Con José Luis Gutiérrez uníame unha agora lonxana pero vella amizade que databa dos anos heroicos. Coincidimos, entre outros lugares, nalgunha das reunións preparatorias que precederon o nacemento do Diario 16, xornal que el acabou dirixindo na súa etapa final, pero –sobre todo– na interesantísima primeira etapa de Cambio 16. O xornalista que acaba de falecer en Madrid era un fóra de serie.
Algo me di que, nun pais máis normal ca o que agora temos, o pasamento de Gutiérrez tería que estar sendo tratado con agarimo máis polos medios de comunicación da esquerda que da dereita e, porén, sucede todo o contrario. Só o xonal El Mundo lle adica hoxe varias páxinas. É certo que o falecido arrimou a última parte da súa vida –sempre marcada polo anarquismo– máis á beira dereita ca zurda, pero –aínda así– merece os loureiros da casca amarga aínda que só fose pola súa importantísima contribución a que exista unha revista como é Leer, por exemplo.
Coma José Luís Prieto, Raúl del Pozo e algún máis, José Luis Gutiérrez era ese vello rockeiro que nunca baixaba a garda. Un xornalista de corazón e de cerebro. Un auténtico. Xa van quedando poucos.
3 comentarios:
O teu xuízo non é moi exacto sobre o trato da prensa máis progresista. Hoxe en El País hai unha peza de Miguel Ángel Aguilar: http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/05/21/actualidad/1337629765_132645.html
e onte tiraron outra de Ricardo de Querol:
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/05/21/actualidad/1337606451_239113.html
Quizais merecese moito máis pero tampouco é que o ninguneasen.
Ian:
Vale, tes bastante razón. Eefectivamente, debín facer referencia aos artigos de El País que citas, que me pasaron por alto coas presas de redactar a nota.
De calquera xeito, relidos novamente eses artigos de El Páís, paréceme que polo menos en parte versionan o José Luis Gutiérrez que lles convén dende as súas perspetivas, dereito que non lles discuto en absoluto. Por exemplo, cando citan a relación que mantivo con Juan Luis Cebrián sen aludir para nada a como rematou esa relación.
Non sabía, meu querido amigo Don Perfecto, que erades amigos...!!!
Lamentei moito a súa morte. Eu non o coñecía, pero tiñamos varias amigos comúns, que en todos os casos creo que tamén os son teus, dos tempos de Madrid.
A súa revista, "Leer", sempre me tratou cun extraordinaria xenerosidad. Nunca lle dei as gracias. Lamentareino sempre.
Almiral Mouchez
Publicar un comentario