Francisco Rodriguez, alcalde de Ourense. |
E resulta que, en todo este tempo, non xulgou interesante mandar prender o alcalde de Ourense nin a ningún dos que agora o acompañan nos calabozos? Fóronlle presentadas á xuíza de repente novas probas? Foi quen Pilar de Lara de interpretar de súpeto e de maneira inquietante ou definitiva os indicios que lle constaban na súa investigación? Por que puxo a andar unha acción xudicial tan espectacular só un mes antes de que os galegos teñamos que pasar polas urnas? Non podía agardar trinta días máis dos que agardou ata agora sen que o exercizo da Xustiza perdese a súa independenza?
Tamén habería que saber por que o alcalde de Ourense foi levado, en réxime de aillamento, á Comisaría de Pontevedra e non á de Ourense ou á de Lugo. De momento, toda esta parafernalia policial e xudicial para o que está servindo é para que os medios de comunicación –conservadores na súa inmensa maioría– lle macen no lombo sobre todo aos non son de dereitas. Aí está o exemplo de La Voz de Galicia de hoxe, que abre a súa primeira cun titular a catro columnas e tipografía de excepción proclamando: “El alcalde de Ourense, detenido como implicado en una red de corrupción”. Non era preciso que o xornal coruñés engadise que o tal alcalde é socialista. Só en letras máis pequenas engade que “también han sido apresados el alcalde de Boqueixón, un concejal de Lugo y otras nueve personas”.
Dende logo, ou a xuíz luguesa ten no seu poder probas ou indicios suficientes para desencadear unha operación tan contundente –e isto aínda ha tardar en saberse– ou o seu comportamento é de auténtico perigo para a democracia e para os dereitos individuais das persoas. A administración da Xustiza ten moito de teatro –en realidade, toda a vida pública é un auténtico teatro social–, pero sería desexábel que nunca pedalase demasiado nos límites da traxedia. Nin da farsa, porque aquí herois non hai, como me acaba de apuntar un lector.
6 comentarios:
Moi bo artigo, señor Conde. Pero eu diría mellor "nos límites da farsa", porque creo que aquí heroes non hai.
Estou de acordo con vostede, isto é todo teatro e a min o que me cabrea é que nos tomen por pailáns.
Se a xuíza ten motivos para levar isto a cabo, que non quero dubidalo, podía facelo hai dous meses ou dentro dun mes, digo eu, non si?.
Se pensamos que nestes intres temos democracia, imos de puto cu.
Lendo o outro día a unha corresponsal alemana en Madrid: Stefanie Claudia Müller e para cagarse pola pata abaixo. Fala de nepotismo e corrupción dos partidos en convivencia co poder xudicial. Entre moitas cousas comenta: En España non existe separación de poderes, nin independencia do poder xudicial. Ou sexa, imos camiño dunha puta merda de país. O artigo é moi bo, parabens Perfeuto.
Coido que esa xuíza o seu marido ou é un cargo no PP o algo parecido.
¿por qué non se comenta nada de que a xuíza pilar lara é a muller de roberto menéndez mato, membro do comité executivo do pp de lugo?
Logo si, algo fedía mal. Todo ten a súa lóxica. Enmerdamos ao da oposición e sacamos de diante a un alcalde que non gusta no PP.
E por qué non agardarmos acontecementos? Se unha xuíz está casado cun home que ten unha ideoloxía, non pode actúar contra outro que ten outra ideoloxía?
Deixemos pasar o tempo, non hai mellor testemuña, dará ou quitará razóns, a xuíz ou ao alcalde.
Se sae absolto ou arquivan o caso, gaña o Alcalde; se o procesan e o condenan, gaña a xuíz. Non poñamos os carros diante dos bois.
Publicar un comentario