Gina Rinehart, á equerda. |
Por cada hora da súa vida mete no peto 1,5 millóns de euros. É a primeira fortuna de Australia (22.600 millóns de euros) e a muller máis rica do mundo. Trátase de Gina Rinehart, herdeira dende 1992 do imperio mineiro Hancock Prospecting, especializado en extracción e tratamento de mineral de ferro. A publicación Business Review Weekly encabeza co seu nome a lista dos 200 australianos máis ricos.
Só non transcurso dun ano, a súa fortuna incrementouse un 65 por cento debido a inversións levadas a cabo en novos proxectos e ao aumento da producción e a recuperación dos mercados do ferro durante os últimos seis meses. No pasado mes de xaneiro, Gina Rinehart dobrou a súa fortuna, de 7.700 a 15.400 millóns de euros, vendéndolle a grupos xaponeses e coreanos unha participación do 30 por cento nunha das súas concesións mineiras da rexión de Pilbara, no oeste de Australia. Esta operación, valorada en 2.300 millóns de euros, permitiulle investir no desenvolmento doutro proxecto que viu aumentado o seu valor exponencialmente. O grupo Hancock Prospecting tamén é propietario de dúas minas de carbón no estado australiano de Queensland. No 2011, o grupo mineiro de Rinehart tamén se convertiu en accionista maioritario de Fairfax Media, o principal competidor do magnate da comunicación Rupert Murdoch, despois de entrar no capital de Ten Network.
Gina Rinehart, aos 58 anos de idade, destronou á que ata agora era a muller máis rica do mundo, Christy Walton, herdeira do imperio norteamericano de distribución Wal-Mart, dona dunha fortuna de 20.000 euros. A australiana, polo demais, pode chegar a ser moito máis rica porque tén no seu poder varias concesións mineiras que aínda non foron explotadas.
Con todo, Gina Rinehart aínda non é tan rica como o amigo mexicano de Felipe González, Carlos Slim, o máis rico do mundo, dono de 74 millóns de dólares, segundo a última clasificación da revista Forbes, que só nun ano incrementou a súa riqueza en 20.000 millóns de dólares. Nin como o galego Amancio Ortega, amo de 31.000 millóns de dólares.
A crise económica que está fundindo na pobreza a millóns de habitantes do planeta non afecta aos todopoderosos. No 2011, había 1.210 supermillonarios, 214 máis dos que había no 2010. No seu conxunto, ostentan 4.500 billóns de dólares, máis ca o PIB de Alemania.
Deste total de superricachóns, 413 están nos Estados Unidos. En Europa hai 248, e na Rexión Asia-Pacífico, 332. Esta última parte do mundo é onde están aparecendo máis novos supermillonarios, 100 nun só ano.
Para que digan que non hai riqueza no mundo.
1 comentario:
Escandalosa riqueza y, aún más escandalosa pobreza!!!
Publicar un comentario