Nos último anos o xornal español quizais se enredou demasiado en negocios emprendidos co arxentino que lle decrarou a guerra aos Kirchner, antes a Nelson Kirchner e agora á súa viúva. O bonarense Clarín, sen dúbida un gran xornal que non soubo eludir a tentación de converterse en parapeto dos intereses persoais extraperiodísticos dos seus propietarios, en concreto da familia Noble, e dirixíu toda a súa artillería mediática –televisión incluída– contra a política dos Kirchner, unha das máis pogresistas e eficaces das que se están levando a cabo en toda Latinoamérica.
Página 12 |
Non se entende, por exemplo, como a soberbia europea estea facultando unha indudábel incomprensión do actual fenómeno latinoaméricano, inmensamente menos afectado pola crise que todo o continente europeo –ata o punto de que volve a haber emigración trasalántica dende os nosos países– no momento en que España, Grecia, Portugal, Irlanda e Italia están volvendo a ser como eran hai oitenta anos, Estados arruinados e desamparados como eran antes os países latinoamericanos que agora medran e combaten a desigualdade.
A explicación se cadra hai que buscala en que Europa foi –durante a xeración de Sartre, Camus ou Tierno Galván, que na política tamén era en certo modo a de Olof Palme, Gerhard Schröder, Oskar Lafontaine ou Felipe González– a parte do mundo na que se cocían as grandes ideas de progreso, de liberdade, de igualdade e de fraternidade. A desgrazada e estripotosa caída do comunismo conlevou tamén a desaparición de calquera expresión practica de socialismo real, e deixounos a todos a mercede do capitalismo obsoleto e retardatario que hoxe campea facendo o inmenso desastre que estamos empezando a padecer.
Por iso a min me gusta poñer cada vez máis a vista no que está sucendendo en Latinoamérica, continente no que ata falan de modo diferente os políticos. Non hai máis ca escoitar a Cristina Fernández no video que hoxe difunde Francisco Peregil. Non saben El País nin o seu corresponsal en Buenos Aires canto lles agradezo a súa teima de querer ridiculizar a presidenta arxentina. Váleme para decatarme de que hai outros mundos máis esperanzadores ca actual carcamancia europea, na que tanto empezou a militar de súpeto o ministro de Xustiza español Alberto Ruíz Gallardón e na que leva toda a vida o presidente Rajoy.
3 comentarios:
Gallardón, Gallardón... Hai a quen aínda se lle ocorre dicer: "Gallardón saiunos ra". Quieto aí, amiguiño, "saiuche ra", quererás dicer. Non nos metas aos que sempre desconfiamos desa xente. Gallardón é un membro mais desa direita direita que mamou das ubres do franquismo e que chegado o caso afirma a sua posición castrense e esgrime o verbo ameazante dos seus ancestros. Salvadas todas as distancias que se queiran, é como o noso Xosé Luís Barreiro, que hai uns anos (e supoño que aínda hoxe, que eu hai moito que o deixei de ler, se é que algunha vez o cheguei a ler) era pouco menos que o artiguista mais lúcido e a voz mais crítica do panorama político galego. Opinión que mesmo sostiñan membros do Bloque e outras militancias da banda de Lestrove. O Barreiro é un dos nosos, o Barreiro está da nosa parte, o Barreiro é dos poucos que aínda se poden ler. Ao que pode chegar a desesperación política: a ver espellismos nacionalistas onde só hai "constitucionalismo y galleguismo bien pero que bien entendidos". A min bastoume vé-lo a outra noite nun deses debates na tele de La Voz (cousa que me advertiron que existía, que eu non sabía), que leva unha tal Fernanda Tabarés ou algo así. Como se puxo o noso home de Forcarei, con que furia embestiu a un dos tertulianos que non acababa de estar inteiramente de acordo cos postulados do xornalista petrucial. Case que o come. Que demostración de energumenismo "intelectual". E todo por defender ao PP, claro. Leo na contraportada de A TERRA QUERE POBO: "Xosé Luís Barreiro Rivas é un referente obrigado no discurso intelectual e político da Galicia do noso tempo." Pois para min, non, que queren que lles diga. A terra quere pobo e eu non quero a Barreiro Rivas. Así de fácil. E que quede claro que nen o coñezo, nen me fixo mal, nen teño nada de nada con el. Simplemente que os Gallardón e os Barreiro chéiranme a quilómetros e xa poden disfrazarse de "progresistas" e "nacionalistas", que non trago co disfraz. Levan o "estigma" do PP gravado a ferro e están dispostos a "desabortar" calquer intento de libre decisión ou pensamento discrepante. Isto do Barreiro pode que a vostede, don Perfeuto (chámolle así por aquel Almiral Mouchez, que en tempos viña por aquí e que desapareceu sen deixar rastro), non lle chiste. Non sei, digo eu. O caso é opinar.
