martes, mayo 22, 2012

José Luis Gutiérrez


Con José Luis Gutiérrez uníame unha agora lonxana pero vella amizade que databa dos anos heroicos. Coincidimos, entre outros lugares, nalgunha das reunións preparatorias que precederon o nacemento do Diario 16, xornal que el acabou dirixindo na súa etapa final, pero –sobre todo– na interesantísima primeira etapa de Cambio 16. O xornalista que acaba de falecer en Madrid era un fóra de serie.
Algo me di que, nun pais máis normal ca o que agora temos, o pasamento de Gutiérrez tería que estar sendo tratado con agarimo máis polos medios de comunicación da esquerda que da dereita e, porén, sucede todo o contrario. Só o xonal El Mundo lle adica hoxe varias páxinas. É certo que o falecido arrimou a última parte da súa vida –sempre marcada polo anarquismo– máis á beira dereita ca zurda, pero –aínda así– merece os loureiros da casca amarga aínda que só fose pola súa importantísima contribución a que exista unha revista como é Leer, por exemplo.
Coma José Luís Prieto, Raúl del Pozo e algún máis, José Luis Gutiérrez era ese vello rockeiro que nunca baixaba a garda. Un xornalista de corazón e de cerebro. Un auténtico. Xa van quedando poucos.

3 comentarios:

Ian dijo...

O teu xuízo non é moi exacto sobre o trato da prensa máis progresista. Hoxe en El País hai unha peza de Miguel Ángel Aguilar: http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/05/21/actualidad/1337629765_132645.html
e onte tiraron outra de Ricardo de Querol:
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/05/21/actualidad/1337606451_239113.html
Quizais merecese moito máis pero tampouco é que o ninguneasen.

Perfecto Conde dijo...

Ian:
Vale, tes bastante razón. Eefectivamente, debín facer referencia aos artigos de El País que citas, que me pasaron por alto coas presas de redactar a nota.
De calquera xeito, relidos novamente eses artigos de El Páís, paréceme que polo menos en parte versionan o José Luis Gutiérrez que lles convén dende as súas perspetivas, dereito que non lles discuto en absoluto. Por exemplo, cando citan a relación que mantivo con Juan Luis Cebrián sen aludir para nada a como rematou esa relación.

Anónimo dijo...

Non sabía, meu querido amigo Don Perfecto, que erades amigos...!!!
Lamentei moito a súa morte. Eu non o coñecía, pero tiñamos varias amigos comúns, que en todos os casos creo que tamén os son teus, dos tempos de Madrid.
A súa revista, "Leer", sempre me tratou cun extraordinaria xenerosidad. Nunca lle dei as gracias. Lamentareino sempre.
Almiral Mouchez