizan aos "políticos" e mesmo a Urdangarín para tapar aos verdadeiros culpables da desfeita. Quen dixo algo de Miguel Angel Fernández Ordóñez? Pero claro, a culpa era de ZP e o 95% da poboación nin sabía quen era ese señor que se adicou a pontificar sobre a reforma laboral e mentres, alimentou a burbulla financeira e o desastre. E segue aí!
Mentres a cidadanía, e o 15-M, non se decate que a quen hai que botar é a cúpula financeira e esixir bancos públicos, nada cambiará.
paul george shoes
golden goose
yeezys
jordan shoes
kobe 11
off-white
supreme clothing
hermes outlet
kd 12
off white hoodie outlet
Publicar un comentario