Confeso que escoitar o discurso da presidenta arxentina fíxome caer bágoas de emoción. Que gran diferencia cos mamotretos escritos que nos endilgan os políticos por Europa adiante. Cristina Fernández fala dende o corazón. Eles coa lección aprendida nun manual de neoconservadurismo. Así nos vai a nós.
Copiar e pegar
Discurso de Cebrián o 04-05-1976
Desde las fechas ya lejanas en que a un grupo de periodistas e intelectuales españoles se les ocurriera la idea de fundar EL PAIS, éste se ha soñado siempre a sí mismo como un periódico independiente, capaz de rechazar las presiones que el poder político y el del dinero ejercen de continuo sobre el mundo de la información. Nuestro país no tiene tradición reciente en el uso de ningún tipo de libertades, y nuestra experiencia al respecto, en el terreno de la Prensa, es absolutamente pobre. Los diarios y los periodistas españoles hemos vivido -incluso los que somos todavía jóvenes- años de una censura y un dirigismo tan férreos que sus frutos merecerían los honores de un museo celtibérico de muchas plantas si no fuera porque han constituido un daño irreparable para la cultura, el pensamiento y la política de nuestra nación. La realidad es que hasta 1966 la Prensa española no consistió sino en un aparato de propaganda del régimen y sus beneficiarios, en una actitud de desprecio total hacia el lector y sus derechos. A partir de la publicación de la actual Ley de Prensa e Imprenta los diarios pudieron soltar, tímidamente primero, más cómodos después, algunas de las amarras que les ataron durante tanto tiempo. Pero se han mantenido hábitos y vicios difíciles de borrar. La veneración al poder que el franquismo enquistó entre nosotros es todo lo contrario de lo que una Prensa libre necesita si quiere convertirse en un instrumento de participación y diálogo al servicio de los ciudadanos.Durante cuarenta años los lectores españoles han sido convenientemente amaestrados para la llamada crítica constructiva, adjetivo éste inventado por la clase dirigente a fin de evitar toda crítica a secas que perjudique o ponga en peligro sus intereses. El poder político nos está inundando desde hace algún tiempo con argumentaciones y promesas sobre la reforma democrática, pero se olvida con frecuencia que esta reforma es imposible si los mismos detentadores del poder no están sinceramente dispuestos a dejarlo.
Este Cebrian estaba de coña. Hoxe El País é un xornal máis dos tipo "mandilóns" ao servicio da patriota REPSOL co súa evasión de capital. Cuns correspondentes en Paises americanos (onde están a facer unha transformación política fora dese organismo terrorista chamado FMI). Estes servidores non deixan de ser uns lacaios que tragan ata sapos podres.
Como xornal progresista, foi algún día, hoxe é un panfleto mercenario.
Eu fun subscritor moito tempo, os mandei ao carallo rapidiño.
Hoxe temos un apagón informativo (entre eles El País) imposto polas gaivotas carroñeiras, que teño que enterarme das novas de España nos xornais de Francia, Italia e Reino Unido, como naquela "...longa noite de pedra..." oindo Radio Pirinaica.
Publicar un comentario