miércoles, septiembre 26, 2012

Feijóo incumpre a Lei


Leo en La Región que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xa cometeu catro infraccions electorais dende que convocou a campaña o 27 de agosto. Non deixa de ser todo un récord e todo un mal exemplo precisamente no momento en que a opinión pública galega está sacudida polos efectos dunha célebre operación xudicial posta en marcha dende Lugo.
A Xunta Electoral de Galicia xa o avisou de que, se sigue reiterando estas condutas, inciarase contra el un “procedemento sancionador”. A infracción máis sonada cometida por Feijóo está representada pola súa asistencia á firma do contrato coa petroleira mexicana Pemex. A correspondente lexislación ao respecto (Lei Orgánica 5/1985 de 19 de Xuño, do Réxime Electoral Xeral) sinala que non se poden levar a cabo actos para ensalzar os logros dos gobernos dende que se convocan ata que teñen lugar as eleccións.
O presidente da Xunta, polo visto, non considera importante repectar a lexislación vixente, pois non é a primeira vez que a Xunta Electoral lle ten que parar os pés nesta materia. Tamén lle mandou aparcar a campaña publicitaria “Paisaxe galega, unha tarefa de todos”, e a Consellería de Traballo e Benestar, dirixida por Beatriz Mato, tamén tivo que parar a campaña denominada “Decálogo de dereitos das persoas maiores”.
Está ben que se persigan as infraccións cometidas polos gobernantes e políticos. Pero todas, absotulatemente todas e do mesmo xeito. Que haxa captura de monstros de peto (Pokemon) para todos por igual.

5 comentarios:

Carqueixa dijo...

Don Perfeuto, "La Región" en Ourense só se move por unha cousa, que é a deusa dos Outeiriño, o diñeiro. Como Feijóo dálle os cartos a outros xornais e non a eles, pois, veña, caña, caña, caña. Se vostede o le, daráse conta que só fala mal de Feijóo, mais non dos Baltares ou do Paquiño, o alcalde, porque estes si lle soltan. Non é cuestión de ética na información, é só cuestión mercantilista.
Cumprimentos

Dilaida dijo...

A Feijóo dálle o mesmo o que opine a Xunta electoral, o que lle interesa é seguir no posto e eu penso que está disposto a facer o sexa con tal de conseguilo.

Anónimo dijo...

Antes ca nada: debería estar expresamente prohibido adiantar as eleccións segundo lles conveña aos políticos de quenda, e menos medio ano, como se fai nesta ocasión; por outra banda, hoxe entra na cadea unha persoa porque se negou a participar nunha mesa eléctoral, ao tal "delincuente" acúsaselle de "delito electoral" ou algo así. Os políticos fan o que queren e abusan sen taxa nin control sen sequera se mancharen para impoñer os seus inxustos mandados, pois para iso teñen e organizan o que eles hipocritamente chaman "policías modernas e ben preparadas".

Anónimo dijo...

¿Pretende emular a Mario Soares que pidió el voto en la jornada de reflexión?

Anónimo dijo...

josé manuel castelao bragaña (PP)